Iniciar sesión: Acceso

Benvidos

Benvidos á páxina web do CEIP Ría do Burgo

XORNADAS DE ACOLLIDA NO IES EDUARDO BLANCO AMOR. O luns, 15 de maio, ás 18:15 horas, terá lugar na Sala de Usos Múltiples do IES Eduardo Blanco Amor a Xornada de acollida para as familias dos nenos de 6º de Educación Primaria, que teñen previsto cursar 1º de ESO nese centro o vindeiro curso.

Nesta Xornada trataranse temas relacionados co proceso de matriculación, con aspectos lexislativos da nova etapa, e outras cuestións que os pais e nais queirades aclarar.

Tamén, durante os meses de maio e xuño, os vosos fillos e fillas serán recibidos no instituto nunha xornada especialmente adicada a eles, onde visitarán as dependencias do centro, e compartirán tempo libre de recreo cos seus amigos e familiares que actualmente xa están estudando no centro.

AVALIACIÓN DIAGNÓSTICA. A Consellería de Educación ven de comunicarnos as datas para a realización das probas da avaliación diagnóstica.
  • En 3º de Educación Primaria será os días 30 e 31 de maio.
  • En 6º de Educación Primaria será os días 23 e 24 de maio.
ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2017-18. Facendo clic AQUÍ pode consultarse a listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso 2017-18. Ábrese un proceso de reclamación de cinco días naturais (ata o día 26 de abril inclusive). A publicación da listaxe definitiva será o día 5 de maio.
RENOVACIÓN COMEDOR ESCOLAR. A Disposición adicional segunda da Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes (DOG de 15-03-2013 e corrección de erros de 24-03-2013) establece que o alumnado con garantía de permanencia no centro docente que non teña que formalizar matrícula, deberá manifestar á dirección do centro expresamente mediante escrito ao longo do mes de abril de cada ano, que solicita utilizar o servizo complementario de comedor. Por tanto, todos os nenos e nenas que xa son alumnos/as do centro, durante o mes de abril, deben traer asinado o formulario de renovación ou de alta como novo usuario para o comedor do curso 2017-18. Facendo clic AQUÍ pode verse e/ou descargarse o impreso para traelo asinado. O impreso tamén pode solicitarse en Conserxería.
COMEDOR ESCOLAR. Facendo clic AQUÍ poden verse e/ou consultarse os menús do comedor escolar do colexio correspondentes ao mes de Abril de 2017.


DÍA MUS-E COAS FAMILIAS. O venres, 10 de marzo, celebramos o Día MUS-E coas familias dos nenos e nenas que este ano participan no proxecto sobre a tolerancia (5º e 6º de Educación Infantil). O Proxecto MUS-E xorde da colaboración do centro coa ANPA e a Fundación Yehudi Menuhin. Os pais e nais fostes invitados a participar cos vosos fillos e fillas nunha clase dese proxecto, baseado en actividades de danza, expresión corporal, teatro, ... No apartado GALERÍA podedes ver unha escolma da xornada. Grazas pola participación e esperamos que disfrutásedes da actividade.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2017/18. Toda a información sobre o proceso de admisión pode verse e/ou descargarse facendo clic AQUÍ. O resultado do sorteo da letra dos apelidos elixida para casos de desempate pode verse facendo clic AQUÍ. O horario de Secretaría e atención ao público é de 9:00 a 13:30 horas.

APLICACIÓN TOKAPP SCHOOL. Se algún pai ou nai ten problemas para instalar a aplicación ou non reciben as mensaxes poden pasarse por Secretaría, ou ben chamar ao servizo técnico (986114969).

 

 

 

Distribuir contido