Calendario 2019

MES DE DECEMBRO: COMUNIDADE EDUCATIVA E VALORES/ DECEMBER: EDUCATIVE COMMUNITY AND VALUES

O noso centro avoga por unha educación en valores. Queremos promocionar a igualdade e solidaridade, por esta razón non so no día a día senón tamén nas celebracións tratamos de fomentar actividades conxuntas nos que os rapaces e rapazas maiores axuden aos máis novos.

MES DE NOVEMBRO: PITEAS E TRABALLO COOPERATIVO/ NOVEMBER: PITEAS AND COOPERATIVE WORK

Este e o noso terceiro curso con traballo cooperativo, a maioría dos profesores recibiu e recibe formación sobre como traballar con ditas técnicas e xa recibimos no noso centro a mestres de outras nacionalidades que veñen a aprender de nós.

MES DE OUTUBRO: MÚSICA E TRADICIÓNS POPULARES/ OCTOBER: MUSIC AND POPULAR TRADITIONS

Este ano o equipo de Dinamización Lingüística e o mestre de música colaboramos nun proxecto conxunto: os nenos e nenas de 6º EP escollerían que música escoitar nas entradas e saídas das clases.  En pequenos grupos escolleron a súa música favorita e fixeron un traballo en galego sobre cantantes e bandas nacionais e internacionais.

MES DE SETEMBRO: PEGADAS-CAMIÑOS SEGUROS/SEPTEMBER: FOOTPRINTS-SAFE ROUTES

O noso centro e 3 máis de Narón contan con Camiños Escolares Seguros. Os arredores do noso colexio están sinalizados, os coches non poden aparcar na porta do centro e contamos cun aparcadoiro onde as familias poden deixar o coche e vir andando.

MES DE AGOSTO: BILINGUAL AND PLURILINGUAL SECTIONS

Hai 7 anos comezamos a nosa andaina coas Seccións Bilingües no noso centro. No curso 2012/13 só 1º EP tiña a materia de Plástica en Inglés; hoxe en día toda a etapa de primaria ten dita materia en Inglés.

MES DE XULLO: A NOSA CONTORNA / JULE: OUR SURROUNDINGS

No CEIP Plurilingüe Ponte de Xuvia tanto a etapa de Infantil como de Primaria aproveitamos a nosa privilexiada contorna para facer saídas, merendas e actividades curriculares polo Concello ou arredores.

MES DE XUÑO: ESCOLA SEGURA/ JUNE: SAFE SCHOOL

Este mes de xuño está dedicado ao proxecto Escola Segura. As titoras de 3º e 4º de EP e o titor de 5º de EP estiveron facendo actividades relacionadas coa seguridade da rapazada, que despois se compartiron co resto do Centro.

MES DE MAIO: A NOSA FALA/ MAY: OUR LANGUAGE

OUR LANGUAGE

 

Language is key  

 we open the world with;

MES DE ABRIL: ERASMUS "ON YOUR BIKE"

No mes de novembro comezou un proxecto europeo que vai durar tres anos. O proxecto "On Your Bike" pretende fomentar o uso da bici e o patinete para vir a escola. Desde ese mes estivemos facendo distintas actividades, sempre da man do equipo de Educación Vial, coa bicicleta como protagonista:

MES DE MARZO: 30º ANIVERSARIO DA NOSA REVISTA ESCOLAR/ MARCH: 30TH ANNIVERSARY OF OUR SCHOOL MAGAZINE

En 1990 saía a revista número 1 do CEIP Ponte de Xuvía, estaba dedicada a Luís Pimentel;  este ano 2019 sairá o número 30 dedicado a Antón Fraguas.

Distribuir contido