Proxecto 22/23 - Banda deseñada

Proxecto 22/23 - Banda deseñada

OS SUPERINVESTIGADORES DE 4ºA

O alumnado de 4ºA durante este curso investigamos sobre diferentes persoas da nosa historia, personas que fixeron cousas importantes. Por iso, quixemos investigar sobre a súa historia.

Creamos unha revista na que aparecen as biografías de 10 homes e 10 mulleres que para nós foron importantes na historia. Ademais, poderedes ver algúns vídeos e aprender cancións sobre esas persoas.

 

 

ESPEREMOS QUE VÓS GUSTE!

REVISTA SUPERHEROES de Lucía

Primeiros auxilios por 6º de primaria

Ao longo deste curso estivemos a investigar sobre os primeiros auxilios xa que, algúns dos principais superheroes que hai na vida real, son eses sanitarios ou persoas anónimas que salvan as vidas doutras persoas. Por iso, quixemos coñecer algúns deses superheroes e intentar que todos nós poidamos chegara a ser un deles.

Estivemos a estudar aspectos relacionados coas alerxias, desmaios, cortes graves, golpes de calor ou como facer unha RCP.

Para isto, tivemos que facer varias cousas: o primeiro obter información sobre os primeiros auxilios, para o que aproveitamos visitas da tía de Xosé que traballa como sanitaria, do 112 ou un obradoiro de primeiros auxilios aportado polo concello. Despois veu á clase Rubén Coca que nos ensinou como facer curtas e utilizar a banda deseñada para facer os storyboards cos guións das nosas curtas. 

A verdade é que aprendimos moito e o pasamos xenial facendo o noso proxecto. Nas ligazóns podedes ver os nosos traballos:

STORYBOARDS

       

 PRESENTACIÓNS

 CURTAS

 

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE E QUE APRENDADES MOITO!!

 

OS SUPERHEROES DE 5 ANOS

OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS FIXEMOS PARA O CIERRE DO NOSO PROXECTO UNHA PELI "OS SUPERHEROES DE XUVIA" QUE FOI MOI LABORIOSO,TIVEMOS QUE FACER O GUIÓN,ESCRIBIR,BUSCAR IMAXES,GRABAR...AGORA TODO ESE TRABALLO TEN COMO PREMIO ESTA FABULOSA PELI QUE ESPERAMOS QUE VOS GUSTE. PARABENS A TODA CLASE DE 5 ANOS!!!!.

NICOLEO STUDIOS XUVIA PRESENTA de maria

OS SUPER CIENTÍFICOS DE 2º

Os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria queremos presentarvos a nosa pequena achega ao proxecto deste curso como “SUPERCIENTÍFICOS”, unha presentación na que poderedes descubrir a realidade sobre os poderes dos nosos Superheroes favoritos a través de divertidos experimentos e fantásticas investigación.

 

XOGAMOS COAS BICIS

Neste curso, os pequenos e pequenas de 4 anos estivemos a investigar sobre os superheroes e superheroínas. Ademais, traballamos os nosos propios superpoderes e Nicoleo propúxonos un reto: investigar que é iso da banda deseñada. Entre todos buscamos as similitudes e diferencias cos contos que lemos habitualmente na aula e chamáronnos moito a atención este novo tipo de textos polo que decidimos que queríamos ser os protagonistas da nosa propia banda deseñada que leva por título Xogamos coas bicis. Estamos moi orgullosos e orgullosas do noso traballo!

Cómic 4 anos de Berta Grueiro

Distribuir contido