Dia da Paz
Día da Paz
Enviado por bertagrueiro o Lun, 06/02/2023 - 05:43O pasado 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz cunha chea de apertas e a nosa propia versión da canción "Por qué no ser amigos" de Hombres G.
Día da Paz 2023 de Berta Grueiro
Día da Paz
Enviado por musicomiserable o Mér, 01/02/2023 - 08:58O noso cole celebrou o día da paz e os alumnos uníronse para crear este superprogramón moi variado sobre a paz, e con moita música. Coidamos que vos guste!!
DÍA DA PAZ 2022
Enviado por Mª José J. Valbuena o Xov, 10/02/2022 - 12:04Como cada curso, este ano celebramos o Día da Paz no noso colexio. Nesta ocasión decidimos realizar unha actividade moi orixinal. Decoramos unhas plumas con palabras e ideas que para nós están relacionadas coa Paz e o seu significado. Con esas plumas deseñadas por todas as nenas e nenos e cargadas de respecto e amor creamos unhas ás conxuntas coas que levar sempre connosco esas mensaxes de Paz.
Para poder escribilas reflexionamos primeiro acerca do motivo desta conmemoración e da importancia de manter unha convivenvia pacífica a través da lectura de diversos libros propostos polo Equipo de Biblioteca e que nos gustaron moito:
- Salvaje de Emily Hughes.
- Una montaña cualquiera de Fran Pintadera.
- El muro en mitad del libro de Jon Agee.
- O principio de Paula Carballeira.
Aquí vos deixamos un vídeo para que vexades como quedaron as nosas ás. Agardamos que vos guste o noso traballo!
PAZ 2020
Enviado por carmenvazquez o Sáb, 29/02/2020 - 17:52DÍA DA PAZ 2019
O día 30 de xaneiro o CEIP Ponte de Xuvia conmemora o Día da Paz e, este ano, fixemos dúas actividades. Na hora de lectura os nenos/as maiores foron contar contos para invitar aos máis pequenos a reflexionar, pois tratan de valores que queremos fomentar en todo o alumnado do centro.
APERTAS QUE VOAN
Enviado por Mª José J. Valbuena o Mér, 01/02/2017 - 10:46PARA CONMEMORAR O DÍA DA PAZ CANTAMOS E BAILAMOS "APERTAS QUE VOAN" DE PACO NOGUEIRAS E O SEU COÑECIDO BRINCA VAI. ADEMAIS TODOS OS NENOS E NENAS DA ESCOLA PARTICIPAMOS NA ELABORACIÓN DUN MURAL, ONDE ESCRIBIMOS PALABRAS OU FRASES RELACIONADAS COA PAZ. AGORA DECORA A ENTRADA DO CENTRO, ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!
ENSAIOS DO DÍA DA PAZ 2014
PARA CONMEMORAR O DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA CANTAMOS UNHA CANCIÓN TITULADA "SIYAHAMBA". O MÉRCORES DÍA 29 FIXEMOS UN ENSAIO XERAL PARA QUE AO DÍA SEGUINTE SAISE PERFECTO. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE A PRESENTACIÓN.
FESTEXAMOS O DÍA DA PAZ 2014
Enviado por carmenvazquez o Sáb, 01/02/2014 - 15:27DÍA DA PAZ 2014
Enviado por carmenvazquez o Sáb, 01/02/2014 - 14:22ESTE ANO OS NENOS E NENAS DO CEIP PONTE DE XUVIA ADICAMOS Á PERSOA DE NELSON MANDELA FALECIDO RECENTEMENTE.
OS ALUMNOS/AS FIXEMOS UN BAILE AFRICANO "SIYAHAMBA".SE PREMEDES NA FOTO PODEREDES VER QUE BEN BAILAMOS.LEMBRADE QUE ANTES DE VER O VIDEO TEDES QUE ACCEDER A AULA VIRTUAL CO VOSO NOME DE USUARIO E CONTRASINAL.
