Actividades
REVISTA ESCOLAR 2021 - 2022
Enviado por saraperez o Sáb, 18/06/2022 - 08:19Non queríamos rematar o curso sen mostrarvos todas as actividades e proxectos que levamos a cabo no colexio durante este curso. Para que poidades velas e descubrir os nosos traballos, aquí vos traemos a revista deste curso 2021 - 2022.
Agardamos que vos guste!
LETRAS GALEGAS 2022
Enviado por saraperez o Xov, 19/05/2022 - 06:57O pasado 17 de maio conmemorouse o Día das Letras Galegas e, como non podía ser doutro xeito, celebrámolo tamén no noso colexio. Este ano dedicouse ao escritor Florencio Delgado Gurriarán e no centro decidimos facer uns murais inspirados nalgúns dos poemas que escribiu, relacionados coa nosa terra, as súas paisaxes e as nosas festas tradicionais.
DÍA DO LIBRO
Enviado por saraperez o Lun, 09/05/2022 - 16:41Coma todos os anos, este curso celebramos no centro o Día do Libro. Nesta ocasión as actividades que realizamos para conmemorar esta data foron dúas.
Por unha banda, decoramos e personalizamos uns marcadores que nos servirán cando realicemos o empréstito de libros na biblioteca.
REVISTA ESCOLAR 2020 - 2021
Enviado por saraperez o Ven, 25/03/2022 - 09:47Aquí tedes a nosa revista do pasado curso 2020 - 2021, na que vos queremos amosar moitas das actividades que realizamos no colexio. Grazas a todas e todos por participar.
Esperamos que vos guste!
Os traxes tradicionais
Enviado por bertagrueiro o Mar, 22/06/2021 - 04:39As nenas e nenos de 1º de Educación Primaria queremos mostrarvos a nosa investigación e participación nesta longa e emocionante aventura que durante este curso está levando a Nicoleo de viaxe por todo o mundo e que está a piques de rematar. Coa nosa aportación poderedes coñecer os traxes tradicionais de diferentes países, así como os seus nomes e prendas que os compoñen. Esperamos que vos guste!
BAILAMOS CON NICOLEO
Enviado por carmenvazquez o Dom, 13/06/2021 - 16:53OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS PARTICIPARON NO PROXECTO DO CENTRO "DE VIAXE CON NICOLEO",A NOSA MASCOTA DA BIBLIOTECA, E QUEREMOS COMPARTIR UNHA MOREA DE EXPERIENCIAS CON TODOS VÓS.AGARDAMOS QUE VOS GUSTE E QUEREMOS AGRADECER A TODOS OS QUE FIXERON POSIBLE QUE ESTE PROXECTO FORA POSIBLE.
"As Linguas das Viaxes de Nicoleo"
Enviado por musicomiserable o Mér, 26/05/2021 - 18:38Aquí vos compartimos a nosa colaboración có proxecto da Biblio sobre as Viaxes de Nicoleo. Este proxecto forma parte, á vez, doutro de radio escolar que desenvolvimos na clase de 5º de primaria durante o 2º e 3º trimestres, esperamos que vos guste!!! (Moitas grazas a todas as familias que aportaron o seu gran de area)
Unha viaxe pola historia
Ola nenas e nenos! Somos a clase de 4º de primaria. Neste traballo imos amosarvos monumentos da historia en Galicia e Portugal por se queredes viaxar alí para coñecer algúns detalles que nos deixou a historia. Eliximos este tema porque cremos que podedes ver sitios novos e coñecer distintos lugares.
MONUMENTOS DO MUNDO
Enviado por lauracabarcos o Mér, 20/01/2021 - 15:46Os compañeiros e compañeiras de 3º de Educación Primaria queremos amosarvos a nosa aportación a esta interesante viaxe que estamos a compartir con Nicoleo para levarvos a percorrer o mundo a través dos seus impresionantes
Unha Guía de Viaxe para Nicoleo
Enviado por vrbasoa o Lun, 14/12/2020 - 18:16As alumnas de relixión de 6º de Educación Primaria queremos amosarvos unha sinxela guía de vaxe que elaboramos para axudar a Nicoleo nesta aventura que a penas acaba de comezar.
