MINH,O NOSO NENO ARTISTA
Enviado por carmenvazquez o Ven, 29/09/2023 - 21:09O NOSO ALUMNO MINH REALIZOU UN FERMOSO MURAL QUE REPRESENTA O CENTRO E O SEU ENTORNO.O ANO PASADO ENTRE TODOS OS NENOS E NENAS DO COLE PENSAMOS QUE SERÍA BOA IDEA FACER UN DEBUXO NA PAREDE BRANCA QUE ESTÁ NO PATIO.PARA ESCOLLER A TEMÁTICA CADA CLASE PRESENTOU UNHA PROPOSTA POR MEDIO DUN REPRESENTANTE DE AULA .DESPOIS DE ESCOITAR TODAS AS PROPOSTAS FOI O MOMENTO DA VOTACIÓN, O TEMA ELEXIDO ENTRE TODOS OS PROPOSTOS FOI O DE 6º DE PRIMARIA ONDE PODÍAMOS VER O NOSO COLE E A NOSA MASCOTA NICOLEO DANDO A BENVIDA AO CENTRO AO NOSO ALUMNADO E NA PORTA DE SAIDA AO PASEO OS NENOS E NENAS MAIORES MARCHAN PARA O INSTITUTO.CO TEMA ESCOLLIDO AGORA SO FALTABA LEVALO AO PAPEL PERO SABIAMOS QUE TIÑAMOS O ALUMNO PERFECTO PARA DITA TAREFA,MINH,QUE É UN VERDADEIRO ARTISTA. GUSTOUNOS TANTO QUE DECIDIMOS FACER UN RINCÓN DENTRO DO CENTRO CO SEU DEBUXO.PRONTO DECORAREMOS A PAREDE BRANCA NA SEGUINTE FOTO PODEDES VER QUE BONITO MURAL DECORA O NOSO RINCÓN DE INFANTIL.
MOITAS GRAZAS MINH,FIXECHES UN TRABALLO MARABILLOSO.
Diseño de maria
RECREOS NO PONTE DE XUVIA
Enviado por lauracabarcos o Xov, 28/09/2023 - 18:00Listaxe provisional de fondo libros e axudas para material
Xa está publicada no taboleiro de anuncios a listaxe provisional da adxudicación de fondo libros e vales para material. As familias ás que lles foi concedida poden vir a recoller os vales ata o 7 de xullo ou a partir do 1 de setembro en horario de 9:30 a 13:30.
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN
Enviado por lauracabarcos o Lun, 19/06/2023 - 09:22Achégase o remate do curso e pronto gozaremos das vacacións aproveitando o noso tempo de ocio para descansar e divertirnos.
Polo que un ano máis queremos propor unhas recomendacións lectoras que de seguro vos farán pasar fantásticos momentos este verán.
Desexamos que vos gusten!
LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO - CURSO 2023/24
No documento adxunto tedes a listaxe de libros de texto para o curso 2023 / 24
Hoxe Chove (Homenaxe a Euloxio)
Enviado por musicomiserable o Mar, 06/06/2023 - 12:56Este é o episodio máis triste que fixemos en Radio Ponte. O noso mestre o noso compañeiro , o noso querido Euloxio marchou para sempre. O seu recordo seguirá vivo nos nosos corazóns, e quixemos agradecerllo facendo este pequeno homenaxe. Vai por ti Euloxio!!!
INFORMACIÓN SOBRE A GRIPE E OUTRAS INFECCIONSAS RESPIRATORIAS
Enviado por carmenvazquez o Lun, 14/11/2022 - 10:47ENVIAMOS INFORMACIÓN SOBRE A GRIPE E OUTRAS INFECCIÓNS RESPIRATORIAS.
https://gripe.sergas.gal/
REVISTA ESCOLAR 2020 - 2021
Enviado por Mª José J. Valbuena o Ven, 25/03/2022 - 09:47Aquí tedes a nosa revista do pasado curso 2020 - 2021, na que vos queremos amosar moitas das actividades que realizamos no colexio. Grazas a todas e todos por participar.
Esperamos que vos guste!
O MAGO PACO
Enviado por lauracabarcos o Xov, 10/03/2022 - 05:03O pasado 3 e 4 de marzo a maxia chegou ata o noso cole da man do Mago Paco quen a través de dous divertidísimo espectáculos conseguiu facernos viaxar a través dos libros e descubrir os trucos das matemáticas.
