Presentación
O MAGO PACO
Enviado por lauracabarcos o Xov, 10/03/2022 - 05:03O pasado 3 e 4 de marzo a maxia chegou ata o noso cole da man do Mago Paco quen a través de dous divertidísimo espectáculos conseguiu facernos viaxar a través dos libros e descubrir os trucos das matemáticas.
ENTROIDO 2022!
Enviado por lauracabarcos o Ven, 25/02/2022 - 09:46Con idea de achegarvos un pouco ás actividades do centro fixémosvos unha proposta de Entroido para que así puidérades desfrutar con nós da divertida tradición do Meco.
Agardamos que vos guste o resultado!
PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA
Enviado por saraperez o Ven, 25/02/2022 - 08:49Como parte do Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD) no que participa o noso colexio e coa intención de continuar promovendo os hábitos de actividade física e alimentación saudable decidimos crear un logo que conteña unha mascota e un slogan que nos acompañe ao longo deste percorrido e axude a adoptar estes hábitos máis activos.
23 DE FEBREIRO,DÍA DE ROSALIA
Enviado por carmenvazquez o Mér, 23/02/2022 - 06:31HOXE 23 DE FEBREIRO QUEREMOS FACERLLE UN PEQUENO HOMENAXE A UNHA DAS NOSAS ESCRITORAS MÁIS ILUSTRES,ROSALIA DE CASTRO.OS NENOS E NENAS DE 6º DE PRIMARIA RECITARON O POEMA "FALARES DE AMOR" PARA CELEBRAR O DÍA DO SEU NACEMENTO.
OUTRA ACTIVIDADE QUE REALIZAMOS NAS AULAS FOI A DECORACIÓN DUNHA FLOR ONDE OS SEUS PÉTALOS ESTABAN DECORADOS E CHEOS DE PALABRAS E VERSOS DE POEMAS DE ROSALIA DE CASTRO.
DÍA DA PAZ 2022
Enviado por saraperez o Xov, 10/02/2022 - 13:04Como cada curso, este ano celebramos o Día da Paz no noso colexio. Nesta ocasión decidimos realizar unha actividade moi orixinal. Decoramos unhas plumas con palabras e ideas que para nós están relacionadas coa Paz e o seu significado. Con esas plumas deseñadas por todas as nenas e nenos e cargadas de respecto e amor creamos unhas ás conxuntas coas que levar sempre connosco esas mensaxes de Paz.
UN LIBRO POR AGASALLO 2021
Enviado por lauracabarcos o Lun, 20/12/2021 - 08:02UN ANO MÁIS QUEREMOS COMPARTIR CON VÓS A TRAVÉS DA SEGUINTE PRESENTACIÓN ALGUNHAS SUXERENCIAS DE LIBROS DOS QUE PAPÁ NOEL E OS REIS MAGOS PODERÁN VALERSE PARA AGASALLAR ESTE NADAL AOS VOSOS FILLOS E FILLAS.
MAGOSTO 2021
Enviado por lauracabarcos o Dom, 21/11/2021 - 08:49Despois das cabazas continuamos dando vida ao Outono celebrando desde o »
SAMAÍN 2021
Enviado por lauracabarcos o Lun, 15/11/2021 - 17:51O equipo de Biblioteca, neste ano 2021, novamente propuxo unha maneira diferente de celebrar o Samaín.
