Orientación

Comezo de curso no Departamento de Orientación

Estimadas familias, 

 

Fálavos Carmen, a orientadora que vai estar na escola polo momento.

Imos ir retomando as publicacións por aquí ca idea de poder ofrecervos recursos e consellos que agardo sexan de utilidade.

Polo momento, infórmovos que contamos cun correo electrónico co cal podedes contactar comigo para calquer consulta, suxestión, cita ou información que querades transmitirme, a direción é:

orientacion.ceip.ponte.xubia@edu.xunta.gal

Non dubidedes en poñervos en escribirme.

 

Un saúdo, 

Carmen Fernández

 

 

2 ABRIL

2 de Vero Ramos

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

 

            O día 2 de abril conmemorouse o Día Mundial do Autismo. Desde o colexio quixemos formar parte desta data para visibilizar ás persoas con este trastorno. Persoas como calquera outras, pero cunha forma de percibir o seu entorno, as relacións sociais e a comunicación dun xeito distinto ao que estamos habituados e que debemos coñecer para entendelas e incluilas no noso día a día.

Para isto, e durante a última semana do trimestre, traballouse nas titorías cómo perciben o mundo as persoas con autismo e cómo podemos axudar a facilitarlles o entendemento do que lles rodea e que moitas veces para eles é tan caótico.

            Para darlle un broche final fixemos, entre todo o alumnado e profesorado, un mural co símbolo do infinito que identifica a este colectivo. O infinito con todas as cores do arco da vella, cores que representan a diversidade dentro do propio autismo, xa que non hai dúas persoas iguais, hai un amplo abano ao que técnicamente dáse en chamar espectro autista.

            Facer este tipo de actividade aproveitando esta data e facéndoa extensible a todo o ano axudará a que o noso mundo sexa moito máis enriquecedor e confortable para todos. Baseándonos no respecto e vendo as diferenzas como diversidade faránnos crecer como persoas empáticas, comprensivas, tolerantes e coñecedoras de que non hai dúas persoas iguais. Todos e todas temos singularidades e o feito de entendernos promove a liberdade de todos e cada un de nós. De aí as nosas pegadas de cores ao redor do infinito. Todos somos partícipes e todos podemos facer que os demais se sintan recoñecidos e estimados.

 

Novo blogue do departamento de orientación do CEIP Ponte de Xuvia

O departamento de orientación do centro está a elaborar un blogue no que se irán introducindo páxinas, tarefas, material, fichas… sobre comprensión lectora, comprension matemática, pronunciación e repaso de fonemas (r, s…) tanto para infantil como para primaria para que o alumnado poida tanto realizar coa tablet, o ordenador… como impreso en papel.

https://pontedexubia.blogspot.com/?m=1

Se alguen quere poñerse en contacto con calqueira membro do departamento de orientación do centro estarán a disposición das familias a través do correo corporativo do centro

ceip.ponte.xubia@gmail.com

Distribuir contido