Samain

SAMAÍN 2021

O equipo de Biblioteca, neste ano 2021, novamente propuxo unha maneira diferente de celebrar o Samaín.

SAMAÍN 2019

PREMENDO NA FOTO VEREDES QUE BEN O PASAMOS NO SAMAIN 2019.

SAMAÍN 2018

O martes 30 de outubro estivemos decorando cabazas. O alumnado de 5º de Primaria veu axudar aos nenos e nenas de Infantil. Fixemos varias cabazas por clase e,  despois,  varias nais pertencentes ao ANPA decoraron unha das aulas de Infantil, colocaron as cabazas para facer unha exposición e, así,  poder ver todos os traballos dos nosos compañeiros e compañeiras. Aqui tedes algunhas das fotos dese día.

 

Corre, corre, cabaciña!

 

O 31 de outubro celebramos no noso cole o Samaín.  De novo todo o alumnado e o profesorado veu  disfrazado caracterizándose de personaxes que dan medo. Incluso Nicoleo converteuse nun pirata sanguinario e non nos deixaba entrar na biblioteca... JA,JA,JA!

 

Dende aquí queremos agradecer aos pais e nais a colaboración coa celebración do Samaín, os nenos e nenas viñeron ben preparados para dar susto. 

 

Ao final da mañá todo o colexio cantou o tema "Corre, Corre Cabaciña",  inspirado nun conto popular portugués. Pasámolo fenomenal. VIVA  O SAMAÍN!!!!!

 

CONTOS DE MEDO

Este ano o Equipo de Dinamización de Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca pediulles aos nenos e nenas de Infantil que diseñaran mostros que deran moito medo, o resultado impresionounos, temos uns artistas que non se asustan facilmente.

Por outra banda os rapaces de primeiro a cuarto crearon receitas maléficas para crear monstros, pantasmas e zombies terroríficos.  Algúns deles preferiron facer pócemas para cumprir os seus máis malvados desexos.

Por último os alumnos de quinto e sexto se lles pedíu que fixeran ou ben un  conto de moito medo ou ben que contaran unha situación que lles sucedera a eles real o imaxinada,  a sorpresa foi que algún deles contou anécdotas reais que nos fixeron temblar...  

Aquí mostramos algún dos traballos realizados polos noso alumnado. Estos nenos e nenas SON DE MEDO.

 

SAMAÍN 2017

CHEGOU O SAMAÍN E CON EL AS CABAZAS, MONSTROS, PANTASMAS, QUE ENCHERON A ESCOLA DE MOITA DIVERSIÓN... COMO CADA ANO EN CADA AULA DECORAMOS AS CABAZAS EMPREGANDO MATERIAIS DIVERSOS E COA AXUDA DOS NOSOS TITORES OU TITORES E OUTROS MESTRES/AS. ADEMAIS NAS CLASE DE INFANTIL COLABORARON TAMÉN COMPIS DE 5º E 6º DE PRIMARIA E NOS CURSOS DE 3º E 4º DE PRIMARIA CONTARON COA COLABORACIÓN DOS MONITORES DO CONCELLO.

TODO ESTE TRABALLO TOMA FORMA NA NOSA TRADICIONAL EXPOSICIÓN, PARA O QUE CONTAMOS TAMÉN CON VARIAS NAIS DA ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DO COLE.

NA PRESENTACIÓN VEREDES O CHULI QUE QUEDOU.

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POLO ESFORZO E TRABALLO :-)

 

CHEGOU O SAMAÍN

Neste curso 2015/2016 festexamos o Samaín como todos os anos, decorando cabazas, acudindo ao cole disfrazados e disfrutando da exposición de cabazas para poder ver o traballo de todos os nosos compañeiros e compañeiras.

Para os cursos de 3º e 4º de primaria contamos coa colaboración dos monitores do Concello de Narón e no caso das demais clases foros os propios titores e especialistas os que se encargaron de realizar o taller de decoración de cabazas contando coa axuda do alumnado maior da escola.

Moitas grazas ás familias por aportar as cabazas e materiais diversos para decoralas, ao ANPA por montar a exposición e decorar a escola, e  a todo o profesorado e alumnado por esforzarse un ano máis para que todos e todas poidamos festexar e vivir esta festa un ano máis.

GRAZAS!

 

SAMAIN 2014

COMO TODOS OS ANOS OS RAPACES E RAPAZAS DA ESCOLA FIXERON UNS TALLERES DE DECORACIÓN DE CABAZAS. PARA VER O RESULTADO FINAL O ANPA PREPARA UNHA EXPOSICIÓN NUNHA DAS AULAS DE EDUCACIÓN INFANTIL, ASI TODO O ALUMNADO DA ESCOLA PODE DISFRUTAR DO TRABALLO REALIZADO POLOS SEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.

PARA VER COMO SE DESENVOLVEU ESTA ACTIVIDADE NAS DISITINTAS AULAS PREMEDE NOS APARTADOS DE CICLO OU CURSO.

GRAZAS A TODOS OS QUE COLABORARON NESTA ACTIVIDADE.

 

 

 

samain

Os nenos de primeiro disfrazamonos polo Samain.

SAMAIN 2012

ESTE ANO O COLEXIO ENCHEUSE DE MONSTROS, BRUXAS, VAMPIROS, .....SE TEDES MEDO NON VEXADES ESTA ANIMACIÓN PODE FERIR A VOSA SENSIBILIDADE
Distribuir contido