Corre, corre, cabaciña!

 

O 31 de outubro celebramos no noso cole o Samaín.  De novo todo o alumnado e o profesorado veu  disfrazado caracterizándose de personaxes que dan medo. Incluso Nicoleo converteuse nun pirata sanguinario e non nos deixaba entrar na biblioteca... JA,JA,JA!

 

Dende aquí queremos agradecer aos pais e nais a colaboración coa celebración do Samaín, os nenos e nenas viñeron ben preparados para dar susto. 

 

Ao final da mañá todo o colexio cantou o tema "Corre, Corre Cabaciña",  inspirado nun conto popular portugués. Pasámolo fenomenal. VIVA  O SAMAÍN!!!!!