Letras Galegas

ACTUACIÓNS NO XXIX CERTAME INTERCENTROS

O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL PARTICIPOU  NA MODALIDADE DE "CANCIÓN EN GALEGO" NO CERTAME INTERCENTROS. OS NENOS DE 3 ANOS INTERPRETARON "CATRO VELLOS MARIÑEIROS", O ALUMNADO DE 4 ANOS UNHA CANCIÓN TITULADA " A CLASE DE MARÍA" E OS PEQUES DE 5 ANOS UNHA CANCIÓN MOI ROCKEIRA TITULADA "FAME".

OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE 6º DE PRIMARIA PARCIPARON NA MESMA MODALIDADE, CUN TEMA TITULADO "HIMNO", VERSIÓN PROPIA DO HIMNO DE GALICIA.

 

SE PREMEDES NA IMAXE PODEREDES VER OS VIDEOS DAS ACTUACIÓNS DE INFANTIL. 

EN TODOS OS CASOS AS ACTUACIÓNS TEÑEN PREMIO, NA EDUCACIÓN INFANTIL Á PARTICIPACIÓN E NO CASO DE 6º DE PRIMARIA GAÑADORES DO PREMIO NA MODALIDADE "CANCIÓN EN GALEGO". PARABÉNS A TODOS E TODAS!

MURAIS E CONTOS ILUSTRADOS 2018

UN ANO MÁIS O NOSO CENTRO PARTICIPOU NO CERTAME INTERCENTROS DO CONCELLO DE NARÓN. COMO SABEDES HAI VARIAS MODALIDADES NAS QUE PRESENTAR TRABALLOS: EXPRESIÓN ORAL, MURAIS, CONTOS ILUSTRADOS, CANCIÓN EN GALEGO, NARRATIVA...

POR UNHA BANDA TODOS OS CURSOS, AGÁS 6º DE PRIMARIA, PARTICIPARON NA MODALIDADE DE MURAL OU CONTO ILUSTRADO. OS TEMAS XIRARON EN TORNO ÁS LETRAS GALEGAS E AS LENDAS DE GALICIA, XA QUE ESTE CURSO FOI O EIXO CENTRAL DO NOSO ENTROIDO. NA PRESENTACIÓN VEREDES OS MURAIS EXPOSTOS NO PAZO DA CULTURA DE NARÓN, ONDE PERMANECERÁN ATA O 19 DE MAIO. INDA ESTADES A TEMPO DE VELOS!

 

XXVIII CERTAME INTERCENTROS

UN ANO MÁIS, E XA VAN VINTE E OITO, A NOSA ESCOLA PARTICIPOU ACTIVAMENTE NA CELEBRACIÓN DESTE CERTAME DO CONCELLO DE NARÓN. PARA COÑECER AS MODALIDADES NAS QUE PARTICIPAMOS E COÑECER OS GAÑADORES PREME NA IMAXE DO CARTEL.

 

NA SEGUINTE IMAXE VEDES UNHA PEQUENA MOSTRA DO QUE ACONTEU NA ENTREGA DE PREMIOS. PARABÉNS A TODOS E TODAS!

LETRAS GALEGAS 2017

PARA COÑECER ALGO MÁIS SOBRE CARLOS CASARES PREME NA IMAXE.

FOTOS DO CERTAME INTERCENTROS

POUCO A POUCO IMOS RECOMPILANDO AS FOTOS DO CERTAME...NA PRESENTACIÓN VEREDES ALGÚNS MOMENTOS DAS ACTUACIÓNS DO NOSO CENTRO.

PARABÉNS A TODOS E TODAS!

LETRAS GALEGAS 2016

XA ESTAMOS EN MAIO, E XA PRONTIÑO CHEGARÁ O DÍA 17, FESTA DAS LETRAS DEDICADA ESTE ANO AO POETA CHAIREGO MANUEL MARÍA. NA ESCOLA XA ESTAMOS APRENDENDO UN MONTÓN DE COUSAS SOBRE ÉL. NA BIBLIOTECA TEMOS EXEMPLARES DE:

  • "OS BIGOTES DE MIMÍ"
  • "OS SOÑOS NA GAIOLA"
  • "CANTA O CUCO"

PERO TAMÉN NA REDE HAI RECURSOS, ELABORADOS POLO C.E.I.P GALÁN, PARA COÑECER UN POUCO MÁIS A MANUEL MARÍA. PREMEDE NA IMAXE PARA PODER EMPREGALOS.

 

E PARA REMATAR DEIXÁMOSVOS CUNS VIDEO, COAS CANCIÓNS "A CIDADE" E "A VACA", POEMAS DE MANUEL MARÍA, NA VOZ DE UXÍA E MAGÍN BLANCO INCLUÍDOS NO LIBRO "CANTA O CUCO". AS ILUSTRACIÓNS DO VÍDEO FORON REALIZADAS POLO ALUMNADO DO I.E.S. AS BARXAS DE MOAÑA, EN CONCRETO POR 1º E 3º DA E.S.O. ESTES TRABALLOS PERTENCE AO OBRADOIRO DE PLÁSTICA DA PROFESORA LUZ BELOSO. FERMOSO TRABALLO E FERMOSAS CANCIÓNS. ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN.

 

 

CERTAME INTERCENTROS 2016

ESTE ANO O CERTAME INTERCENTROS ESTÁ ORGANIZADO POLO I.E.S TERRA DE TRASANCOS. A NOSA ESCOLA PARTICIPA EN DITO CERTAME EN DIVERSAS MODALIDADES:

  • MURAL
  • CONTO ILUSTRADO
  • CANCIÓN EN GALEGO
  • EXPRESIÓN ORAL (POEMA E TEATRO)

A EXPOSICIÓN DOS MURAIS E CONTOS ILUSTRADOS PERMANECERÁ NO PAZO DA CULTURA ATA O DÍA 20 DE MAIO, NON DEIXEDES DE PASAR A VELA E CONTEMPLAR OS NOSOS TRABALLOS E OS DOS OUTROS NENOS E NENAS DO CONCELLO.

SE NON PODEDES PASAR POLO PAZO PREMEDE NA IMAXE PARA VER OS TRABALLOS DO NOSO CENTRO.

POR OUTRA BANDA ESTE VENRES, DÍA 29, FOI A ACTUACIÓN DOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE EDUCACIÓN INFANTIL, 1º, 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA NO MESMO PAZO.

POUCO A POUCO ENGADIREMOS AS FOTOS E VIDEOS, NA MEDIDA DO POSIBLE. POLO DE AGORA PODEDES VER AS FOTOS E VIDEOS DOS COMPIS DE EDUCACIÓN INFANTIL. MIRADE NO APARTADO DE ACTIVIDADES EN NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA OU CONSULTADE O APARTADO DE 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL.

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS DESTE ANO 2015 ADÍCASE A XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE. PARA COÑECER UN POUCO MÁIS SOBRE ESTE ESCRITOR NA ESCOLA FIXEMOS UN MURAL NO QUE SE EXPLICA OS FEITOS SOBRESAÍNTES DA SÚA VIDA. PARA VER O MURAL ACHEGÁDEVOS Á ENTRADA DO EDIFICIO DE EDUCACIÓN INFANTIL OU PREMEDE NA FOTO.

 

http://filgueiravalverde.gal/

Actividades Xosé María Díaz Castro - Letras Galegas 2014

Picando nas imaxes poderedes realizar ACTIVIDADES DIXITAIS relacionadas co premio 2014 das Letras Galegas, Xosé María Díaz Castro.

             

      

SEMINARIO GALÁN 

FICHAS PARA DESCARGAR (INFANTIL E PRIMARIA)

ACTIVIDADES LIM

2º FEIRA DO TROCO NO PONTE DE XUVIA

UNHA DAS ACTIVIDADES QUE FAREMOS NO CENTRO PARA CELEBRAR ESTA DATAS SERÁ A FEIRA DO TROCO NA QUE TODOS PODEDES PARTICIPAR.

PODEDES TRAER LIBROS USADOS DA CASA E CAMBIALOS  EIQUÍ POR OUTROS QUE TRUXERON OS VOSOS COMPAÑEIROS.PROCURADE QUE NON ESTEAN DETERIORADOS.

CADA ALUMNO/A  RECIBIRÁ UN VALE POR CADA LIBRO QUE TRAIA. ESTE VALE UTILIZARASE PARA FACER O TROCO.

A FEIRA DESENVOLVERASE NO PATIO CUBERTO EN HORARIO DE RECREO.

AQUELES NENOS/AS QUE NON TEÑAN LIBROS PARA CAMBIAR NON PODERÁN PARTICIPAR

 


Distribuir contido