Entroido

ENTROIDO 2019

Un ano máis celebramos o Entroido no Ponte de Xuvia. Este ano estivo dedicado a historia e ás civilizacións. Empezamos a semana cos mandados e o certo é que todos os nenos e nenas animáronse a cumplir os dictados do Meco.

MANDADOS ENTROIDO 2019

Este ano o Entroido de Ponte de Xuvia está dedicado a Historia e as Civilizacións e cada clase escolleu o seu disfraz. Levan traballando arreo desde hai dúas semanas, procurando que ningún dos traxes leve nada de plástico xa que é un material moi perxudicial para a nosa contorna.

LENDAS DE GALICIA

ESTE ANO A TEMÁTICA ESCOLLIDA PARA DISFRAZÁRMONOS NO ENTROIDO FOI "LENDAS DE GALICIA". CADA CLASE ESCOLLEU UNHA LENDA QUE SE TRABALLOU AO LONGO DE VARIAS SEMANAS NA AULA E DESPOIS O ALUMNADO DOS DIFERENTES CURSOS FOI EXPOÑENDO AO RESTO DOS COMPAÑEIROS O APRENDIDO. DESTE XEITO TODOS COÑECEMOS UN POUQUIÑO DAS DIFERENTES LENDAS E PUIDEMOS IDENTIFICAR OS DISFRACES DOS NOSOS COMPIS O DÍA DA FESTA.

ADEMAIS CADA CLASE ELABOROU UN CARTEL ONDE SE RECOLLÍAN OS ASPECTOS MÁIS CARACTERÍSTICOS DOS PROTAGONISTAS DAS LENDAS. ESTIVERON EXPOSTAS NO PORCHE O DÍA DO ENTROIDO E, DESTE XEITO, ACHEGAMOS ÁS FAMILIAS O APRENDIDO.

HAI QUE AGRADECER AO ALUMNADO E PROFESORADO O SEU TRABALLO, XA QUE ESTE ANO HOUBO POQUIÑO TEMPO PARA PREPARALO E HOUBO QUE TRABALLAR A REO. PARABÉNS!

 

CONCURSO DE LARPEIRADAS 2018

COMO CADA ANO O EDLG CONVOCOU O CONCURSO DE LARPEIRADAS NO QUE PARTICIPARON UN TOTAL DE 10 FAMILIAS. DOCES TÍPICOS DESTAS DATAS, MOI SABOROSOS E MOI BEN PRESENTADOS. A VERDADE E QUE É MOI DIFÍCIL ESCOLLER UN...

ESTE ANO O DOCE GAÑADOR FORON UNHA FILLOAS, FEITAS POLA BISAVOA DE MATEO FERNÁNDEZ, ALUMNO DE 5º DE INFANTIL. MATEO ESTIVO ENFERMIÑO O DÍA DE ENTROIDO E NON ASISTÍU Á ESCOLA, ASÍ QUE PASOU O SEU AVÓ A RECOLLER A CESTA.

O AGASALLO FOI, COMO OUTROS ANOS, UNHA CESTA CON PRODUTOS TÍPICOS PARA FACER UN COCIDO: GARAVANZOS, CHOURIZOS, UN LACÓN, UNHA CACHUCHA DE PORCO E UNHA MADA DE GRELOS.

NORABOA A TODA A FAMILIA, EN ESPECIAL Á BISAVOA DE MATEO POR TER TANTA MAÑA NA COCIÑA AOS SEUS 92 ANOS. PARABÉNS!

ENTROIDO 2017

ESTE ANO TEMA ESCOLLIDO PARA FESTEXAR O ENTROIDO FOI "PERSOEIROS DE ROALD DALH", AUTOR SOBRE O QUE ESTIVEMOS A TRABALLAR AO LONGO DO 1º TRIMESTRE. 

CADA CLASE ESCOLLEU UN CONTO O PERSONAXE ASÍ QUE A ESCOLA ENCHEUSE DE MIMPINS, DOCES DA FÁBRICA DE WILLY WONKA, MEIGAS E BRUXOS, BICHIÑOS VARIADOS DO UNIVERSO DE ROALS DALH...

O MECO PRESIDÍU UNHA SOLLEIRA XORNADA E NON DEFRAUDOU. COMO SEMPRE UNHA PEQUENA OBRA DE ARTE ELABORADA POLO NOSO CONXERSE, JUANJO. A QUEIMA CORREU A CARGO DE MARCO, QUE ESTIVO UNHAS SEMANAS TRABALLANDO CON NÓS.

ADEMAIS NON PODEMOS OLVIDAR O NOSO CONCURSO DE LARPEIRADAS! NACHO NUÑEZ RAMOS FOI O GAÑADOR DUNHA ESTUPENDA CESTA QUE CUSTODIOU O MECO ATA Á HORA DO SORTEO. PARABÉNS!

QUEIMA DO MECO 2016

O MECO DESTE ANO FOI VINICIUS, A MASCOTA DOS XOGOS OLÍMPICOS, QUE SE CELEBRARÁN EN RÍO ESTE ANO 2016. TEMOS QUE AGRADECERLLE A JUANJO O SEU TRABALLO XA QUE SEMPRE NOS SORPRENDE FACENDO UN MECO XENIAL. SE QUEREDES VER COMO FOI A QUEIMA PREMEDE NA IMAXE OU, COMA SEMPRE, MIRADE DIRECTAMENTE NO APARTADO DE ACTIVIDADES EN NORMALIZACIÓN LINGÚÍSTICA.

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POR ASISTIR Á FESTA E COLABORAR CON NÓS. QUE PASEDES UN BO ENTROIDO!

Concurso de larpeiradas 2016

XA COÑECEMOS O GAÑADOR DO CONCURSO DE LARPEIRADAS 2016... IAGO BARROS DE 4º DE PRIMARIA! AGRADECEMOS MOITO Á FAMILIA DE IAGO E DEMAIS FAMILIAS PARTICIPANTES A SÚA COLABORACIÓN. ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES DO PREMIO.

SE QUEREDES VER A ENTREGA DO PREMIO PREMEDE NA IMAXE OU CONSULTADE DIRECTAMENTE NO APARTADO DE ACTIVIDADES EN NORMALIZACIÓN.

MANDADOS DO MECO 2016

O ENTROIDO XA CHEGOU E O MECO ESTÁ MOI FESTEIRO E PROPÓN CATRO DÍAS DE MANDADOS! SE QUEREDES SABER O QUE HAI QUE TRAER PREMEDE NA IMAXE OU CONSULTADE DIRECTAMENTE NO APARTADO DE ACTIVIDADES EN NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.

RECORDADE QUE O IMPORTANTE É SER CREATIVOS E TENTAR NON MERCAR NADA. MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!

ENTROIDO 2015

CHEGOU O TEMPO DE ENTROIDO! SE QUEREDES VER QUE BONITOS ERAN OS DISFRACES QUE LEVAMOS O DÍA DA FESTA CONSULTADE O APARTADO DE ACTIVIDADES EN NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA OU PREME DIRECTAMENTE NA FOTO DO MECO, UN MORTADELO XENIAL, OBRA DO NOSO CONSERXE JUANJO.

 

 E PARA VER COMO QUEIMAMOS O MECO PREME NA IMAXE DO LUME!

CONCURSO DE LARPEIRADAS 2015

QUERES SABER QUEN FOI O GAÑADOR DO CONCURSO DE LARPEIRADAS ESTE ANO? PREME NA FOTO DA CESTA COA QUE AGASALLAMOS AO PREMIADO/A OU MIRA DIRECTAMENTE NO APARTADO DE "ACTIVIDADES" EN NORMALIZACIÓN LIGÜÍSTICA.

Distribuir contido