Nadal
BO NADAL!
Enviado por bertagrueiro o Mar, 22/12/2020 - 05:26Ola familias!
Este ano non quixemos perder a oportunidade de DESEXARVOS unhas FELICES FESTAS co noso "festival" de Nadal.
Que o 2021 veña cargado de cousas boas!
BO NADAL!
Enviado por bertagrueiro o Mar, 22/12/2020 - 05:26Ola familias!
Este ano non quixemos perder a oportunidade de DESEXARVOS unhas FELICES FESTAS co noso "festival" de Nadal.
Que o 2021 veña cargado de cousas boas!
NADAL 2019
Enviado por carmenvazquez o Sáb, 29/02/2020 - 18:00FESTIVAL NADAL 2018
Este ano celebrouse o día 21 de decembro o Festival de Nadal 2018. Tódalas clases participaron e fixérono moi ben. Presentaron o Festival Noa e Miguel de 6ºEP, grazas compañeiros.
Abriron o evento os nenos e nenas de 3 e 4 anos coa canción XA ME TARDAN ESTES MAGOS.
Despois todo o ciclo de infantil cantou a canción SNOWFLAKE. A continuación o curso de 5 anos cantou tamén a canción do grupo Mamá Cabra A LUZ DO NADAL. Seguidamente o equipo de Dinamización da Lingua Galega entregou os agasallos en galego polas postais elaboradas este ano polo alumnado do CEIP Ponte de Xubia.
Este ano o equipo de Educación Vial do Concello propuxo vir a última semana antes das vacacións cos patinetes e bicicletas tuneados de Nadal. O inxenio das familias sorprendeunos moitos e todos os participantes recibiron un premio polo súa imaxinación.
A continuación actuaron nenos e nenas de 1º EP coa canción XA CHEGOU O NADAL, o alumnado de 2º EP fixo un flashmovie con dúas cancións: ALL I WANT FOR CHRISTMAS IS YOU e DON´T STOP ME NOW. Éxito rotundo. Seguiron os nenos e nenas de 3ºEP coa canción de Mamá Cabra TRES REIS EN BICICLETA. Moi orixinal a súa posta en escea. Despois o alumnado de 4ºEP fixo un remix de cancións supercoñecidas que fixeron cantar e reir a todo o público asistente. Pola súa banda os compañeiros e compañeiras de 5º presentaron un conto de Nadal. Finalmente pecharon o festival os maiores do cole cantando e tocando a panxoliña JINGLE BELLS.
BO NADAL A TODOS !!!! VÉMONOS NO 2019!!!!
CONCURSO DE POSTAIS 2018
Como xa é tradición no noso colexio ao chegar o Nadal, os nenos e nenas preparan postais para participar no concurso proposto desde Dinamización Linguística.
VISITA DO APALPADOR
O xoves 20 de decembro o colexio recibiu con moita ilusión a visita do Apalpador. O ANPA foi a que propuxo a ilustre visita que non deixou indiferente aos nenos e nenas.
Recibimos ao apalpador coa música de Paco Nogueiras e falounos un pouco da súa terra do Courel, despois agasallounos a cada clase con xogos moi divertidos cos que poderemos xogar no noso tempo de lecer nas clases. Estes foron os agasallos:
- Os nenos e nenas de 3 anos foron agasallados cunha bolsa chea de animais.
- Os nenos de 4 anos recibiron unha maleta con ferramentas.
- O alumnado de 5 un xogo da oca e parchís.
- 1ºEP recibiu un puzzle do mapamundi.
- Nenos e nenas de 2º EP as cartas do UNO.
- 3º EP recibiu un xogo de números chamado Rummikub
- 4º EP o xogo rally co que botar contas.
- 5º tamén o Rumikub.
- 6º un xogo de Xadrez.
Finalmente firmounos os dous exemplares que temos na biblioteca sobre a súa vida na montaña. Estamos todos encantados, témosllo que contar aos nenos e nenas de Piñeiros....
Grazas ao ANPA de novo por chamar ao apalpador.
POSTAIS DE NADAL 2017
CHEGOU O NADAL E CON EL O CONCURSO DE POSTAIS DA NOSA ESCOLA. COMO SEMPRE A PARTICIPACIÓN É TOTAL ASÍ COMO A COLABORACIÓN DE ALUMNADO E PROFESORADO. MOITAS POSTAIS SON MERECEDORAS DE PREMIO E OXALÁ PUIDERAMOS DAR UN AGASALLO A CADA UN DOS NENOS E NENAS...
NO CASO DE EDUCACIÓN INFANTIL O PREMIO É Á PARTICIPACIÓN E NO CASO DE EDUCACIÓN PRIMARIA PREMIASE UNHA POSTAL POR CURSO. O AGASALLO COMO BEN SENDO HABITUAL NESTES ÚLTIMOS ANOS É UN LIBRO OU CONTO EN GALEGO. ESTES E OUTROS CONTOS SON UNHA BOA OPCIÓN PARA REGALAR NESTAS DATAS. NON ESQUENZADES NA VOSA CARTA PEDIR ALGÚN!
NA PRESENTACIÓN VEREDES AS POSTAIS GAÑADORAS E SEGUIDAMENTE O LIBRO QUE RECIBIRON. PARABÉNS A TODOS OS PARTICIPANTES, EN ESPECIAL A NOA, ADRIÁN, SAMUEL, NADJARA, SARA E MARTINA, GAÑADORES NESTE ANO 2017.
CONCURSO DE POSTAIS 2016
Enviado por Mª José J. Valbuena o Ven, 23/12/2016 - 16:02MOI AXIÑA CHEGOU O NADAL E CON EL O CONCURSO DE POSTAIS... QUEREMOS AGRADECER A TODOS OS NENOS E NENAS QUE, ANO TRAS ANO, CONTINUEN PARTICIPANDO COA MESMA ILUSIÓN. OGALLÁ PUIDEMOS REPARTIR AGASALLOS PARA TODOS!
AS POSTAIS FORON ELEXIDAS POR UN XURADO FORMADO POLOS MESTRES ESPECIALISTAS DA ESCOLA: PURI, LOLI, MARIA JOSÉ, ANA MORALES E MARCOS.
OS CRITERIOS PARA SELECCIONALAS FORON OS MESMOS QUE OS ÚLTIMOS ANOS. VALORAMOS O ESFORZO E CREATIVIDADE, QUE A POSTAL ESTEA REMATADA E NO CASO DE TER TEXTO, VALORAREMOS QUE ESTEA EN GALEGO.
CADA CURSO OU NENO/NENA LEVOU UN LIBRO EN GALEGO. NA PRESENTACIÓN VEREDES CALES SON.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN AS POSTAIS E QUE OS LIBROS VOS DEAN IDEAS PARA AGASALLAR NESTAS DATAS :-)
CONCURSO DE POSTAIS 2015
O 18 DE DECEMBRO NO FESTIVAL DE NADAL COÑECEMOS OS PREMIADOS E PREMIADAS DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL. O XURADO QUE ESCOLLE AS POSTAIS SON AS MESTRAS ESPECIALISTAS DA ESCOLA E AQUELAS QUE NON TEÑEN TITORÍA, É DICIR, RAQUEL (EDUCACIÓN FÍSICA), CRIS (MÚSICA), ZAIDA (AUDICIÓN E LINGUAXE), LOLI (RELIXIÓN CATÓLICA), PURI (LINGUA INGLESA) E MARÍA ( APOIO A INFANTIL).
PARA O XURADO NON É DOADO TOMAR ESA DECISIÓN, ASÍ QUE DESDE O CURSO PASADO EXISTEN UNS CRITERIOS ELABORADOS POLO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DE LINGUA GALEGA PARA ESCOLLER AS POSTAIS PREMIADAS. ENTRE ELES ESTÁN:
- SER CREATIVOS/AS E NON COPIAR.
- PRESENTAR TRABALLOS REMATADOS.
- OS ADULTOS NON PODEN INTERVIR NA REALIZACIÓN DA POSTAL.
- VALORARASE QUE NO CASO DE TER TEXTO, ESTEA EN GALEGO.
AGRADECEMOS A TODOS OS MESTRES E MESTRAS A SÚA COLABORACIÓN, AO ALUMNADO POR PARTICIPAR TODOS OS ANOS COA MESMA ILUSIÓN E AO XURADO POLO TEMPO DEDICADO A VALORAR E DECIDIR A QUEN SE ENTREGARÍA OS AGASALLOS.
COMO REGALO ENTREGAMOS EN TODOS OS CASOS UN ALBUM ILUSTRADO OU LIBRO DE BANDA DESEÑADA EN LINGUA GALEGA. UN ANO MÁIS APOSTAMOS POLA LECTURA E DESTE XEITO NA PRESENTACIÓN VEREDES TAMÉN UNHA PEQUENA MOSTRA DE PUBLICACIÓNS INTERESANTES PARA ESTAS DATAS NAS QUE SEMPRE CAE ALGÚN QUE OUTRO REGALIÑO NAS CASAS ;-)
