Piteas

EXPOSICIÓN DO NOSO PROXECTO NA ESCOLA

Como actividade final do proxecto, os nenos e nenas de todo o cole, así como as familias, viñeron á nosa aula a ver o noso proxecto e lles amosamos como se fai unha película con croma. Divertíronse moito e disfrutaron moito co noso traballo.

EXPOSICIÓN NA AULA

NA PROCURA DUNHA ESCOLA SEGURA

Benvidos ao apartado de actividades relacionadas co proxecto titulado "NA PROCURA DUNHA ESCOLA SEGURA" levado a cabo polo alumnado de 3º de Primaria.

Este proxecto comezou debido a que, dende a escola, consideramos a seguridade e coidado do noso alumnado un dos aspectos fundamentais a ter en conta no día a día da escola. Por isto entendemos que é moi importante tanto que se sintan coidados polo profesorado como polas familias pero, tamén, que sexan quen de coidarse por si mesmos e os uns aos outros.

Deste xeito, se pretende en todo momento e con todas estas actividades que sexan responsables do seu coidado, que se sintan seguros cando hai un accidente na escola ou fóra da mesma e, sobre todo, que saiban reaccionar en caso de que suceda algo.

De aquí en adiante poderedes ver todas as actividades que fixemos e agardamos que con elas disfrutedes e aprendades a vivir nun entorno máis seguro.

Premendo na imaxe podedes ver a entrada na Aula Virtual con todos os contidos do proxecto para ver e descargar.

ROBÓTICA

TRABALLAMOS ROBÓTICA NA AULA

Feira de Ciencias PITEAS 2019

Para rematar este fermoso proxecto, polo menos durante este curso, fomos a Santiago á Feira de Ciencias Piteas. Alí puidemos ver un montón de proxectos doutros coles e amosar o noso proxecto aos demais.

Ademais, tivemos que facer unha exposición explicando en que consistía o noso proxecto e todo o que fixemos este curso.

Premendo nas imaxes veredes un vídeo desta marabillosa actividade.

ESPALLANDO A POESÍA

O XOVES DÍA 20, FOMOS DE EXCURSIÓN POLO BARRIO PARA DAR DIFUSIÓN AO NOSO TRABALLO. ACUDIMOS A DIFERENTES PUNTOS PRÓXIMOS Á ESCOLA ONDE A XENTE TEN ACCESO A LECTURA E PREGUNTAMOS SE PODIAMOS DEIXAR UN EXEMPLAR DO NOSO LIBRO. OS LUGARES ONDE PODEREDES LER O LIBRO DE FRASES POÉTICAS SON:

  • A.A.V.V. ALTEA
  • PERRUQUERÍA XANA
  • RESTAURANTE URIMARE
  • CAFETERÍA EXCELSIOR
  • ESCUELA DE BAILE "ALL DANCE STUDIO"

MOITAS GRAZAS AO PROPIETARIOS/AS E ENCARGADOS/AS DOS LOCAIS POR PERMITIRNOS DEIXAR O NOSO LIBRO. ESPERAMOS QUE MOITA XENTE LEA POESÍA EN XUVIA!

LIBRO DE POEMAS

LOGO DE FACER O LIBRO DE FRASES POÉTICAS ELABORAMOS UNS POEMAS EN EQUIPO QUE TAMÉN ILUSTRAMOS. PARA ELABORALOS ACUDIMOS ÁS APRENDIZAXES REALIZADAS EN TORNO A CREACIÓN POÉTICA, EMPREGANDO RECURSOS ESTILÍSTICOS COMO A RIMA OU A REPETICIÓN.

VOLTAMOS A EMPREGAR BOOK CREATOR, PERO NESTA QUEDA FOMOS OS NENOS E NENAS OS QUE ESCRIBIMOS O TEXTO NO ORDENADOR, ESCOLLENDO O TIPO DE LETRA, TAMAÑO, COR... NA PRESENTACIÓN VEREDES PARTE DEL PROCESO DE ELABORACIÓN.

  

DEIXAMOS ADXUNTO O RESULTADO PARA QUE O PODADES LER E DESCARGAR SE VOS GUSTA :-)

LIBRO DE FRASES POÉTICAS

ADXUNTAMOS O LIBRO DE FRASES POÉTICAS PARA QUE O PODADER VER E DISFRUTAR :-)

O PROCESO DE ELABORACIÓN ESTÁ EXPLICADO NO APARTADO DE ACTIVIDADES TIPO II.

FOI ELABORADO COA APLICACIÓN BOOK CREATOR, PERO NON SE PODE SUBIR EN FORMATO EPUB ASÍ QUE DEIXAMOS EN FORMATO PDF PARA QUE O DESCARGUEDES SE VOS GUSTA :-)

 

 

PANELES HISTORIA

Un dos traballos realizados foron paneis sobre a historia. Por equipos traballamos unha época e resumimos a información neste bonitos carteis.

 

A NOSA CANCIÓN SOBRE HISTORIA

Ademais de varios vídeos sobre historia, aproveitamos a nosa participación no certame intercentros para crear unha bonita canción na que se reflexiona sobre o acontecido na historia e que, todo o terrible que pasou, non se volva repetir.

Agardamos que vos guste!!

QUE NON SE REPITA A HISTORIA

PELÍCULAS SOBRE HISTORIA

Durante este curso fixemos varias películas con clicks sobre historia. Son as seguintes:

A PREHISTORIA

CAMIÑO A NOVAS TERRAS

AS TRES VALIENTES

O DÍA QUE ROMA CAEU

ROMPENDO MUROS

 

Distribuir contido