Magosto
Magosto 2023
Enviado por carmenvazquez o Mér, 08/11/2023 - 07:37A SEMANA PASADA FOI UN NON PARAR DE FESTA; O TALLER DE CABAZAS,DISFRACES TERRORÍFICOS...E CO MAGOSTO PECHAMOS A SEMANA FESTEIRA,AÍNDA QUE O TEMPO NON ACOMPAÑOU A FESTA NON PAROU E O VENRES COMEMOS CASTAÑAS ASADAS QUE NOS ASOU O CASTAÑEIRO RAMÓN QUE POR MOR DO MAL TEMPO NON NOS POIDO ACOMPAÑAR PERO PARA O VINDEIRO ANO CONTAREMOS CON ÉL.AS FAMILIAS COMO SEMPRE TAN IMPORTANTES NO NOSO CENTRO NOS ACOMPAÑARON E POIDEMOS DISFRUTAR TODOS/AS XUNTOS DO MAGOSTO NO PONTE DE XUVIA 2023.
MAGOSTO de maria
MAGOSTO 2022
Enviado por lauracabarcos o Mar, 06/12/2022 - 17:54Despois do Samaín non podíamos deixar de festexar o Outono achegando O Magosto ata o CEIP Plurilingüe Ponte de Xuvia.
Así que un ano máis preparamos uns curiosos cucuruchos con material reciclado e comimos as castañas asadas que tanto nos gustan.
Aquí vos deixamos un vídeo para compartir esta rica e divertida xornada!
MAGOSTO 2021
Enviado por lauracabarcos o Dom, 21/11/2021 - 08:49Despois das cabazas continuamos dando vida ao Outono celebrando desde o »
MAGOSTO 2019
Enviado por carmenvazquez o Sáb, 29/02/2020 - 19:11CELEBRACIÓN DO MAGOSTO NO C.E.I.P. PONTE DE XUVIA
O venres 16 de novembro celebramos no noso cole o Magosto. De lonxe chegou o castañeiro coa súa locomotora para asar as castañas. ¡¡¡Que ricas estaban!!!!
Pero antes de papar estivemos divertíndonos cuns xogos populares elaborados pola nosa mestra de Educación Física. Primeiro xogaron os máis pequenos, infantil e 1º de primaria; o mais interesante foi que mesturamos as clases e fixemos 6 grupos e os nenos e nenas de 6º de primaria eran os que nos explicaban as reglas de cada xogo.
Despois tocoulles o turno aos nenos e nenas de 2º a 5º de primaria que, tamén mesturados, xogaron ás seis actividades propostas. Fora estaba o paracaidas, o circuito en motos, bicis e patinetes e o xogo da cuchara; dentro do ximnasio xogamos á ra, rato que te pilla o gato e estatuas musicais. Pasou o tempo rapidísimo.
Despois de merendar o que trouxemos de casa, os pais e nais colaboradores repartíronnos castañas que aínda que eran pequenas estaban deliciosas.
Aquí vos deixo unha presentación de mostra para que vexades que ben o pasamos. Grazas aos membros do ANPA que viñeron a axudar, aos titores que nos axudaron a facer o cucurucho e o cestiño de brick, aos nenos/as de 6º que nos explicaron os xogos, a mestra de educación física, ao profe de música que nos conseguíu a música para bailar e a os nenos e nenas que trouxeron bicis e patinentes para facer o circuito.
Que ben funcionan as cousas cando se implica todo o mundo GRAZAS DE CORAZÓN.
¡¡¡¡¡¡ VIVA O MAGOSTO!!!!
MAGOSTO 2017
UN ANO MÁIS CELEBRAMOS O MAGOSTO CELEBRANDO CUNHA SESIÓN DE XOGOS POPULARES E COMPARTINDO CASTAÑAS, ZUME E LEITE NO PATIO DE RECREO.
GRAZAS A RAMÓN, O NOSO CASTAÑEIRO; AOS MEMBROS DO A.N.P.A POLA SÚA COLABORACIÓN, Á MESTRA DE EDUCACIÓN FÍSICA E, EN DEFINITIVA, A TODOS AQUELES QUE CADA ANO FAN QUE CONTINUEMOS CELEBRANDO UNHA FESTA TAN IMPORTANTE COMO ESTA.
PREMEDE NA IMAXE PARA VER QUE BEN O PASAMOS!
MAGOSTO 2016
Enviado por Mª José J. Valbuena o Ven, 23/12/2016 - 17:08SE QUEREDES VER O BEN QUE O PASAMOS FESTEXANDO O MAGOSTO PREMEDE NA IMAXE OU MIRADE DIRECTAMENTE NO APARTADO DE ACTIVIDADES EN NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.
MAGOSTO 2015
Enviado por Mª José J. Valbuena o Ven, 06/11/2015 - 19:07ESTE ANO FESTEXAMOS O MAGOSTO FACENDO UN MONTÓN DE ACTIVIDADES. COMEZAMOS POR UNS XOGOS ORGANIZADOS POR RAQUEL, A MESTRA DE EDUCACIÓN FÍSICA, EN COLABORACIÓN CO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA. O ANO PASADO GUSTOUNOS TANTO QUE ESTE ANO TIÑAMOS QUE REPETIR DE NOVO! OS XOGOS FORON:
- OS BIRLOS
- O PARACAIDAS
- CANCIÓN DA CASTAÑA
- ENCESTA A CASTAÑA
DESPOIS COMEMOS AS CASTAÑAS, PRIMEIRO OS COMPIS DE EDUCACIÓN INFANTIL E DESPOIS OS DE EDUCACIÓN PRIMARIA, PERO COMPARTIMOS UN TEMPO NO RECREO XUNTOS, PARA QUE O DÍA, SE CABE, FOSE MÁIS ESPECIAL TODAVÍA.
XA PARA REMATAR, A MESTRA DE MÚSICA, CRISTINA, PREPAROU UNHA CANCIÓN QUE SUPUXO O FIN DE FESTA PARA UN DÍA INTENSO E MOI DIVERTIDO.
MOITAS GRAZAS A TODO O PROFESORADO QUE COLABOROU NA ORGANIZACIÓN TANTO DE XOGOS COMO DE REPARTO DE BEBIDAS E CASTAÑAS...E COMO NON A RAMÓN, O CASTAÑEIRO, QUE XA É TODO UN CLÁSICO NO MAGOSTO DE PONTE DE XUVIA.
XOGOS POPULARES NO MAGOSTO
Enviado por Mª José J. Valbuena o Dom, 21/12/2014 - 09:03NESTE CURSO 2014/2015 PARA CELEBRALO MAGOSTO NA ESCOLA CONTAMOS COMO OUTROS ANOS CON RAMÓN, O NOSO CASTAÑEIRO PARTICULAR. PERO ADEMAIS ORGANIZAMOS NA ESCOLA UNS XOGOS POPULARES QUE SE DESENVOLVERON NA PRIMEIRA PARTE DA MAÑÁ. HOUBO TRES QUENDAS: UNHA PARA 1º,2º E 3º; DESPOIS OUTRA PARA TODO O CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL E, POR ÚLTIMO, UNHA PARA 4º, 5º E 6º.
A ORGANIZADORA PRINCIPAL FOI MALENA, A MESTRA DE EDUCACIÓN FÍSICA, XUNTO CON RAPACES E RAPAZAS DE 6º DE PRIMARIA, QUE ESTABAN EN DISTINTOS PUNTOS EXPLICANDO O FUNCIONAMENTO DOS XOGOS.
HOUBO CINCO XOGOS POLOS QUE FORON ROTANDO OS DIFERENTES GRUPOS: OS BIRLOS, AS CULLERES, OS CUCURUCHOS, A RODA DA CASTAÑA E TIRO DE CORDEL.
CADA GRUPIÑO TIÑA DEZ MINUTOS APROXIMADAMENTE PARA XOGAR NO RECANTO E DESPOIS SE CAMBIABA. FOI UNHA ACTIVIDADE MOI DIVERTIDA, QUE SEGURO REPETIREMOS NOUTRA OCASIÓN.
MOITAS GRAZAS A TODO O PROFESORADO E ALUMNADO POR PARTICIPAR, EN ESPECIAL A MALENA QUE O ORGANIZOU XENIAL.
Magosto
O magosto é unha festa que se celebra no outono. Entre finais de outubro e todo novembro poderemos gozar deles en numerosos sitios do norte e oeste de España. É un acontecemento no que se dá unha fantástica mestura de diversión,cultura, ritos, boa comida e natureza.
É unha celebración de tradición celta, que une Natureza e mitoloxía por medio do tres elementos principais: as castañas, o viño e a fogueira. Un festexo que ten connotacións máxicas entre o fume das fogueiras e o mundo dos mortos, polo que antigamente celebrábase o Día de Todos os Santos xunto aos cemiterios e igrexas. A castaña simboliza a inmortalidade ao provir dunha árbore de longa vida, e dise que cada castaña que estala no lume supón a liberación dunha alma encerrada no purgatorio.
En xeral Para a festa prepáranse grandes fogueiras con leña de brezo e nelas ásanse as castañas. Daquela os mozos saltaban sobre as chamas para purificarse co fume. Cando se formaron as brasas, sobre elas colócase un recipiente metálico, cilíndrico, con buracos na súa base, chamado tambor ou tixolo, específico para asar as castañas. Todos estes festexos complétanse coa degustación da carne de porco, o chourizo, as castañas e o viño, e aderézase co son das gaitas que amenizan as xornadas.
Hai quen, como parte desta festa, se tizna a cara coas cinzas da fogueira, salta as fogueiras (din que atrae a boa sorte) ou participa con distintos xogos tradicionais, contos e cantando cancións tradicionais.