Proxecto 21/22 - Ponte á historia

Palestina

Os nenos/as de 4º e 6º Primaria estivemos repasando como era esta provincia do imperio tendo en conta a visión bíblica do nacemento de Xesús.

 

Esperamos que vos guste.

Exipto

Os alumnos/as de 5ºPrimaria fixemos un genially dende o Exipto actual ata a historia de Moisés.

 

Esperamos que sexa entretido.

 

Antigo Exipto

Neste curso, os nenos e nenas da aula de 3 anos estivemos a traballar sobre o Antigo Exipto e descubrimos unha morea de cousas interesantes que queremos compartir convosco. 

Esperamos que vos guste o noso traballo!

 

 

 

A Idade Contemporánea

Quen quere viaxar cos alumnos de 6º de primaria aos comezos da idade contemporánea? A través de 5 episodios creados en Radio Ponte, os alumnos darán a coñecer e participaran nestes importantes feitos históricos. Acompañádesnos?


 

ROMA

Para colaborar coa liña do tempo do noso cole, os nenos e nenas de terceiro investigamos sobre Roma. Para ensinarvos todo o que aprendimos fixemos un lapbook que vos amosamos no seguinte vídeo e que desexamos que vos guste tanto como a nós nos gustou facelo.

 

A PREHISTORIA

A CLASE DE 4 ANOS PASOU UN TEMPO MOI DIVERTIDO APRENDENDO SOBRE A PREHISTORIA: DENDE RECREAR A SÚA PROPIA COVA, PASANDO POLAS PINTURAS RUPESTRES, E COMO NON... BAILANDO!!!

SE QUEREDES PASAR UN RATIÑO DIVERTIDO E VER CANTO APRENDERON, PINCHADE NO SEGUINTE ENLACE, E POR SUPOSTO ANIMÁDEVOS A CANTAR CON NÓS!!

 

A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS EN COLABORANDO NO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO QUE PARTE DA BIBLIOTECA ESCOLAR, E COA AXUDA DE NICOLEO E AS FAMILIAS, QUEREN PRESENTARVOS CANTO APRENDERON SOBRE A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL.

TODO O APRENDIDO FOI MEDIANTE INVESTIGACIÓN, SESIÓNS DE FILOSOFÍA PARA NENOS E NENAS, E MOITO TEMPO BUSCANDO COUSIÑAS INTERESANTES EN LIBROS. 

GRECIA ANTIGA

Exposición de Grecia Antiga polo alumnado de 2º de Primaria.

 

A Idade Media por 5º de primaria

Ola!!! Somos os nenos e nenas de quinto de primaria. Durante este fascinante curso estivemos investigando sobre a idade media. Fixemos tantas cousas...

Desvelamos por fin aquí o noso traballo de investigación que fixemos da idade media: Fixemos un genially de historia, outro de moda, outro de música e outro da decoración e os escenarios que fixemos para unha obra de teatro. A que mola??

Clicando nestas imaxes podedes ver cada un dos nosos geniallys. Agardamos que vos guste!!!!  

 

BENVIDOS A XOGOSAURO

Os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria queremos presentarvos o “XOGOSAURO”, o xogo no que poderedes descubrir todo o que coñecedes dos dinosauros e aprenderedes moitas cousas novas a través dun traballo cargado de experimentos, manualidades

Distribuir contido