4º curso EI

MAIOS

O MES PASADO CELEBRAMOS A CHEGADA DA PRIMAVERA FACENDO UN  MAIO NO COLE.

VISITA DE LORENA

HAI UNHAS SEMANAS RECIBIMOS A VISITA DE LORENA, A NAI DE ENMA.

CON LORENA FIXEMOS UNS VERMIÑOS USANDO OS ENVASES DOS OVOS. APRENDIMOS QUE RECICLANDO TAMÉN SE PODEN FACER  XOGUETES, E ADEMÁIS, QUE NÓS MESMOS OS PODEMOS CONSTRUIR.

ANIVERSARIO MARCO

NO MES DE ABRIL ESTIVO DE ANIVERSARIO MARCO, XA CUMPRÍU OS 4 ANOS. TODOS NÓS O CELEBRAMOS CON EL. 

MARCO SOPROU AS CANDEAS E DESPOIS TODOS XUNTOS COMIMOS BISCOITO.

PARABÉNS MARCO!!!!!

VISITA PAIS DE LUIS

HAI POUCO RECIBIMOS A VISITA DE FINI E ÁNGEL , OS PAIS DE LUIS. CONTÁRONNOS O CONTO DAS FABAS MÁXICAS E TAMÉN NOS ENSINARON A PLANTAR EN ALGODÓN. PARA ESTO PRECISAMOS ALGODÓN , UN VASIÑO,  FABAS E COMO NON AUGA PARA REGAR.

PARA ALGÚNS DE NÓS FOI TODO UN DESCUBRIMENTO SABER QUE SE PODE USAR ALGODÓN EN VEZ DE TERRA PARA PLANTAR.

VISITA FAMILIA DE VALENTINA

TIVEMOS A VISITA DA FAMILIA DE VALENTINA. COS PAIS DE VALENTINA ( MARÍA E JOSÉ LUIS) E COS SEUS CURMÁNS ( ISMA E IRENE) FIXEMOS UN BOTE DA CALMA.

PARA FACELO PRECISAMOS AUGA, GLICERINA E PURPURINA.

MURAL INTERCENTOS

ESTE ANO, OS DE NENOS E NENAS DE TRES ANOS, TAMÉN PARTICIPAMOS NO CERTAME DE INTERCENTROS QUE ORGANIZA O CONCELLO DE NARÓN. NO MURAL QUE PRESENTAMOS, FIXEMOS UN MOUCHO E PARA ISTO BASEÁMONOS NO POEMA DO MESMO NOME DA ESCRITORA GALEGA ROSALÍA DE CASTRO. ADEMÁIS IMOS PARTICIPAR NO APARTADO DE REPRESENTACIÓNS COA CANCIÓN "EU SON ARTISTA E VEÑO DE PARÍS " DO GRUPO "MAMÁ CABRA"

ANIVERSARIO ANTÓN, MIGUEL E ENMA

ENMA , ANTÓN E MIGUEL XA TEÑEN 4 ANOS E CELEBRÁMOLO NO COLE TODOS XUNTOS. SOPRARON AS CANDEAS, CANTÁMOSLLES O CUMPREANOS FELIZ E POR SUPOSTO COMIMOS UN BISCOITO RIQUÍSIMO.

PARABÉNS!!!!!

VISITA PATRICIA

 VISITOUNOS PATRICIA, A NAI DE DIEGO.  PATRICIA BAILA BAILE TRADICIONAL E TAMÉN CANTA E TOCA A PANDEIRETA. PARA QUE NÓS COÑECÉRAMOS ALGO MÁIS DA NOSA CULTURA TRÓUXONOS INSTRUMENTOS TÍPICOS DA CULTURA TRADICIONAL GALEGA (PANDEIRETAS, CUNCHAS, PANDEIRO, CASTAÑOLAS.... E MOITOS MÁIS). CON ELA CANTAMOS E TOCAMOS. TAMÉN NOS ENSINOU TRAXES TÍPICOS DE GALICIA E ALGÚNS DE NÓS VESTÍMONOS  CON ELES E...

VISITA DA NAI DE ANTÓN

DELFI, A NAI DE ANTÓN, VEUNOS VISITAR E FACER UNHA ACTIVIDADE CON NÓS. FIXEMOS UN COELLIÑO , PARA FACELO PRECISAMOS UN VASIÑO DE PLÁSTICO, GOMA EVA PARA AS ORELLAS, OLLOS DE PLÁSTICO E LIMPIAPIPAS PARA OS BIGOTES.

QUEDOUNOS UN COELLIÑO MOI DIVERTIDO.

GRACIAS DELFI!!!!

 

 

VISITA DE LAURA

VISITOU A NOSA AULA LAURA , A NAI DE HUGO. LAURA TRÓUXONOS UNHA ACTIVIDADE NA QUE FIXEMOS UN XOGUETE  NOS MESMOS. 

Distribuir contido