Actividades

ROSALÍA DE CASTRO

O 23 DE FEBREIRO DE 1837 NACEU ROSALÍA DE CASTRO, ESCRITORA E POETA GALEGA, CONSIDERADA A MÁIS ILUSTRE FIGURA DA LÍRICA MODERNA, E PRINCIPAL RESPONSABLE DE REXURDIMENTO GALEGO XUNTO CON EDUARDO PONDAL E CURROS ENRÍQUEZ.

DENDE O EDLG DO CENTRO, EN COLABORACIÓN CON TODO O EQUIPO DOCENTE, NENOS E NENAS QUEREMOS RENDIRLLE ESTA PEQUENA HOMENAXE.

AGRADECEMOS A RADIO PONTE A CESIÓN DO SEU PROGRAMA ESPECIAL CON MOTIVO DO NACEMENTO DE ROSALÍA.

 

 

ROSALIA de Vero Ramos

ENTROIDO 2024

REMATADO O MES DE ENTROIDO, QUEREMOS COMPARTIR CON VÓS UN PEQUENO RESUMO DE COMO VIVIMOS ESTA FESTA NO COLE.

QUEREMOS AGRADECER A PARTICIPACIÓN DE TODAS AS FAMILIAS, EQUIPO DOCENTE, PERSOAL DO CENTRO, ASÍ COMO AO CONCELLO, POR COLABORAR CON NÓS.

FELICITAR A TODAS AS FAMILIAS POLAS LARPEIRADAS TAN BOAS, SABOROSAS E BEN PRESENTADAS, QUE CADA ANO ACHEGADES NESTAS DATAS, E POR SUPOSTO NORABOA Á FAMILIA DE XAVI E HUGO POR AS FILLOAS GAÑADORAS!!!

 

 

ENTROIDO de Vero Ramos

 

XA NOS TARDA O VINDEIRO ENTROIDO!!!

POSTAIS DE NADAL

CHEGOU DE NOVO O TEMPO DE NADAL, E COMA TODOS OS ANOS DENDE O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA QUEREMOS FELICITAR AOS NENOS E NENAS QUE CON TANTO ESFORZO FIXERON POSIBLE OUTRO CURSO MÁIS A CELEBRACIÓN DESTE EVENTO.

CADA ANO É MÁIS DIFÍCIL DECIDIR... O XURADO TIVO MOITAS DÚBIDAS, PERO AO FINAL ESTE É O RESULTADO...

 

POSTAIS DE NADAL de Vero Ramos

GRAZAS A TODOS POLA VOSA IMPLICACIÓN!!!

PASÁMOLO DE CINE

ESTE TRIMESTRE TIVEMOS A SORTE DE COMPARTIR O NOSO TEMPO E AS NOSAS APRENDIZAXES CON ALE. CON ELA APRENDIMOS O QUE É O CINE MUDO, E COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO, DESEÑAMOS E REPRESENTAMOS A NOSA PROPIA PELI MUDA, BASEADA NO CONTO A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA.

VISIONAMOS UNHA PELÍCULA MUDA DE WALT DISNEY, LIMOS O CONTO NO QUE NOS IAMOS BASEAR, ESCOLLIMOS PERSONAXES, ELABORAMOS AS CARETAS, ESCULPIMOS AS CACAS DE CADA ANIMAL, ENSAIAMOS E POR ÚLTIMO GRABAMOS A NOSA PELI...

AGARDAMOS QUE A DISFRUTEDES TANTO COMA NÓS!!!

 ALE NON SABES CANTO TE IMOS BOTAR DE MENOS!!!

TRUCO OU TRATO?

MONSTROS, PANTASMAS, BRUXAS E ZOMBIS CONTINUARON ENCHENDO O PONTE DE XUVIA O PASADO MARTES 31 DE OUTUBRO, DEIXÁNDONOS ALUCINANTES SORPRESAS E MOITAS RISAS NA PRIMEIRA SESIÓN DE TRUCO OU TRATO FESTEXADA NO COLE E SACANDO A RELUCIR AS NOSAS MELLORES GALAS…

OU DEBERÍAMOS DICIR AS NOSAS VESTIMENTAS MÁIS TERRORÍFICAS?

TRUCO OU TRATO SAMAÍN 2023

CABAZAS E MERENDAS...

O PASADO LUNS DÍA 30 DE OUTUBRO, TIVO LUGAR NO COLE UN ACONTECEMENTO NO QUE AS FAMILIAS, OS NENOS E NENAS, MESTRES E MESTRAS PASÁMOLO DE MEDO...

A DECORACIÓN DE CABAZAS FOI UN ÉXITO, PERO SEN LUGAR A DÚBIDAS AS MERENDAS TERRORÍFICAS DERON MEEEEEDO, TANTO POLA CANTIDADE COMA POLA CALIDADE DAS MERENDAS QUE XUNTAMOS... TODAS AS QUE POIDEMOS PROBAR ESTABAN BOÍSIMASSSSS. COMO DICÍAN AS NOSAS AVOAS: NON PERDADES AS MAÑAS ;)

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS E TODAS POR COLABORAR UN ANO MÁIS!!!

 

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE ESTE PEQUENO RECOPILATORIO DE FOTOS :)

 

comeza o samaín.... de Vero Ramos

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O XOVES 23 DE FEBREIRO CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA.

NESTA OCASIÓN, AS FAMILIAS, OS NENOS E AS NENAS DECIDIRON CAL ERA A SÚA VERBA FAVORITA E DECORARON UNS MARCADORES QUE FACÍAN DE FOLLAS DA NOSA ÁRBORE.

O XOVES NA ÚLTIMA SESIÓN DA MAÑÁ, TODOS OS NENOS E NENAS, MESTRAS E MESTRES, XUNTÁMONOS NO PATIO E COMPARTIMOS AS VERBAS, QUE AGORA NOS ACOMPAÑAN NA ÁRBORE NO PATIO CUBERTO.

 

 

 

Diseño de Vero Ramos GRAZAS A TODAS E TODOS POR COLABORAR NESTA CELEBRACIÓN!!!

ENTROIDO

A SEMANA DO 13 AO 17 DE FEBREIRO CELEBRAMOS O ENTROIDO NO COLE. 

O MECO "MANOLIÑO" ENCARGOUSE DE IR MARCANDO COMO TIÑAMOS QUE VIR VESTIDOS CADA DÍA: O LUNS EN PIXAMA, O MARTES EN PIXAMA DO REVÉS, O MÉRCORES CON ZAPATOS CAMBIADOS E O XOVES CON DISFRAZ LIBRE. PÁSAMOLO MOI BEN, FORON MOITAS RISAS E DIVERSIÓNS TODOS E TODAS XUNTAS.

MAIS A COUSA NON QUEDOU AQUÍ: O VENRES PARA REMATAR O ENTROIDO NO COLE VIÑEMOS TODOS E TODAS DISFRAZADOS DE SUPER HEROES!!!!.

QUEREMOS DAR AS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN NA ELABORACIÓN DOS DIFRACES, E TAMÉN POR TANTO TRABALLIÑO ELABORANDO E COCIÑANDO LARPEIRADAS DE ENTROIDO PARA QUE OS NENOS E NENAS DO COLE TIVESEN UNHA FESTA TAN DOCE.

GRAZAS TAMÉN Á ANPA POLA SÚA COLABORACIÓN NESTA FESTA!!!

AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA PEQUENA MOSTRA...

entroido no de Vero Ramos

 

 

POR ÚLTIMO DENDE O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA QUEREMOS DARLLE A NORABOA Á FAMILIA DE ANTÓN VILLASUSO DE 2º DE PRIMARIA, POR SER OS GAÑADORES NO CONCURSO DE LARPEIRADAS!!! ESTABA TODO BOÍSIMO E FOI MOI DIFÍCIL DECIDIR, PERO O SABOR, A PRESENTACIÓN E O AGARIMO QUE PUXO A FAMILIA DE ANTÓN, LEVOUNOS A GAÑAR UNHA FANTÁSTICA CESTA ELABORADA POLA COOPERATIVA DO VAL, CON PRODUTOS TÍPICOS DE ENTROIDO.

 

Sin título (29.7 × 21 cm) (Collage de fotos) de Vero Ramos

GRACIÑAS A TODOS E TODAS!!!

É NADAL NO PONTE DE XUVIA!

Queridas familias,

Antes de rematar este 2022 e dun xeito moi orixinal queremos DESEXARVOS unhas MOI FELICES FESTAS.

 

Agardamos que vos guste a nosa colección de gifts navideños!

 

Postal de Nadal 2022

POSTAIS DE NADAL

O NADAL XA ESTÁ AQUÍ, E COMA TODOS OS ANOS OS NENOS E NEAS DO COLE PONTE DE XUVIA, QUIXERON FELICITAR ÁS FAMILIAS COAS SÚAS POSTAIS NAVIDEÑAS. ESTE ANO ADEMAIS ALGUNHAS POSTAIS FORON ENVIADAS AO CHUF PARA INTENTAR SACAR UN SORRISO A AQUELAS PERSOAS QUE ESTÁN NUNMOMENTO DAS SÚAS VIDAS MÁIS DELICADO...

COMO CADA ANO O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA QUERE AGASALLAR O ESFORZO E TRABALLO TAN BEN FEITO, DE XEITO QUE OS CURSOS DE INFANTIL, 1º, 2º E 4ºA DE PRIMARIA RECIBIRÁN UN LIBRO PARA A SÚA AULA, E OS NENOS E NENAS DE 3º, 4ºB, 5º E 6º DE PRIMARIA PARTICIPARON NO CONCURSO DE POSTAIS. OS NENOS E NENAS PREMIADAS FORON: SABELA, NADIA, MINH E ENMA. NORABOA!!! E A DISFRUTAR DA LECTURA!!!

 

PINCHANDO NA IMAXE PODEREDES VER O PROCESO E RESULTADO DE TANTO TRABALLO. AGARDAMOS QUE VOS GUSTE :)

 

 

BO NADAL!!!

Distribuir contido