blogue devrbasoa
Revista escolar 2024
Enviado por vrbasoa o Lun, 10/06/2024 - 05:10Non queriamos rematar o curso sen mostrarvos todas as actividades e proxectos que levamos a cabo no cole durante este curso. Para que poidades velas e descubrir os nosos traballos, aquí vos traemos a revista deste curso 2023-2024.
Agardamos que vos guste!
AMBIENTES SEGUNDO TRIMESTRE
Enviado por vrbasoa o Mér, 20/03/2024 - 16:56REMATADO O SEGUNDO TRIMESTRE, QUEREMOS COMPARTIR CON VOS UNHA PEQUENA PARTE DAS NOSAS EXPERIENCIAS EN AMBIENTES. AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!!!
ROSALÍA DE CASTRO
Enviado por vrbasoa o Xov, 29/02/2024 - 11:04O 23 DE FEBREIRO DE 1837 NACEU ROSALÍA DE CASTRO, ESCRITORA E POETA GALEGA, CONSIDERADA A MÁIS ILUSTRE FIGURA DA LÍRICA MODERNA, E PRINCIPAL RESPONSABLE DE REXURDIMENTO GALEGO XUNTO CON EDUARDO PONDAL E CURROS ENRÍQUEZ.
DENDE O EDLG DO CENTRO, EN COLABORACIÓN CON TODO O EQUIPO DOCENTE, NENOS E NENAS QUEREMOS RENDIRLLE ESTA PEQUENA HOMENAXE.
AGRADECEMOS A RADIO PONTE A CESIÓN DO SEU PROGRAMA ESPECIAL CON MOTIVO DO NACEMENTO DE ROSALÍA.
ROSALIA de Vero Ramos
ENTROIDO 2024
Enviado por vrbasoa o Mér, 28/02/2024 - 15:50REMATADO O MES DE ENTROIDO, QUEREMOS COMPARTIR CON VÓS UN PEQUENO RESUMO DE COMO VIVIMOS ESTA FESTA NO COLE.
QUEREMOS AGRADECER A PARTICIPACIÓN DE TODAS AS FAMILIAS, EQUIPO DOCENTE, PERSOAL DO CENTRO, ASÍ COMO AO CONCELLO, POR COLABORAR CON NÓS.
FELICITAR A TODAS AS FAMILIAS POLAS LARPEIRADAS TAN BOAS, SABOROSAS E BEN PRESENTADAS, QUE CADA ANO ACHEGADES NESTAS DATAS, E POR SUPOSTO NORABOA Á FAMILIA DE XAVI E HUGO POR AS FILLOAS GAÑADORAS!!!
ENTROIDO de Vero Ramos
XA NOS TARDA O VINDEIRO ENTROIDO!!!
Primeiros pasos en Ambientes
Enviado por vrbasoa o Mér, 20/12/2023 - 16:14AQUÍ ESTÁN AS NOSAS PRIMEIRAS EXPERIENCIAS, NUNHA METODOLOXÍA NA QUE DÍA A DÍA DESCUBRIMOS E APRENDEMOS XUNTOS. SON OS NOSOS COMEZOS, ASÍ QUE SEGUIREMOS TRABALLANDO PARA MELLORAR :)
AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.
POSTAIS DE NADAL
Enviado por vrbasoa o Mér, 20/12/2023 - 15:27CHEGOU DE NOVO O TEMPO DE NADAL, E COMA TODOS OS ANOS DENDE O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA QUEREMOS FELICITAR AOS NENOS E NENAS QUE CON TANTO ESFORZO FIXERON POSIBLE OUTRO CURSO MÁIS A CELEBRACIÓN DESTE EVENTO.
CADA ANO É MÁIS DIFÍCIL DECIDIR... O XURADO TIVO MOITAS DÚBIDAS, PERO AO FINAL ESTE É O RESULTADO...
POSTAIS DE NADAL de Vero Ramos
GRAZAS A TODOS POLA VOSA IMPLICACIÓN!!!
PASÁMOLO DE CINE
Enviado por vrbasoa o Mar, 19/12/2023 - 20:46ESTE TRIMESTRE TIVEMOS A SORTE DE COMPARTIR O NOSO TEMPO E AS NOSAS APRENDIZAXES CON ALE. CON ELA APRENDIMOS O QUE É O CINE MUDO, E COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO, DESEÑAMOS E REPRESENTAMOS A NOSA PROPIA PELI MUDA, BASEADA NO CONTO A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA.
VISIONAMOS UNHA PELÍCULA MUDA DE WALT DISNEY, LIMOS O CONTO NO QUE NOS IAMOS BASEAR, ESCOLLIMOS PERSONAXES, ELABORAMOS AS CARETAS, ESCULPIMOS AS CACAS DE CADA ANIMAL, ENSAIAMOS E POR ÚLTIMO GRABAMOS A NOSA PELI...
AGARDAMOS QUE A DISFRUTEDES TANTO COMA NÓS!!!
ALE NON SABES CANTO TE IMOS BOTAR DE MENOS!!!
CABAZAS E MERENDAS...
Enviado por vrbasoa o Xov, 02/11/2023 - 15:54O PASADO LUNS DÍA 30 DE OUTUBRO, TIVO LUGAR NO COLE UN ACONTECEMENTO NO QUE AS FAMILIAS, OS NENOS E NENAS, MESTRES E MESTRAS PASÁMOLO DE MEDO...
A DECORACIÓN DE CABAZAS FOI UN ÉXITO, PERO SEN LUGAR A DÚBIDAS AS MERENDAS TERRORÍFICAS DERON MEEEEEDO, TANTO POLA CANTIDADE COMA POLA CALIDADE DAS MERENDAS QUE XUNTAMOS... TODAS AS QUE POIDEMOS PROBAR ESTABAN BOÍSIMASSSSS. COMO DICÍAN AS NOSAS AVOAS: NON PERDADES AS MAÑAS ;)
MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS E TODAS POR COLABORAR UN ANO MÁIS!!!
AGARDAMOS QUE VOS GUSTE ESTE PEQUENO RECOPILATORIO DE FOTOS :)
comeza o samaín.... de Vero Ramos
Revista escolar 2023
Enviado por vrbasoa o Lun, 19/06/2023 - 18:24Non queríamos rematar o curso sen mostrarvos todas as actividades e proxectos que levamos a cabo no cole durante este curso. Para que poidades velas e descubrir os nosos traballos, aquí vos traemos a revista deste curso 2022-2023.
Agardamos que vos guste!
2 ABRIL
Enviado por vrbasoa o Mar, 23/05/2023 - 16:312 de Vero Ramos
DÍA MUNDIAL DO AUTISMO
O día 2 de abril conmemorouse o Día Mundial do Autismo. Desde o colexio quixemos formar parte desta data para visibilizar ás persoas con este trastorno. Persoas como calquera outras, pero cunha forma de percibir o seu entorno, as relacións sociais e a comunicación dun xeito distinto ao que estamos habituados e que debemos coñecer para entendelas e incluilas no noso día a día.
Para isto, e durante a última semana do trimestre, traballouse nas titorías cómo perciben o mundo as persoas con autismo e cómo podemos axudar a facilitarlles o entendemento do que lles rodea e que moitas veces para eles é tan caótico.
Para darlle un broche final fixemos, entre todo o alumnado e profesorado, un mural co símbolo do infinito que identifica a este colectivo. O infinito con todas as cores do arco da vella, cores que representan a diversidade dentro do propio autismo, xa que non hai dúas persoas iguais, hai un amplo abano ao que técnicamente dáse en chamar espectro autista.
Facer este tipo de actividade aproveitando esta data e facéndoa extensible a todo o ano axudará a que o noso mundo sexa moito máis enriquecedor e confortable para todos. Baseándonos no respecto e vendo as diferenzas como diversidade faránnos crecer como persoas empáticas, comprensivas, tolerantes e coñecedoras de que non hai dúas persoas iguais. Todos e todas temos singularidades e o feito de entendernos promove a liberdade de todos e cada un de nós. De aí as nosas pegadas de cores ao redor do infinito. Todos somos partícipes e todos podemos facer que os demais se sintan recoñecidos e estimados.