MAGOSTO 2019

O pasado venres 22 de novembro celebramos no centro o magosto. As 9:30 da mañá fixemos 6 grupos mesturados de nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria. Fomos ao ximnasio onde Ana, a nosa mestra de Educación Física, preparara 6 xogos tradicionais galegos: a rá, os zancos, os bolos, as chapas, sogatira e petanca. As 10:30 tocoulles o turno aos nenos e nenas de 4º,5º e 6º de Educación Primaria que de novo mesturados baixaron ao ximnasio a desfrutar dos xogos tradicionais. Compartimos o recreo coa rapazada de Infantil que nos esperaba xa comendo castañas e bebendo leite. O castañeiro asou as castañas no seu “forno-locomotora” e un grupo de pais e nais repártironnas . Estaban deliciosas!!!! Queremos salientar o feito de que lles pedimos ao alumnado que trouxeran un vaso da casa para o leite para evitar o consumo de vasos de plástico de un só uso, este ano queremos concienciar aos nenos e nenas coa idea de que hai que reutilizar e tratar de non usar materiais de plástico que tanto contaminan o noso planeta.

Despois do recreo tocoulles o turno aos de Infantil. Para os máis pequenos e pequenas Ana preparou 4 xogos: a rá, circuito de obstáculos, bolos e paracaidas. Pasárono boooombaaaa. Vaia mañá máis intensa!!!!

Aquí podedes ver algunha foto dese día.