3º curso

Cancións Nadal

Estas son as cancións do festival de Nadal para que os nenos e nenas poidan ir ensaiando.

Rockin´ around the christmas tree

Shake up, Christmas

 

Plantamos na clase con Vanessa, nai de Yago Freire

Como xa está a converterse en tradición, este ano outra vez contamos coa marabillosa colaboración de Vanessa, a nai de Yago Freire, para que nos axudase a montar a nosa particular horta na clase. Esta vez plantamos unha leituga cada un e ademais, en conxunto, unhas pouquiñas cabazas, allos, patacas, tulipáns e legumes en algodón.

Premendo na imaxe veredes un vídeo deste bonito día.

 

Día de Rosalía: "O moucho"

Este ano no día de Rosalía, cada curso recitou no patio poemas de Rosalía de Castro e, entre todos, cantamos a canción "O moucho" de Migallas, baseada nun poema da escritora.

Premendo na imaxe veredes a actividade dese día.

Circuito de bicicleta na escola

O equipo de educación vial de Narón organizou na nosa escola un circuíto para bicicletas e patinetes para ensinarnos como montar mellor en bicicleta a partires de xogos e circuitos. Foi moi divertido!!

Premendo na imaxe veredes un anaquiño de vídeo desta actividade

Visita a Afundación Ferrol "Exposición fotográfica de Cristina Mittermeier"

E ao pouco de ir á DOMUS voltamos saír a visitar a exposición de Cristina Mittermeier que hai en Afundación en Ferrol. Cristina Mittermeier é unha fotógrafa mexicana que está moi implicada na conservación da natureza e, para isto, busca impactarnos coa súa fotografía onde nos amosa como o ser humano inflúe no seu entorno e, sobre todo, nos animais e no mar.

Se queredes ver a súa obra non dubidedes en ver a súa web que é excelente.

https://cristinamittermeier.com/

Día da Paz : Contos e Don Melitón

Este ano, polo Día da Paz, fixemos varias actividades. Por un lado, fomos á clase dos pequenos da escola a contarlles contos de paz e non violencia. LLes contamos os contos de "Negro e Branco" e "Orellas de Bolboreta" e, ademais, cantamos con todo o cole a canción "Don Melitón".

Agardamos que vos guste. Premendo na imaxe veredes o vídeo destas actividades.

Visita á DOMUS na Coruña

A primeira saída do ano 2019 levounos ata a DOMUS na Coruña. Primeiro vimos unha curtas relacionadas co medio ambiente, a importancia da ciencia... e, despois, disfrutamos moito percorrendo as salas do museo e xogando con todo o que nos atopábamos polo camiño.

Pasámolo xenial!!

 

Carreira de cross - Xogade

Para comezar ben o ano, xunto con outros coles da zona participamos nunha carreira de cross en Pedroso organizada por XOGADE.

Premendo na imaxe veredes un pequeno vídeo da actividade.

Festival de Nadal

E por fin chegou o festival de Nadal!!! Este ano preparamos unha bonita canción de Mamá Cabra chamada Tres reis en bicicleta na que os Reis Magos collen por primeira vez unha bicicleta e lles suceden unha morea de cousas, igualiño que a nós que tamén nos pasou de todo no escenario hehehe.

Nas imaxes de abaixo veredes un vídeo cos ensaios e outro co que aconteceu no festival, que estivo cargado de risas, agasallos e moitísima diversión.

Visita do apalpador

Este ano por primeira vez, tivemos o enorme pracer de recibir ao Apalpador na nosa escola. Viu o día antes porque ten moito traballo pero disfrutamos moito das súas historias e deunos un bonito agasallo para cada aula.

Ademais puidemos coñecer máis a este importante personaxe galego que agardamos volte moitas máis veces polo Nadal.

Coma sempre, premendo na imaxe veredes un vídeo da súa visita.

Distribuir contido