blogue demusicomiserable

Radio Ponte

Suscríbete á nosa canle de Radio. Estade conectados!!!

 

Homenaxe a Xela Arias

Aquí deixámosvos uns poemas de Xela Arias, en concero do seu libro "Dario a diario", recitados por alumnos e alumnas de todos os cursos.

"As Linguas das Viaxes de Nicoleo"

Aquí vos compartimos a nosa colaboración có proxecto da Biblio sobre as Viaxes de Nicoleo. Este proxecto forma parte, á vez, doutro de radio escolar que desenvolvimos na clase de 5º de primaria durante o 2º e 3º trimestres, esperamos que vos guste!!! (Moitas grazas a todas as familias que aportaron o seu gran de area)

O Bambam "Desinformativo"

Hai que estar ao día, das noticias das cousas importantes...ou tal vez non? Neste episodio os periodistas tráennos noticas que parecen sen sentido, pero son reais, e ademais coméntanas entre eles. A divertirse!!!

O Bambam "Homenaxe"

Emotivo programa O Bambam, dedicado aos nosos maiores. Era case obrigado nun ano como este rederlles unha homenaxe, lembralles o noso cariño e o noso agradecemento. "Homenaxe"...esperamos que vos guste.

Bookfluencers EP2 Novos Amigos

Neste episodio expandimos o clube. Os comapñeiros de terceiro súmanse a Boofluencers facendo as súas recomendacións sobre libros que leron e lles encantaron, querer compartir os seus decubrimentos. Ademáis teremos un concurso en directo sobre o libro que leron no primeiro trimestre "O lobo Ramón". E ainda que houbo algunhas dificultades técnicas para desenvolvelo, ao final conseguímolo. Grazas a todos! Esperamos que vos guste!

 

O Bambam "Un pouco de ciencia"

Neste episodio algúns compañeiros quixeron achegarnos ao mundo da ciencia, e aprendermos unha morea de cousas. Aconsellámosvos coller papel e lapis para anotar tantas cousas interesantes que nos van contar, e ademáis conseguirn entrevistar a un grande científico. Esperamos que vos guste.

 

O Bambam "Vamos al Insti"

Nesta ocasión, e por mor do COVID e que non se piudo ir aos instituos de visita como todos os anos, decidimos facer un programa especial con antiguos excompañeiros que nos contan como son as cousas no istituto, coidamos que vos sexa de moita utilidade a aqueles que estades a piques de deixar a primaria, e sorte!

Un día de Picnic (Homenaxe a Xela Arias)

Aquí vos dixamos un episodio dun novo programa titulado "POnteGalego". Este episodio, en concreto, é un homenaxe a Xela Arias que é a autora deste ano das letras galegas. Costou moito elaboralo porque non coñecíamos nada a esta escritora, ademáis quixemos presentalo a un concurso de podcasts escolares (a ver se gañamos ;-) ) Esperamos que vos guste e aprendades algo máis desta escritora, e non vos esquezades suscribiros a Radio Ponte!!!

Idea orixinal e Guión:Erea, Juan, Erik, Miguel e Alejandra

Técnico de son e grabación: Juan.

O Bambam: "Mundo animal con Carlos Rodríguez"

Hoxe traémosvos un episodio superespecial, un Bambam único e irrepetible. Hoxe acompáñanos Carlos Rodríguez de Ondacero para abordar asuntos do "Mundo animal". Esperamos que vos guste oílo tanto como a nós facelo, e que pasedes un tempo divertido na nosa compañía.

Locutores: Naomi, Alejandra, Alba, Tiago L e Antón G.

Técnicos: (Principal) Celso, (Axudante) Antón V.

Guión: 

    Sección Entrevista e chistes: Antón G, Alba e TiagoM

    Extinción: Uxía, Adrián B, Adrián S e Yago F

Distribuir contido