Blogues

Olimpiadas Nacionales Ed. Vial 2024

Queremos empezar o curso radiofónico cun episodio que quedou pendente do curso pasado. As Olimpiadas Nacionais de Educación Vial, celebradas en Narón o pasado 9 de maio. Neste episodio tratamos de concentrar o que foi ese día, ademais de entrevistar a protagonistas, e concienciar sobre a importancia da educación vial. Tardamos en publicalo un pouco máis que de constume porque tivemos alguns problemas técnicos, e se nos botou a fin de curso enriba. Pero xa o tedes aquí, para gozalo, pasar un bo tempo e aprender con nós!!!

 

Radio Ponte

Suscríbete á nosa canle de Radio. Estade conectados!!!

 

CADA MES UN LIBRO!

Un curso máis a biblioteca do Ponte de Xuvia cada mes realizará unha actividade relacionada cun conto que nos permita traballar algunha das datas sinaladas ou  presentar as novas aventuras que chegan ata as nosas aulas en forma de libro.

Esta páxina irá engadindo novidades a medida que avance o curso.

Esperemos que vos guste!

NO PONTE DE XUVIA CONTINUAMOS RECICLANDO ACEITE!

Durante este curso poderedes atopar novamente no noso patio, xunto a entrada a Primaria, un pequeno contedor verde destinado á recollida de aceite usado. Nel poderedes depositar o aceite de cociña usado en recipientes de plástico para a súa posterior reciclaxe.
 
Esta recollida lévase a cabo en colaboración coa empresa Arioil Reciclaxe a través da actividade Bioescolas e coa idea de trocar ao remate do curso os litros de aceite recollidos no centro por material escolar para o alumnado.
 
Agardamos a vosa colaboración.

VOLTA AO COLE

VOLTA AO COLE de Sara Gómez Amado

VÉMONOS EN SETEMBRO

CHEGOU O MOMENTO DE FACER UN DESCANSO, DESPOIS DE TANTO TRABALLO, RISAS, XOGOS, EXPERIENCIAS, EXPERIMENTOS,PINTAR, COMPARTIR E DE ALGÚN QUE OUTRO CHORO E MOMENTO DE DISFRUTAR DO VERÁN E CARGAR AS PILAS PARA COMENZAR A NOSA ANDAINA NA CLASE DE 4 ANOS.PASÁDEO MOI BEN, UNHA APERTA ENORME E VÉMONOS EN SETEMBRO!!!!.

BO de maria

PARABENS!!!!

PARABENS A LIA, ROMAISA E OLIVIA POLO SEU ANIVERSARIO,XA TEÑEN 4 ANOS.UNHA APERTA MOI GRANDE AS NOSAS COMPIS.

 

PARABENS de maria

FEIRA DE PROXECTOS

PARTICIPAMOS NA NOSA PRIMEIRA FEIRA DE PROXECTOS DO CENTRO SOBRE "AS SETE BELAS ARTES DO MUNDO" E A NOSA CLASE ELABOROU CUNHA PELICULA DE CINE MUDO, QUE FIXEMOS TODOS E TODAS XUNTOS E QUEDOU XENIAL!!!. O DÍA COMENZOU VISITANDO TODOS OS PROXECTOS QUE FIXERON OS NOSOS COMPAÑEIROS/AS DE INFANTIL E PRIMARIA E DESPOIS TIVEMOS A VISITA DAS FAMILIAS PARA QUE POIDERAN DISFRUTAR DE TODO O NOSO TALENTO.

FEIRA de maria

A PRAIA

NO MES DE XUÑO TIVEMOS UN MONTÓN DE ACTIVIDADES ENTRE CINE,FEIRA DE PROXECTOS,PASEOS...E ATA FOMOS A PRAIA MIRADE QUE BEN O PASAMOS AÍNDA QUE O TEMPO NON FOI O DESEXADO PERO NON FOI UN IMPEDIMENTO PARA DISFRUTAR DA AUGA,XOGOS,COMPAÑEIROS E COMPARTIR TODO O COLE DUNHA XORNADA DE MOITA MAXIA.

verano de maria

CINE NA AULA

UNHA DAS ACTIVIDADES DO NOSO PROXECTO FOI A PROXECCIÓN DUNHA PELI ,QUE ELEXIMOS ENTRE VARIAS OPCIÓNS QUE ESCOLLIMOS ENTRE TODOS/AS,E A NOSA PELI FOI.....A PATRULLA CANINA PERO NON FALTOU NADA NA NOSA SESIÓN DE CINE ATA TIVEMOS PALOMITAS,MIRADE QUE BEN O PASAMOS.

cine de maria

Distribuir contido