Proxectos
Proxecto experimentos - actividades de aula
Este ano, para comprender mellor os conceptos traballados no tema da materia en Ciencias da Natureza, fixemos un pequeno proxecto sobre experimentos nos que, ademais de aprender, nos divertimos un montón e nos permitiu poñernos as botas despois na clase cos ricos alimentos que prepararon algúns alumnos e alumnas.
Naira fixo uns riquísimos iogures, Pablo unhas magdalenas deliciosas, Hansy un marabilloso biscoito de chocolate, Lucía unhas doces galletas e Martín un espectacular experimento con xeo seco que nos deixou a todos coa boca aberta.
Actuación de Iván coa guitarra eléctrica
Dado que estamos no cole estudando as belas artes, estamos a intentar que o noso alumnado nos amose as súas facetas máis artísticas.
Desta vez tocoulle a Iván, que nos deu un súper concerto coa súa guitarra eléctrica e nos amosou a marabillosa canción que el mesmo compuxo.
Temos un grande artista na escola e queremos que vexades o ben que o fixo!!
Premendo na imaxe podedes ver a súa actuación.
Misión Alba: reto 2: ¿Por qué se mueven las cosas?
E continuamos coa nosa misión dentro do proxecto Misión Alba. Neste caso buscamos entender por que se moven as cousas coa forza invisible da imantación.
Para isto utilizamos un compás que sempre nos apuntaba cara ao norte pero, que sucede se lle achegamos un imán ao compás? Pois que, de repente, deixa de apuntar ao norte e apunta ao imán.
E se creamos un circuíto eléctrico e o achegamos ao compás? Pois o mesmo, que a agulla apunta ao circuíto...
E por que sucede isto? Pois pola enerxía magnética que hai ao noso redor.
Unha actividade entretida e interesante que nos axudou a entender mellor estes temas tan complexos.
Agora, a prepararse para o 3º reto!!
Premendo na imaxe podedes ver un vídeo desta actividade.
Martín tráenos un bulbo
Martín, o noso apaixoado das plantas, segue a amosarnos todo o que sabe sobre as mesmas e, nesta ocasión, tróuxonos a clase un bulbo nun tarro de cristal para que poidamos ver como vai medrando.
Pouco a pouco fóronlle saindo as raíces e, antes do Nadal, xa comezaba a asomar o talo.
Veremos o que nos atopamos á volta!!
Graciñas e segue a ensinarnos tanto. É un gusto ver a rapaces tan pequenos con tantas ganas de aprender e ensinar!!
Nacho fálanos do Efecto Invernadoiro
Xa que estamos a falar das plantas, Nacho fíxonos unha marabillosa presentación sobre o efecto invernadoiro na que aprendimos moito sobre un tema que era bastante complicado para nós.
Foi unha marabilla e dá gusto ver como se implican nas súas aprendizaxes.
Se premedes na imaxe podedes ver a súa súper presentación.
Moitas grazas e estamos encantados de ver todo o que nos tes que ensinar!!
MISIÓN ALBA: Reto 1: "¿Sólo existe lo que vemos?"
Para poder aprender e disfrutar da ciencia, este curso estamos inmersos nun proxecto chamado "Misión Alba" que nos propuxeron dende o Sincotrón Alba, a maior infraestrutura tecnolóxica e científica de toda España situada en Cerdanyola del Vallés en Cataluña.
Este primeiro reto ten por título "¿Sólo existe lo que vemos?" e nos axuda a comprender que os gases ocupan espacio e que, se xuntamos certos eementos como o bicarbonato e o vinagre, se produce unha reacción química que fai que poidamos inflar un globo e mesmo apagar unhas candeas.
Ademais, despois toca reflexionar por que sucedeu e intentar dar unha resposta científica ao que estamos a facer. Ás veces non saía como queriamos pero sempre aprendemos porque os erros son a mellor forma de acadar algo.
Foi moi divertido e aprendimos un montón!! Xa estamos agardando a que nos propoñan o seguinte reto!!
Premendo na imaxe podedes ver un vídeo desta actividade.
Plantas carnívoras por Martín
Martín, o noso apaixoado das plantas e animais, nos falou na clase dunha das súas grandes aficcións: as plantas carnívoras.
Escoitando o que nos contaba nos deu unha grande lección sobre estas plantas que ninguén coñecía pero que, a partires de agora, todos e todas imos ser expertos no seu coidado.
Foi unha experiencia tan bonita que o alumnado de 4º non dubidou en participar dela. Tanto lles gustou que aplaudiron a rabiar a Martín por todo o que lles ensinou.
É un orgullo ver aos pequenos que adoran o medio ambiente e, sen dúbida, van facer deste mundo un lugar mellor.
Ademais, tivo o detalle de deixarnos tres das súas plantiñas na aula ás que alimentamos e coidamos con moito amor. Moitísimas grazas!!!
A célula por Martín
Na área de Ciencias da natureza estivemos a estudar os seres vivos e, entre os temas que aprendimos, falamos da célula.
Martín trouxo á clase unha marabillosa maqueta dunha célula que fixo na casa para estudar e nos descubriu máis elementos da célula que non coñeciamos así como un libro no que podemos aprender máis deste tema.
Moitas grazas por ser tan xeneroso con nós e amosarnos todo o que sabes deste tema!!
Sergio amósanos as manualidades que fixo co seu pai
Na clase encántanos ver as cousiñas interesantes que fan os nenos e nenas na casa para aprender ou para disfrutar e compartir en familia.
Esta semana Sergio nos trouxo unhas marabillosas manualidades que fixo co seu pai e que nos pareceron xeniais!!
É estupendo ver todo o que estes peques fan para divertirse!!
EXPERIMENTOS
Ao longo deste curso fixemos moitos proxectos pero un dos que máis nos interesou, e que xa fixeramos anos atrás, foi o de realizar EXPERIMENTOS. Neste caso a finalidade era dobre: por un lado, nos servían para aprender o tema de ciencias naturais relacionado coas mesturas e cos distintos procesos físicos e químicos que se producen na materia pero, por outro, o que máis nos importaba que era poder participar no concurso da tela "Pim, Pam, experimenta...".
Así que nos puxemos mans á obra e nos pasamos moito tempo preparando os experimentos que tanto nos gustan. Premendo en cada nome podedes ver os experimentos que fixeron.
Agardamos que vs gusten e que aprendades con eles tanto coma nós.
AINHOA LUCAS VALERIA ALICIA OLIVER NOA ALTEA XOSÉ SERGIO ALEJANDRO EMMA DAVID PABLO DANIELA PICOS MARÍA ICÍA DANIELA SANTALLA JUDITH