Proxecto 21/22 - Ponte á historia
Palestina
Enviado por vrbasoa o Lun, 13/06/2022 - 17:29Os nenos/as de 4º e 6º Primaria estivemos repasando como era esta provincia do imperio tendo en conta a visión bíblica do nacemento de Xesús.
Esperamos que vos guste.
Exipto
Enviado por vrbasoa o Lun, 13/06/2022 - 17:25Os alumnos/as de 5ºPrimaria fixemos un genially dende o Exipto actual ata a historia de Moisés.
Esperamos que sexa entretido.
Antigo Exipto
Enviado por bertagrueiro o Lun, 13/06/2022 - 15:14Neste curso, os nenos e nenas da aula de 3 anos estivemos a traballar sobre o Antigo Exipto e descubrimos unha morea de cousas interesantes que queremos compartir convosco.
Esperamos que vos guste o noso traballo!
A Idade Contemporánea
Enviado por musicomiserable o Sáb, 11/06/2022 - 08:14Quen quere viaxar cos alumnos de 6º de primaria aos comezos da idade contemporánea? A través de 5 episodios creados en Radio Ponte, os alumnos darán a coñecer e participaran nestes importantes feitos históricos. Acompañádesnos?
ROMA
Enviado por vrbasoa o Xov, 09/06/2022 - 18:02Para colaborar coa liña do tempo do noso cole, os nenos e nenas de terceiro investigamos sobre Roma. Para ensinarvos todo o que aprendimos fixemos un lapbook que vos amosamos no seguinte vídeo e que desexamos que vos guste tanto como a nós nos gustou facelo.
A PREHISTORIA
Enviado por vrbasoa o Mér, 08/06/2022 - 17:48A CLASE DE 4 ANOS PASOU UN TEMPO MOI DIVERTIDO APRENDENDO SOBRE A PREHISTORIA: DENDE RECREAR A SÚA PROPIA COVA, PASANDO POLAS PINTURAS RUPESTRES, E COMO NON... BAILANDO!!!
SE QUEREDES PASAR UN RATIÑO DIVERTIDO E VER CANTO APRENDERON, PINCHADE NO SEGUINTE ENLACE, E POR SUPOSTO ANIMÁDEVOS A CANTAR CON NÓS!!
A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
Enviado por vrbasoa o Mér, 08/06/2022 - 17:31OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS EN COLABORANDO NO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO QUE PARTE DA BIBLIOTECA ESCOLAR, E COA AXUDA DE NICOLEO E AS FAMILIAS, QUEREN PRESENTARVOS CANTO APRENDERON SOBRE A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL.
TODO O APRENDIDO FOI MEDIANTE INVESTIGACIÓN, SESIÓNS DE FILOSOFÍA PARA NENOS E NENAS, E MOITO TEMPO BUSCANDO COUSIÑAS INTERESANTES EN LIBROS.
GRECIA ANTIGA
Enviado por lauracabarcos o Mér, 08/06/2022 - 13:26Exposición de Grecia Antiga polo alumnado de 2º de Primaria.
A Idade Media por 5º de primaria
Ola!!! Somos os nenos e nenas de quinto de primaria. Durante este fascinante curso estivemos investigando sobre a idade media. Fixemos tantas cousas...
Desvelamos por fin aquí o noso traballo de investigación que fixemos da idade media: Fixemos un genially de historia, outro de moda, outro de música e outro da decoración e os escenarios que fixemos para unha obra de teatro. A que mola??
Clicando nestas imaxes podedes ver cada un dos nosos geniallys. Agardamos que vos guste!!!!
BENVIDOS A XOGOSAURO
Enviado por lauracabarcos o Dom, 05/06/2022 - 06:48Os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria queremos presentarvos o “XOGOSAURO”, o xogo no que poderedes descubrir todo o que coñecedes dos dinosauros e aprenderedes moitas cousas novas a través dun traballo cargado de experimentos, manualidades