blogue delauracabarcos

NO PONTE DE XUVIA RECICLAMOS ACEITE!

A partir de hoxe poderedes atopar no patio do centro, xunto a entrada a Primaria, un pequeno contedor verde destinado á recollida de aceite usado. Nel poderedes depositar o aceite de cociña usado en recipientes de plástico para a súa posterior reciclaxe.
 
Esta recollida lévase a cabo en colaboración coa empresa Arioil Reciclaxe a través da actividade Bioescolas e coa idea de trocar ao remate do curso os litros de aceite recollidos no centro por material escolar para o alumnado.
 
Agardamos a vosa colaboración.

AS 12 BADALADAS NO PONTE DE XUVIA!

Queridas familias,

Antes de dar paso ao novo ano 2024 queremos DESEXARVOS unhas MOI FELICES FESTAS.

 

Agardamos que vos guste este agasallo e que se cumpran todos os nosos desexos!

 

O CEIP Plurilingüe Ponte de Xuvia da as 12 badaladas!

UN LIBRO POR AGASALLO 2023

UN ANO MÁIS QUEREMOS COMPARTIR CON VÓS A TRAVÉS DA SEGUINTE PRESENTACIÓN ALGUNHAS SUXERENCIAS DE LIBROS DOS QUE PAPÁ NOEL E OS REIS MAGOS PODERÁN VALERSE PARA AGASALLAR ESTE NADAL AOS VOSOS FILLOS E FILLAS.

CADA MES UN LIBRO!

Un ano máis cada mes realizaremos unha actividade relacionada cun conto que nos permita traballar algunha das datas sinaladas.

Esta páxina irá engadindo novidades a medida que avance o curso.

Esperemos que vos guste!

 

TRUCO OU TRATO?

MONSTROS, PANTASMAS, BRUXAS E ZOMBIS CONTINUARON ENCHENDO O PONTE DE XUVIA O PASADO MARTES 31 DE OUTUBRO, DEIXÁNDONOS ALUCINANTES SORPRESAS E MOITAS RISAS NA PRIMEIRA SESIÓN DE TRUCO OU TRATO FESTEXADA NO COLE E SACANDO A RELUCIR AS NOSAS MELLORES GALAS…

OU DEBERÍAMOS DICIR AS NOSAS VESTIMENTAS MÁIS TERRORÍFICAS?

TRUCO OU TRATO SAMAÍN 2023

SE NON ESCRIBE, NON O TIRES!

RECREOS NO PONTE DE XUVIA

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN

Achégase o remate do curso e pronto gozaremos das vacacións aproveitando o noso tempo de ocio para descansar e divertirnos. 

Polo que un ano máis queremos propor unhas recomendacións lectoras que de seguro vos farán pasar fantásticos momentos este verán.

Desexamos que vos gusten! 

OS SUPER CIENTÍFICOS DE 2º

Os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria queremos presentarvos a nosa pequena achega ao proxecto deste curso como “SUPERCIENTÍFICOS”, unha presentación na que poderedes descubrir a realidade sobre os poderes dos nosos Superheroes favoritos a través de divertidos experimentos e fantásticas investigación.

 

É NADAL NO PONTE DE XUVIA!

Queridas familias,

Antes de rematar este 2022 e dun xeito moi orixinal queremos DESEXARVOS unhas MOI FELICES FESTAS.

 

Agardamos que vos guste a nosa colección de gifts navideños!

 

Postal de Nadal 2022

Distribuir contido