1

Benvida

MATERIAL DE AULA TOTALMENTE GRATUITO

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2019-2020 EN 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL E 1º DE PRIMARIA.

PREMENDO NOS ARQUIVOS ADXUNTOS TEDES O LISTADO PROVISIONAL DOS NENOS E NENAS ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO 2019-2020.

EDUCACIÓN VIAL FEBREIRO

EDUCACIÓN VIAL

O 22 de febreiro a equipo de Educación Vial do Concello de Narón  acudiu ao noso colexio para facer prácticas coa rapazada de 5 e 6 anos.  Os nenos tiñan que ir en motos, patinetes ou facer de peóns e simular unha volta pola rúa.

EDUCACIÓN VIAL FEBREIRO

EDUCACIÓN VIAL

O 22 de febreiro a equipo de Educación Vial do Concello de Narón  acudiu ao noso colexio para facer prácticas coa rapazada de 5 e 6 anos.  Os nenos tiñan que ir en motos, patinetes ou facer de peóns e simular unha volta pola rúa.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2019-2020

O PRAZO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO É DO 1 AO 20 DE MARZO.PREMENDO NO DEBUXO TEDES ACCESO A APLICACIÓN DE ADMISIÓN PARA CUBRIR A SOLICITUDE.

BICIS E PATINETES DE NADAL

CONCURSO DE BICIS E PATINETES TUNEADOS POLO NADAL

A última semana de clase antes das vacacións de Nadal o equipo de Educación Vial do Concello de Narón propuxo aos nenos/as acudir ao colexio coa bici ou o patinete tuneado de Nadal. Moitos rapaces animáronse e a actividade foi un éxito grazas a colaboración e bo ánimo das familias.

O día da celebración do Festival do colexio todos aqueles que se animaron a disfrazar o seu medio de transporte recibiron un agasallo pola súa participación.

Esperamos que esta actividade tan divertida sega a celebrarse nos vindeiros anos.

Deixámosvos aquí unha presentación dos patinetes e das bicis e da entrega de premios. Bo Nadal a todos.

 

CONTEST OF CUSTOMIZED BIKES AND SCOOTERS FOR CHRISTMAS

Last week before Christmas Holidays the Safety Road equipment from Naron Council proposed an activity to the children: coming to school with their bikes and scooters customized for Christmas.  A lot of children worked hard and the activity was a big success thanks to the collaboration and good mood of the families.

The day of the Christmas  Festival all the children who assissted to school with their means of transport customized were given a present for their participation.

We hope that such a fun activity will be celebrated on the following years.

Here you can see a presentation with the scooters, bikes and the awards. Merry Christmas everyone!!!!

ERASMUS+ ON YOUR BIKE

ERASMUS + ON YOUR BIKE 

Dende o día 4 ata o 12 de novembro, dous mestres do noso colexio viaxaron a Cardiff ( Gales) para coñecer a tódolos socios do proxecto europeo “On your Bike”.

Este proxecto vai durar 3 anos e ten participantes de 6 paises: Gales, Finlandia, Noruega, Turquía, Portugal e España.

Os participantes de España son: o CEIP A Solaina, CEIP Virxe do Mar, CEIP Ponte de Xubia, o CFR de Ferrol e O Concello de Narón.

O proxecto pretende fomentar o uso da bici para acudir a escola e animar tamén aos adultos a que acudan aos seus traballos e aos seus recados coa bici para promover unhas cidades máis ecolóxicas con menos fumes.

Esta semana estivemos traballando nunha enquisa común para tódolos socios. A enquisa será pasada ao principio e ao final do proxecto para valorar o impacto do programa nas nosas comunidades educativas.

Estamos moi contentos de poder participar por primeira vez nun proxecto europero no que estamos a coñecer de primeira man como se traballa nas escolas dos distintos membros. Algunhas das escolas que participan son de secundaria así que veremos o funcionamiento tamén destes centros.

A próxima primavera recibiremos na nosa escola profesores e alumnos dos distintos colexios participantes.

O CFR de Ferrol e o coordinador deste proxecto en España e a medida que teñamos reunións irémosvos informando da evolución do programa. E recorda se podes colle a bici.....

Actividades para promover o uso da bici.

O venres pasado 16 de novembro do 2018 a nosa escola celebrou o Magosto. Nestes últimos anos tamén preparamos para os nenos e nenas xogos populares nos que mesturamos as clases por un día formando seis grupos diferentes.

Un dos xogos que fixemos foi un circuito con bicis, patinetes e motos. Dividimos a pista de fútbol en tres carrís. Os nenos tiñan que ir no medio de transporte elexido ata o final da carretera coller unha castaña e encestala nun cesto que había no medio da pista.

Os rapaces e rapazas de infantil e primeiro utilizaban motos e a partir de Segundo ata Quinto tiñan que utilizar bicis e patinenetes.

Os nenos e nenas maiores, os de 6º,explicaban a cada grupo que tiñan que facer en cada xogo.

Os estudiantes que trouxeron ese día a bici a escola foron premiados con unha volta polo paseo marítimo que está ao lado do noso colexio.

 

Activities to promote the use of the bike.

Last Friday, November 16th 2018, Our school celebrated “Magosto”, a special day where we eat baked chestnuts.

Last year, we also prepared popular games so the school children could play together. We mixed students from different classes to form six different groups.

One of the games played on Friday was a scooter and cycling circuit. We divided our football pitch into three lanes and the students had to pick up chestnuts and put them in a basket.

The youngest students rode on motorbikes and children from Year 3 used scooters and bikes.

Children in Year 6 were the ones to explain the instructions of each game.

The children who brought their own bikes to school that day went for a ride outside the school.

 

ERASMUS +

 

 V Marcha Ciclista pola Igualdade e Contra a Violencia de Xénero

O pasado 22 de novembro o alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Ponte de Xubia realizou xunto con outros colexios do Concello de Naron uha Marcha Ciclista pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero. A comitiva partíu do Pazo da Cultura e foi ata a Praza de Galicia.

Primeiro díronlles un pequeño ágape e despois os nenos e nenas asistiron a unha obra de teatro relacionado co tema da Igualdade. Unha vez rematada a obra voltaron coas súas bicis aos seus centros. Pasáronno moi ben. Deixámosvos aquí algunhas fotos de ese día.

 

V Cycling Ride for Equality and against Gender Violence

On the 22nd of November Year 6 Class from CEIP Ponte de Xubia went for a cycling ride for Equality and against Gender Violence with other schools from Narón Council. The ride started in Pazo da Cultura and finished at Praza de Galicia. Once there, they were given a snack and later on, they saw a play related to the topic of Equality. When the play ended, they came back on their bikes to their schools. They had a great day. Here are some of the pictures from that day.

 

TEMOS ALGÚNS PROBLEMAS PARA COLGAR AS PUBLICACIÓNS DE ERASMUS+ NO SEU APARTADO EN BREVE ARRANXAREMOS O PROBLEMA E PODEREDES ACCEDER A EL.MOITAS GRAZAS E DESCULPADE AS MOLESTIAS.

 

PATINETES E BICICLETAS DE NADAL

ESTIMADAS FAMILIAS DENDE O EQUIPO DE EDUCACIÓN VIAL DO CONCELLO DE NARÓN CONVÍDAVOS  A SEGUIR VINDO AO CENTRO EN PATINETE E BICICLETA PERO NESTAS DATAS PODEREDES TRAER OS VOSOS VEHÍCULOS ADORNADOS CON MOTIVOS DO NADAL.POÑEDE EN MARCHA A VOSA IMAXINACIÓN POIS O MÁIS ORIXINAL LEVARÁ PREMIO.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN E COLABORACIÓN.

ERASMUS+

 

NO FICHEIRO ADXUNTO TEDES INFORMACIÓN SOBRE O PROXECTO E NO APARTADO ERASMUS+ TEREDES TODAS AS NOVAS, ACTIVIDADES,VIAXES,ENCONTROS,...

 

 

Distribuir contido