Aliméntate ben

EQUIPO DE VOLUNTARIOS DA HORTA

 

La Huerta de María González: Gifs animados de plantas del HuertoEQUIPO VOLUNTARIOS DA HORTAGifs de Cestos de Fresas

Curso 22-23

Queremos dar as gracias dende aquí a todos os familiares que se ofreceron e se ofrecen cada día para axudar nas tarefas da horta.

Están colaborando en todo o que lles pedimos, e incluso en moito máis. Ofrécense tanto para dar un taller de reciclaxe, axudar a plantar, levar a diante o mercado de infantil, como limpar espacios do cole e da horta para que se poidan levar a cabo algunhas actividades como facer a carreira da milla ou plantar nos bancais da horta. 

Aos nenos e nenas encátalle ver que as súas familas se involucran nas actividades do cole, deste xeito, eles tamén están máis motivados.

Moitísimas grazas pola labor tan importante que estades a facer.

Nas fotos nos están todos nin todas, fantan moitos. Só é unha pequena mostra.

GRACIAS!!

XORNADA DE OBRADOIROS

 

XORNADA DE OBRADOIROS

Inauguración do proxecto "Naturalíza-T e da biblioteca.

Curso 22-23

O pasado 24 de outubro tivemos unha xornada de tallerres e obradoiros para comezar co proxecto de centro "Naturalíza-T" e para inaugurar a nova  biblioteca.

Para poder levar a cabo esta actividade contamos coa colaboración das familias que nos axudaron tanto na xornada dos talleres, como en aportar todo tipo de materias de regugallo para poder desenvolvelos.
Tivemos 10 obradoiros, 5 para infantil e 5 para primaria.

  • Obradoiro1: Compostaxe.
  • Obradoiro 2: Horta e sementes. Cada neno plantou unha planta de fresa e un froito seco (castaña, noz, maní…). A fresa foi para a casa e o froito seco quedou no cole.
  • Obradoiro 3: Reciclaxe. no que elaboraron xogos con materiais reciclados, un tres en raia e un atrapa a bola.
  • Obradoiro 4: Arte coa natureza. Fixeron debuxos con follas.
  • Obradoiro 5: Biblioteca. Reproducironse  vídeos que invitan ao coidado do planeta e presentouse o personaxe do trimestre "Naturizo". É un ourizo que ten unha colección de libros relacionados co desenrolo sostible.



Esta é unha pequena selección de fotos nas que se recolle unha mostra do que fixemos en cada un dos obradoiros.

 

 

Aliméntate ben

Boliños de panPan Pan Girando GIF - Pan Pan Girando Girando - Descubre & Comparte GIFs

2º de Educación Primaria.

O venres 7 de outubro de 2022, o alumnado de 2º de Educación Primaria, fixemos boliños de pan.Este ano imos traballar a importancia de alimentarse ben, para iso este día preparamos a nosa receita de boliños de pan cos seus ingredientes. Aquí a tedes para animarvos a facelos nas vosas casas.

Coas profes Raquel e Noelia, preparamos a receita, e fixemos os nosos boliños.

Panadeiros por un día foi fantástico e os boliños estaban riquísimos. Animádevos a probar a facelos nas vosas casas.

Aliméntate Ben

Pan Redondo por PixelSquid360 en Envato ElementsO alumnado de 4º de Educación Primaria Dibujo de dibujos animados de un panadero | Vector Premium

Cociñou Pan con Chourizo con aromas da horta.

O alumnado de 4º despois de moer a boa colleita de millo da horta da escola, cociñaron pan de millo con chourizo e herbas aromáticas.

O alumnado de 4ºA puxo a fariña de millo que colleitaron na horta e o alumnado de 4ºB e 4ºC engadiron herbas aromáticas que plantaran o curso pasado no seu bancal: ourego, tomiño,perexil...

Cada un preparou o seu boliño que logo fornearon e degustaron.Na receita puxemos: 500 gr de fariña de trigo, 500 gr  de fariña de millo, 25 gr de lévedo, 300 ml de auga, unha culler de sal, herbas aromáticas ao gusto, chourizo e queixo.

 1º Comprobamos como é a textura, a cor e como cheiga e sabe a fariña. Que rica!.

2º Mezclamos os dous tipos de fariña: de trigo e de millo. Para despois preparar o lévedo con auga e sal.

3º A continuación amasamos para  mesturar ben todos os ingredientes.

4º Condimentamos: puxemos chourizo, queixo e herbas arómaticas ao gusto.

 5º Forneamos e degustamos. Delicatessem!!

Aliméntate ben

Manzana gif 13 » GIF Images DownloadAs mazás do outono.

Coa chegada do outono, o alumnado de 5 anos comezou  investigar sobre as mazás e todo o que con elas e pode facer. Todo comezou cunha carta que recibiron na aula, que os convidaba sair ao patio recoller mazás, nas maceiras.

Rapidamente todos se apuntaron para ir recoller deliciosas mazás. A ver que podían traer para o aula.

Atoparon moitas e moi curiosas, grandes, pequenas, vermellas... xa tiñan traballo. Poderían clasificar as boas, as defectuosas, por cores, por tamaño, por tipo.

Tamén podían tocalas, saborealas, escoitar o seu ruido, cheiralas...experimentaron con todos os sentidos.

Coa ilusión, decidiron nas súas casas e coas súas familias, elaborar exquisitas receitas con mazá: pasteis, compota...

Descubriron que con elas podían facer manualidades, así que probaron a estampación.

Un traballo excelente e máis que completo. Noraboa!. 

Aliméntate ben

Gifs Animados de Maiz

4ºA recollemos o millo.

O curso pasado o alumnado de 3ºA, plantamos millo, na horta, para facer pan delicioso. 

Hoxe luns 3 de outubro de 2022, recollemos xirasois pero tamén colleitamos boas espigas, que medraron durante o vran e agora están listas para preparar algunha receita deliciosa. Así que debullamos para moer e...

Aliméntate ben

4ºA colleitamos Xirasois.▷ Bunga Matahari: Gif Gambar Animasi & Animasi Bergerak - 100% GRATIS!

O curso pasado o alumnado de 3ºA, plantamos xirasois, na horta do colexio.

Hoxe luns 3 de outubro de 2022, que xa somos alumnado de 4ºA fomos a nosa horta ver a nosa colleita. Naceran varios xirasois, que recollemos con ilusión e preparamos para elaborar.

Distribuir contido