Promocións
|
|
|
|
SAÍDA ILLA DE SAN SIMÓN
(Curso 22-23)
O pasado martes 13 de xuño os terceiros foron de excursión á illa de San Simón con parada no museo Meirande. No museo comezamos cun vídeo que nos contaba como sucedeu a batalla de Rande no ano 1702 e que tivo unha duración de día e medio. Tamén nos ensinaron como evolucionou o traxe de buzo e puidemos ver as maquetas dos barcos que libraron a batalla.
Xa na illa descubriron todos os seus segredos e realizaron unha xincana por equipos moi divertida. Tamén vos animamos a descubrir a lenda sobre a dragoa Coca, unha lenda que non nos deixou indiferentes.
Á volta disfrutaron dunhas fermosas vistas da ría de Vigo na cuberta do barco, toda a viaxe estivo amenizada con música.
Unha saída emocionante!
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Tui en Ruta 23.
O C.E.I.P. Nº2 de Tui en coordinación co equipo de Deporte no 2 e o Concello de Tui, organizou 2 xornadas de “Actividades na Natureza”, nas inmediacións do Centro educativo e do Río Miño.
Dita actividade estivo destinada os/as 50 alumnos/as de 5º de Educación Primaria do noso centro educativo.
A actividade tivo lugar o luns 19 e martes 20 de xuño de 2023.
As xornadas pretenden ter un carácter lúdico-cultural-deportivo a vez que achegan ao noso alumnado, ao seu entorno natural máis próximo como é o Río Miño. Para iso propuxemos dúas xornadas:
1ª Xornada: O día 19 de xuño, estaba prevista unha Marcha Ciclista, polo sendeiro Tui-Caldelas, co disfrute do Balneario de Caldelas, toma de contacto co Kayak-polo, Slalom e Ciclismo, debido as condicións metereolóxicas adversas, tivemos que modificar a actividade. Durante o día fixemos actividades deportivas no centro, pola tarde tivemos ruta en bicicleta ata a praia de Guillarei e finalizamos coa visita de Gustavo Rodríguez e David Fernández, dous antigos alumnos da escola e dous referentes no mundo do ciclismo a nivel mundial.
2ª Xornada: O día 20 de Xuño levaríamos a cabo unha xornada de piraguismo.
Grazas ao Concello de Tui, á policía Local de Tui, a Consellería de Medio Ambiente, ao Balneario de Caldelas, ao Club Penedo de Caldelas, ao Club de piragüismo Kayak Tudense e as distintas entidades que fixeron posible que dita actividade se levara a cabo. Moitas grazas a toda a Comunidade Educativa.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aloiada 23
O C.E.I.P. Nº2, o C.E.I.P. Nº1, o C.E.I.P de Pazos de Reis de Tui, de C.E.I.P. Rebordáns, C.E.I.P. Guillarei e C.E.I.P. de Caldelas, en coordinación dos seus departamentos de Educación Física, o Concello de Tui e as dirección dos centros educativos, organizaron 2 xornadas de “Actividades na Natureza”, nas inmediacións do Parque Natural do Monte Aloia.
Dita actividade estivo destinada os/as 120 alumnos/as de 6º de Educación Primaria dos centros educativos do Concello de Tui.
En coordinación co Concello de Tui, cos responsables do Parque Natural e coa colaboración da Federación Galega de Montañismo e cos responsables dos clubes deportivos colaboradores, as datas nas que tivo lugar dita actividade foron o xoves 15 e o venres 16 de Xuño de 2023.
As xornadas pretenden ter un carácter lúdico-cultural-deportivo, á vez que achegan ao noso alumnado ao seu entorno natural máis próximo, como é o Parque Natural do Monte Aloia. Para iso os nenos/as disfrutaron de dúas xornadas:
1ª Xornada: O día 15 de Xuño levouse a cabo unha Xornada de Iniciación a Escalada, Rappel, Orientación, Equitación e Primeiros Auxilios no Monte Galiñeiro. Coordinado coa Federación Galega de Montañismo.
2ª Xornada: O día 16 de Xuño levouse a cabo unha Xornada de Sendeirismo onde descubrimos as distintas rutas e riquezas histórico-culturales e naturais do Parque Natural do Monte Aloia. E pola tarde remate cunha toma de contacto cos deportes de auga: Remo e Piragüísmo.
Dúas xornadas intensas de deportes de aventura onde todo o alumnado e profesorado de 6º gozamos do medio natural e da convivencia. Moitas gracias a todas as administracións, clubes, colexios, entidades públicas e privadas que fixeron posible que o noso alumnado poidera disfrutar un ano máis de esta bonita aventura. Grazas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ruta en Patinete 4º.
Mércores 14 de xuño de 2023
Hoxe, mércores 14 de xuño de 2023, levouse a cabo unha ruta en patinete para todo o alumnado de 4º. Consistiu nun paseo en patinete dende o colexio ata a praia de Guillarei e volta ao centro educativo, tendo lugar diversos talleres de Educación Vial, alimentación, ecoloxía, relaxación e reciclaxe.
Moitísimas grazas a todas as familias, ANPA do colexio, Concello de Tui, Policía Local, monitores dos distintos talleres (Hugo, Vanesa...), aos voluntarios (Alba, Omar e Cloe) e, por suposto, ás titoras de 4º e ao centro educativo. Grazas a todos o alumnado de 4º gozou dunha xornada espléndida.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar
Luns 5 de xuño de 2023.
O pasado luns día 5 de xuño de 2023 tivo lugar a ruta do Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar, para todo o alumnado de 3º. Levouse a cabo en horario de 9:15 a 14:10h. Consistiu nun paseo con probas dende o colexio pola cidade de Tui e volta ao centro educativo, tendo lugar diversas probas e xogos do Camiño de Santiago durante a actividade.
Unha xornada onde o alumnado coñeceu patrimonio, experimentou sensacións e investigou sobre o Camiño.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ruta do Río Lagartón
Martes 30 de maio 2023.
O pasado, martes día 30 de xuño de 2023 tivo lugar a ruta do Río Lagartón, para todo o alumnado de 2º. Tivo lugar en horario de 9:15 a 14:15h. Consistiu nun paseo, dende o colexio polo Camiño de Santiago, Veiga do Louro, Río Lagartón e volta ao centro educativo, tendo lugar diversas probas e xogos durante a actividade.
Unha fantástica xornada onde todo o alumnado gozou das propostas, da natureza, das árbores, prantas e alimentación saudable, facendo unha boa xestión dos residuos.
Moitas grazas a Raquel, Noelia, Nick, Paula e Elena, grazas a eles todo foi máis doado.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
DEPORTE ESCOLAR.
Dinamización Intercentros
Ceip Nº2-Ceip Altamira de Salceda.
Curso 22-23
Xoves día 4 de maio de 2023
O pasado xoves día 4 de maio de 2023, tivo lugar no pavillón vello de Tui. A Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Altamira de Salceda. A xornada levouse a cabo de 9:15 a 13:45h, no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes foron 6ºA/6ºB, 3ºB. Unha xornada onde a deportividade foi a tónica da mañá.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
DEPORTE ESCOLAR.
Dinamización Intercentros
Ceip Nº2-Ceip Altamira de Salceda.
Curso 22-23
Xoves día 4 de maio de 2023
O vindeiro xoves día 4 de maio de 2023, terá lugar no pavillón vello de Tui. A Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Altamira de Salceda. A xornada levárase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente, no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 6ºA/6ºB, 3ºB. Os/as nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chándal ( o do cole se tiveran), equipaxe do mesmo, mochila de Educación Física e merenda.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Viaxando polo país das emocións
Alumnado de 1º
O ALUMNADO DE 1º viaxou polo país das emocións. Contouse o conto da empatía sobre a conciencia emocional...
Realizaronse actividades como a caixa da calma, ginkama das emocións...
Actividades fundamentais para un grupo moi activos, que continuamente demandaba, baixar a intensidade e volver a calma. Tamén se centrou o traballo na resolución de conflictos.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
COMPETICIÓN DE LOITA PARA 4º CURSO.
13 de abril de 2023
Pav. Vello Tui.
O xoves 13 de abril de 2023, terá lugar para o alumnado de 4º de Educación Primaria, dos centros educativos de Tui. O horario será de 10:30 a 13:00h no Pavillón Vello de Tui. Na xornada levaranse a cabo distintos xogos de iniciación á defensa persoal. Todo o alumnado deberá traer equipación deportiva do colexio, chándal do mesmo e merenda. Todas as familias están convidadas a presenciar a actividade. Premede na seguinte imaxe para ver o vídeo da competición.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Día Internacional da Muller
8-marzo-23
C.E.I.P Nº2 de Tui.
Hoxe día 8 de marzo de 2023, celébrase o " Día Internacional da Muller" baixo o lema " Por un mundo dixital inclusivo: Innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero". Dende o equipo de deporte no 2, sumámonos para poñer en valor, esta iniciativa que no noso centro impulsou o Departamento de Orientación e a biblioteca.
Un manifesto en defensa da muller, da igualdade na vida e no deporte, escrito polo alumnado de 6ºA ao que lle puxeron voz: Alicia, Alexia, Anxo e Sabela. Unha cantiga " Chea de Vida" de Gaudí Galego que cantada polo noso alumnado nos fixo vibrar neste acto.
O alumnado de 5º de Educación Infantil aproveitou estes días, para traballar mulleres importantes nas súas vidas e facer un xornal, coincidindo coa Semana da Prensa.
O alumnado de 6º de Educación Infantil aproveitou para traballar , para traballar mulleres de Tui e facer un xornal, coincidindo coa Semana da Prensa.
Grazas a todos por momentos tan importantes para a vida coma estes.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
DEPORTE ESCOLAR.
Dinamización Intercentros
Ceip Nº2-Ceip Pintor Antonio Fdez Goián
Curso 22-23
Martes, 31 de xaneiro de 2023.
O pasado martes día 31 de xaneiro de 2023, tivo lugar no pavillón vello de Tui a Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Pintor Antonio Fdez de Goián. A xornada levouse a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente,no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes foron 5ºB, 4ºC. Aquí vos damos conta do ben que o pasamos e todos os deportes que practicamos.
Grazas aos compañeiros de Goián, por unha xornada estupenda coma esta.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
DEPORTE ESCOLAR.
Dinamización Intercentros
CEIP Nº2-CEP Pedro Caselles
Curso 22-23
Mércores día 14 de decembro de 2022
O vindeiro mércores día 14 de decembro de 2022 terá lugar no pavillón vello de Tui. A Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- CEP Pedro Caselles de Tomiño. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente,no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 6ºA, 4ºA. Os/as nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), equipación do mesmo, mochila de Educación Física e merenda. As familias que queiran asistir, poderan facelo.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
DEPORTE ESCOLAR.
Dinamización Intercentros
Ceip Nº2-Ceip Sobrada de Tomiño
Curso 22-23
Venres día 9 de decembro de 2022
O pasado, venres día 9 de decembro de 2022 , tivo lugar no pavillón vello de Tui, a Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Sobrada de Tomiño.
A xornada louse a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente,no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes foron 6ºB, 4ºB. Xogamos a bádminton, volei, balonmán, baloncesto, xadrez e fútbol-sala. Una xornada fantástica na que nos divertimos moito xunto ao alumnado de Sobrada. Grazas pola visita.
Grazas aos coles, familias e mestres que coa súa axuda fan posibles estas xornadas fantásticas.
|
|
|
|
|
|