Promocións

Gustavo Rodríguez e Aida Valiño

Gustavo Rodríguez e Aida Valiño

Día da discapacidade

10 de decembro de 2021.

 

O día 3 de decembro, celebrouse o día da discapacidade. No senso de sensibilizar ao noso alumnado, na diversidade funcional e as capacidades múltiples, estiveron con nós, o venres 10 de decembro Gustavo Rodríguez e Aida Valiño.

O alumnado de 1º e 4º tivo a oportunidade de visualizar, como calquera persoa pode participar nos Xogos olímpicos. Gustavo falounos das distintas categorías que podemos realizar en tríatlon. Contounos que xunto a Héctor Catalá estiveron en Tokio acadando a medalla de Prata. Falamos da natación, da bicicleta e da carreira a pé.

Moitas grazas por deixarnos tan boas sensacións e tantas gañas de practicar deporte.

Discamino

Discamino

O soño de facer o Camiño de Santiago.

2 de decembro de 2021.

O día 3 de decembro, conmemórase o día da discapacidade. No senso de sensibilizar ao noso alumnado, na diversidade funcional e as capacidades múltiples, estiveron con nós os membros da asociación Discamino.

O alumnado de 5º e 6º tivo a oportunidade de visualizar, como persoas con parálise cerebral, xordas, xordo-cegas, parapléxicas, poden facer e gozar da fantástica experiencia de facer o Camiño de Santiago.

O equipo de Discamino mostrounos as súas experiencias, co apoio de vídeos, medios dixitais de comunicación, etc...  Moitas grazas a Javier Pitillas pola súa labor e paixón, a Gerardo, Ana... que nos permitiron sentir a súa ilusión, os seus sentimentos e a súa forza para facer realidade os seus soños. Parabéns sodes grandes, moi grandes. Esperamos sigades facendo realizade os soños de moitas persoas ao igual que hoxe o fixestes cos nenos e nenas do CEIP Nº2 de Tui.

Aquí vos deixamos o enlace a web de Discamino, onde atoparedes máis información e vídeos intereses de como facer o Camiño de Santiago. Preme na imaxe que teis a continuación.

Xornada de Xogos Populares para 6º.

Xornada de Xogos Populares para 6º.

Instalacións do CEP Pedro Caselles Beltrán de Tomiño

Xoves, 11 de novembro de 2021

            Xornada de Xogos Populares, en horario escolar de mañá, tivo lugar o vindeiro xoves día 11 de Novembro de 2021. A proba levouse a cabo nas Instalacións do CEP Pedro Caselles de Tomiño, dentro do recinto escolar e instalacións deportivas do mesmo.  Dita xornada estivo destinada os/as nenos/as de 6º de Educación Primaria, que competiron por equipo clase  e asistiron á proba cos seus titores e profesorado de apoio á mesma.

Aquí vos deixamos as fotos da xornada, moitas grazas a Agrudebam e a todas as escolas por permitirnos xornadas tan divertidas.

Xornada de Xogos Populares para 6º.

Xornada de Xogos Populares para 6º.

Instalacións do CEP Pedro Caselles Beltrán de Tomiño

Xoves, 11 de novembro de 2021

            Xornada de Xogos Populares, en horario escolar de mañá, terá lugar o vindeiro xoves día 11 de Novembro de 2021. A proba levarase a cabo nas Instalacións do CEP Pedro Caselles de Tomiño, dentro do recinto escolar e instalacións deportivas do mesmo.  Dita xornada está destinada os/as nenos/as de 6º de Educación Primaria, que competirán por equipo clase  e asistirán á proba cos seus titores e profesorado de apoio á mesma.

Tod@s @s alumn@s deberán levar merenda, a equipación do colexio e o chándal do mesmo se o tiveran. Os nenos e nenas asistirán a escola como calquera día normal de clase e sairán e volverán  ao colexio para levar a cabo a proba. Non varía o horario habitual e o desprazamento será en autobús gratuíto.

O alumnado de 6º sairá do colexio ás 9:30h e volta ao mesmo arredor das 13:00 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente dende ás 10:30 ás 12:30h.

Todas as familias poderán asistir á proba para ver aos seus fill@s na xornada, desprazándose polos seus propios medios e sen acceder ás instalacións do CEP Pedro Casselles, para cumprir coas medidas Covid-19.

Preme na foto para acceder ao regulamento da chave, da billarda e dos bolos celtas.

Ti si es un bo peixe

 

Ti si es un bo peixe.

Ti si es un bo peixe é un programa creado pola Consellería do Mar, co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e o consumo de produtos do mar de Galicia entre os nenos e nenas da nosa comunidade, á vez que axuda a equilibrar as dietas alimentarias.

O alumnado do CEIP nº2 de Tui estamos moi interesados en comer sa e saudable. Así que participamos con moito interese nesta actividade.

Cos amigos do programa visitamos o mar, as lonxas, as redeiras,  aos pescadores  e praza onde podemos mercar peixes deliciosos.

Coñecemos moitas especies de peixes e mesmo algúns imos a probalos nas nosas casas.

Unha dieta equilibrada é importante para os grandes deportistas e para ter unha boa saúde.

Moitas grazas, a todo o equipo que nos visitou no mes de outubro e co que aprendemos cousas tan interesantes do mar.

Se premedes na seguinte imaxe podedes visitar a web de: Ti si que es un bo peixe.

 

Naturaliza-T

O luns 25 de outubro de 2021, inauguramos o novo proxecto anual de centro que se chama "Naturaliza-T". 

 

Entre todo o colexio imos a lograr esta nova misión, para iso comezamos pisando forte. 

1º Decoramos e preparamos as letras do noso lema: Naturaliza-T.

2º Gozamos da montaxe e de unha divertida proba de pistas, buscando e descifrando esta nova aventura que comezamos hoxe.

Agárdanos un novo curso naturalmente de aventuras, de ilusións sostibles, que dende o equipo de Deporte Nº2 estamos seguros que nos levará a seguir con unha vida activa, saudable e feliz.

Moitas grazas ao equipo de Biblioteca e ao Equipo de Extraescolares por agasallarnos con esta fantástica xornada.

Promoción de Tenis de Mesa.

Promoción de Tenis de Mesa.

 Os días 19, 20 e 21 de outubro de 2021, tivemos a Vladimir e Alberto do Club Tenis de Mesa que adestran no Casino de Tui e xon importantes xogadores de  este deporte.

Con eles o alumnado de 4º, 5º e 6º,  practicaron Tenis de mesa e pasaron unha clase divertida, xogando coas  raquetas e pelotas.

Tamén nos convidaron a visitar as instalacións do Casino os martes de 16:30 a 17:30 e desfrutar do Tenis de mesa. 

Moitas, moitas grazas aos dous.

Campaña Deporte Escolar 21/22

Campaña Deporte Escolar 21/22.

Como cada ano e na medida que as restricións covid-19 nolo vaian permitindo, vaise poñer en marcha a Campaña de Deporte Escolar para o curso 21-22, na que o noso centro participa en diferentes modalidades deportivas. Participaran todos/as nenos/as de 2º a 6º no Programa Xogade en Horario Lectivo e tamén se levarán a cabo algunhas actividades fora do horario lectivo. Os/as nenos/as interesados en participar con nós nas diferentes competicións deportivas, teñen que cubrir o seguinte impreso, e riscar os cadros das modalidades deportivas nas que queiran participar. (Premer enriba da imaxe para imprimprimir).

Comunicar a tod@s @s participantes que a equipación deportiva do colexio ( camiseta e pantalón curto), poderán adquirila a través do Ampa, na tenda  DEQUIP ( antiga LEGEASPORT, en r/ Casal Aboy nº1 ). Convidamos  a  tod@s @s participantes a facerse con ela ao igual que co chándal do cole, que nos facilitaría a actividade deportiva do centro.

 

 

PROXECTO DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS 2021/2022 DOS CLUBES DEPORTIVOS DE TUI

PROXECTO DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS 2021/2022

DOS CLUBES DEPORTIVOS DE TUI.

Aquí vos deixamos información detallada das posibilidades deportivas que nos ofrece o deporte tudense, para que o alumnado do centro se anime a facer actividade deportiva a diario. Unha vida activa é importante para ter unha boa saúde física e mental. ( Preme enriba da imaxe).

Promoción de Natación.

 

Promoción de Natación.

O pasado mércores 15 de setembro de 2021, tivemos a visita de Juanjo España. Juanjo é monitor de natación nas piscinas de Valença e de Monçao. El explicounos con moito detalle o importante que é aprender a nadar, tan importante coma andar e correr, sobre todo tendo ao Río Miño aquí tan pretiño.

Moitísimas grazas Juanjo por contarnos cousas tan interesantes.

 

Promoción de Baloncesto

Promoción de Baloncesto

O pasado mércores 15 de setembro estivo con nós Samu, Carla e Alejandro do Club Baloncesto Tui. Con eles xogamos a baloncesto e aprendemos o importante que é xogar en equipo. Tamén nos convidaron a formar parte do seu Club.

Moitas grazas Samue e Javi por crearnos ilusión polo baloncesto.

Promoción de Futbol-sala.

Promoción de Futbol-sala.

O pasado martes 14 de setembro, estiveron con nós Xacobe do Club a Quinta Futsal de Tui, e Javi, Alba, Juan e os seus compañeiros do Club Tui Futsal. Eles faláronnos de Fútbol sala, dos equipos tanto masculinos como femininos que teñen nos seu clubes. Tamén nos convidaron a probar os adestramentos. Moitas grazas a tod@s.

Promoción de Balonmán.

Promoción de Balonmán.

O pasado luns 13 de setembro estiveron con nós monitores do Clube Balonmán Tui. Con eles xogamos a balonmán no pavillón novo e pasámolo moi ben. Eles ademais son xogadores de balonmán e animáronnos a probar este deporte que a eles tanto lles gusta. Moitas grazas.

 

Noraboa ás gañadoras do sorte de agasallos que levou a cabo o Club Balonmán Tui.

Promoción de Bádminton

Promoción de Bádminton.

O pasado venres 10 de setembro, estiveron con nós Javier, Marisa e Jonathan do Club Bádminton Tui. Contáronnos moitas cousas interesantes sobre o bádminton e invitáronnos a practicalo cando queiramos, no seu club. Moitas gracias.

Aquí vos deixamos información dos lugares e horarios de adestramento.

Xornadas de Promocións Deportivas Clubes Deportivos Eurocidade.

Xornadas de Promocións Deportivas 

Clubes Deportivos Eurocidade.

Durante os primeiros días de curso imos recuperar as tradicionais Xornadas de Promocións Deportivas en colaboración cos Clubes Deportivos da Eurocidade de Tui-Valença. O propósito é que o noso alumnado coñeza a oferta deportiva que ten na Eurocidade e poida gozar na mesma.

Aquí vos deixamos o calendario de promocións.

Distribuir contido