Campo a través e Atletismo

DEPORTE ESCOLAR. Xornada de Atletismo en pista

DEPORTE ESCOLAR.

Xornada de Atletismo en pista.

A Macoca ( Pazos de Reis)

Curso 18-19

Venres día 22 de Marzo de 2019

O vindeiro venres día 22 de Marzo de 2019 terá lugar nas instalación de A Macoca a xornada de Atletismo en pista que se levará a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente e os cursos participantes serán 5ºA, 5ºB e 5ºC.

Os/as nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chándal ( o do cole se o tiveran), equipación do mesmo, gorra, mochila de Educación Física e merenda.

 

Campo a Través Provincial 18-19

Campo a Través Provincial 18-19.

Azucareira  de Portas

Xoves 7 febreiro 2019

O pasado xoves día 7 de febreiro de 2019, en horario de mañá, tivo lugar a proba de Campo a Través Provincial da presente Campaña Deportiva,  nas Instalacións da Azucareira de Portas. Dita xornada estivo destinada os/as nenos/as de 3ºB do noso colexio que se clasificaron na proba que tivo lugar en Guillarei, representando aos colexios do Baixo Miño. Unha xornada estupenda na que tod@s participantes desfrutaron moito, xunto aos participantes doutros colexios da provincia. E onde Rania conseguiu un diploma. Noraboa a tod@s @s nen@s de 3ºB pola súa participación.

Aprázase Campo a Través Provincial 18-19.

Aprázase Campo a Través Provincial 18-19.

Azucareira  de Portas

Xoves 7 febreiro 2019

         A proba de Campo a Través Provincial prevista para o vindeiro xoves 31 de xaneiro aprázase para o xoves día 7 de febreiro de 2019, en horario de mañá. A proba de Campo a Través Provincial da presente Campaña Deportiva será nas Instalacións da Azucareira de Portas. Dita xornada está destinada os/as nenos/as de 3ºB do noso colexio que se clasificaron na proba que tivo lugar en Guillarei.  Todo o alumnado asistirá á proba en autobús, coas súas titoras e profesorado de apoio á mesma. @s nen@s asistirán a escola como calquera día, saíndo do centro en autobús ás 9:30h e regresando ao mesmo ás 13:00h. Tod@s @s participantes terán que traer  una mochila con calzado de reposto, equipación do colexio, se a tiveran, chándal do mesmo, roupa de cambio e merenda. Se algunha familia quixera asistir á proba, poderá facelo polos seus medios. Poden atopar máis información da proba na Web de Deporte no 2:    

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar e para calquera dúbida poden chamar ao teléfono 650602161.

CAMPO A TRAVÉS O ROSAL

CAMPO A TRAVÉS O ROSAL

Sábado 19 de Xaneiro de 19.

A proba de campo a través no Rosal tivo lugar o  pasado sábado 19 de Xaneiro de 2019 no campo de fútbol de A Canosa, no esteiro do Miño.

Celebráronse 8 carreiras, participando en cada unha delas as distintas categorías e sexos:

Benxamín, alevín,  infantil e cadete, tanto feminino como masculino. Noraboa aos participantes.

Atoparedes información detallada en Agrudebam. Aquí vos deixamos algunhas fotos da xornada.

 

CAMPO A TRAVÉS O ROSAL

CAMPO A TRAVÉS O ROSAL

Sábado 19 de Xaneiro de 19.

A proba de campo a través no Rosal terá lugar o vindeiro sábado 19 de Xaneiro de 2019 no campo de fútbol de A Canosa, no esteiro do Miño.

Celebráranse 8 carreiras, participando en cada unha delas as distintas categorías e sexos:

Benxamín, alevín,  infantil e cadete, tanto feminino como masculino.

Atoparedes información detallada en Agrudebam.

PROBA CAMPO A TRAVÉS

Campo de fútbol da Canosa O Rosal

O Vindeiro Sábado día 19 de xaneiro

Será en  horario de mañá. Vai ter lugar a proba de Campo a Través da presente Campaña Deportiva, organizado pola Agrupación Deportiva Baixo Miño en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte,  nas Instalacións do Campo de Fútbol da Canosa en O Rosal. A saída do bus para tódolos nenos/as que participan nesta competición será: ás 9:00h no C.E.I.P. Nº 2 de Tui, 9:05h nas paradas de Rafi,Rotonda e Areas. Prégase puntualidade porque a esta hora sairá o bus sen retraso. 

Os/as nenos/as que queiran participar en dita xornada deberán traer a notiña  que adxuntamos asinada antes do vindeiro venres día 15 de xaneiro de 2019, coa mesma autorizo a que o Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui  inscriba ao alumnado participante na proba ( nome, apelidos, data de nac, …) e que estes datos estén a disposición das entidades organizadoras :  Xogade,  Agrudebam, Erasmus+…Para os nenos/as de Bornetas e Areas se fose necesario o autobús pasaría polas paradas.

Benxamín 18-19. Torreiro de Festas de Guillarei ( Tui) Venres 16 Nov 2018

Proba de Campo a Través  Zonal 

Benxamín 18-19.

Torreiro de Festas de Guillarei ( Tui)

Venres 16 Nov 2018

         O pasado día 16 de Novembro, en horario de mañá, tivo lugar a proba de Campo a Través da presente Campaña Deportiva,  nas Instalacións do Torreiro de Festas de Guillarei en Tui. O Ceip plurilingüe Nº2 de Tui participou cos/as nenos/as de 2º e 3º.

Unha fantástica xornada na que disfrutamos dun día de convivencia con nenos e nenas dos Ceip Pintor Antonio de Goián, do Ceip de Tebra, do Ceip de Barrantes, do Cep Pedro Caselles, do Ceip de Sobrada, do Ceip de Randufe, do Ceip de Rebordáns, do Ceip Nº1 de Tui, do Ceip de Guillarei e do Cep Altamira de Salceda. Grazas a todos por facer posible que os nenos e nenas do Ceip Nº2 de Tui o pasáramos xenial.

Proba de Campo a Través Zonal Benxamín 18-19.

Proba de Campo a Través  Zonal 

Benxamín 18-19.

Torreiro de Festas de Guillarei ( Tui)

Venres 16 Nov 2018

         O Vindeiro venres día 16 de Novembro, en horario de mañá, vai ter lugar a proba de Campo a Través da presente Campaña Deportiva,  nas Instalacións do Torreiro de Festas de Guillarei en Tui. O Ceip plurilingüe Nº2 de Tui participará cos/as nenos/as de 2º e 3º, que  asistirán á proba en autobús e cos mestres do centro. Tod@s @s alumn@s deberán levar merenda, a equipación do colexio e o chandal do mesmo se o tiveran. Os nenos e nenas asistirán a escola como calquera día normal de clase e sairán e voltarán ao colexio para levar a cabo a proba.

O alumnado de 3º sairá do colexio ás 10:00h e voltará ao mesmo ás 12:05 horas. A súa competición levarase a cabo entre as 10:30h e as 12:00h.

O alumnado de 2º sairá do colexio ás 11:00h e voltará ao mesmo ás 13:05 horas. A súa competición levarase a cabo entre as 11:30h e as 13:00h.

Todas as familias poderan asistir á proba para disfrutar da xornada.

IX Milla Porriñesa “Festas do Cristo” 2018

 

IX Milla Porriñesa

“Festas do Cristo” 2018

28 Setembro de 2018

Hoxe venres  día 28 de  Setembro de 2018, ás 18:00h, vai ter lugar a IX Milla Porriñesa “Festas do Cristo”, no centro de O Porriño. Está destinada a todolos nen@s que queiran participar:

18:00 h – De 2 a 4 anos inclusive – 100 m.

18:05 h – De 5 a 7 anos inclusive – 100 m.

18:10 h – De 8 a 10 anos inclusive – 400 m.

18:20 h – De 11 a 14 anos inclusive – 800 m.

18:30 h – Carreira popular > 15 anos – 1.609 m.

18:45 h – Carreira Élite > 15 anos – 1609 m. *

Tod@s @s participantes terán que estar no lugar da proba como mínimo 15 minutos antes da mesma, para inscribirse no momento. Non é preciso inscribirse con anterioridade.

O Equipo de Deporte no2 trata de fomentar con esta proposta un estilo de vida deportiva en familia, saudable e feliz.

As familias que se animen a participar, se teñen a ben que nos envíen fotos de este evento ou calquera que se lles presente ao whatsapp:650602161 ou ao correo electrónico: beaagrudebam@gmail.com

 

XIII Carreira Xóvenes Atletas. O Porriño 13 de Maio de 2018

XIII Carreira Xóvenes Atletas. O Porriño

 

13 de Maio de 2018

O pasado Domingo  día 13 de  Maio 18, pola mañá, tivo lugar a “XIII Carreira Xóvenes Atletas”, no centro de O Porriño estivo destinada os/as nenos/as nados dende o ano 2003 ata o ano 2015. Fomos 22 nenos e nenas do Ceip Nº2 de Tui os que participamos na mesma, o que fixo que nos concederán o 3 premio en número de participantes, ademáis tódolos participantes tivemos medalla e varios, tamén tivemos trofeo . Noraboa a todos por animarvos a participar.

 

 

 

Charla coloquio “ Celta, Presente e futuro”

   Charla coloquio “ Celta, Presente e futuro”

9 de Abril de 2018.

 Concello de Tui

          Con motivo das festas de San Telmo 2018 en Tui, o luns 9 de Abril, o Concello de Tui organizou unha charla coloquio no seminario menor de Tui, na que participaron xogadores do R.C. Celta de Vigo: có número 7 Maxi Gómez e có número 14 Lobotka ( coñecido como Lobo). Tamén asistiu o Director Deportivo: Felipe Miñanbres.

             A Charla consistiu en facer preguntas aos xogadores e ao director deportivo.

            Algunhas preguntas foron:

           . Ao director deportivo: preguntáronlle se o Barça ou o Madrid lles fixera algunha oferta por Lobotka. El respondeu que non, que ainda non, pero llas farán.

           . A Maxi Gómez: Cantos goles metera co Celta. Contestou, que trece, pero en realidade foron catorce pero o árbitro non llo anoto una acta.

          . A Lobotka ( que é eslovaco e non fala castelan, tivo que traer un traductor con él): Se se adaptara ben a vivir en Vigo. E dixo que sí, que lle gustaba: a comida, a cidade e a xente…

           A charla rematou asinando os xogadores autógrafos.

           Información facilitada por Jorge Veloso López de 4ºA. Moitas gracias Jorge por compartir con nós esta información tan interesante, e por ser o noso periodista deportivo en este evento.

 

 

Carreira VI Corre por Salceda 16.

Carreira VI Corre por Salceda 16.

 Dom 6 de Maio 2018

(Concello de Salceda.)

  O pasado domingo, día 6 de Maio de 2018, apartires das 10:30h, tivo  lugar a proba deportiva “VI Corre X Salceda” Concello de Salceda. Dita xornada estivo destinada os/as nenos/as  e adultos e adultas que se animaron a participar. Aquí vos deixamos algunhas fotos dos participantes na mesma, do noso colexio e do concello de Salceda, onde tivemos oportunidade de disfrutar de deporte adaptado.. Moitas felicidades a todos os participantes e ao Concello de Salceda pola organización de unha proba tan exitosa e con tantos participantes.

 

 

XIII Carreira Xóvenes Atletas. O Porriño 13 de Maio de 2018

XIII Carreira Xóvenes Atletas. O Porriño

13 de Maio de 2018

O Vindeiro Domingo día 13 de Maio 18, pola mañá, vai ter lugar a “XIII Carreira Xóvenes

Atletas”, no centro de O Porriño, está destinada os/as nenos/as nados dende o ano 2003 ata o ano

2015. Os/as nenos/as que queiran participar en dita xornada, deberán traer esta notiña asinada antes

do vindeiro Mércores 9 de Maio. O horario das probas será o seguinte: Infantil Masculino ( 2006-

2005) ás 11:15h, Infantil Feminino ( 2006-2005) ás 11:35h, Alevín Masculino ( 2007-2008) ás 11:50h,

Alevín Feminino ( 2007-2008) ás 12:05h, Benxamín Masculino( 2009-2010) ás 12.15h,Benxamín

Feminino ( 2009-2010) ás 12:25h, Prebenxamín Masculino( 2011-2012) ás 12:35h, Prebenxamín

Feminino ( 2011-2012) ás 12:40h, Pitufos Masculino ( 2015-2014-2013) ás 12:45h e Pitufos Feminino (

2015-2014-2013) ás 12:48h.

Tod@s @s participantes terán que estar no lugar da proba como mínimo 15 minutos antes da

mesma, para recoller o dorsal que o terán as profes do cole. A proba terá lugar no centro de Porriño, a

saída e a meta estarán situadas diante do Edificio do Concello.

Tódolos nenos/as teñen que traer chándal( o do cole se o tiveran), a equipación do colexio (

camiseta e pantalón), se non tiveran camiseta branca e tenis. En caso de choiva que leven roupa seca

para cambiarse.

Poden atopar máis información da proba na páx web do cole en “Deporte no 2”

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar. Para calquera dúbida chamar

o tlfno 650602161 Bea.

DEPORTE ESCOLAR

DEPORTE ESCOLAR.

Xornada de Atletismo en pista

 A Macoca ( Pazos de Reis)

Curso 18-19

Luns día 26 de Marzo de 2018

 O pasado luns día 26 de Marzo de 2018, tivo lugar nas instalación da A Macoca, a xornada de Atletismo en pista, que se levou a cabo de 10:00h a 13:30h e os cursos participantes foron 5ºA,5ºB e 5ºC.

Esta actividade estivo organizada pola Agrudepación Deportiva Baixo Miño ( Agrudebam), en colaboración co Servicio de Deportes de Pontevedra, o Concello de Tui, a Entidade Menor de Pazos de Reis e o Club Atletismo Tui, que organizou esta proba de Atletismo en Pista para o alumnado de 5º de Primaria do Concello de Tui.  Os centros educativos participantes foron Cep de Caldelas, Ceip Guillarei, Ceip Rebordáns, CPR Sta María Maristas, Ceip Nº2 de Tui, Ceip Nº1 de Tui e Ceip de Randufe, cun número aproximado de participantes entorno aos 200 neno/as. As probas que se levaron a cabo foron 60m lisos, 500m lisos, Relevos 4x100m, Lanzamento de peso, Lanzamento de Vortex e Salto de Lonxitude. Esta experiencia lévase a cabo todos os anos para o alumnado de 5º nivel de primaria e supon a promoción e toma de contacto co Atletismo en pista, nun marco incomparable como son as pistas da Amacoca. 

Aquí vos deixamos algúns momentos de dita xornada, na que todos disfrutamos moito.

Queremos darlle as gracias, a todas as entidades que fixeron posible a realización de dita xornada e especialmente a Alfonso o presidente da Agrupación e Director do Colexio Pedro Caselles de Tomiño, que estivo con nós toda a mañá.

Pinchade aquí para ver a clasificación por colexios. Atoparedes máis información en Agrudebam.

   

XII Interruning Porriño.

XII Interruning Porriño.

O pasado 18 de Marzo de 2018, tivo lugar a XII Interruning Porriño, na que participou Nico de 4ºA, como membro do Club Atletismo Porriño. Nico foi un dos gañadores na proba de Alevín Masculino, como podedes ver nas fotos que quixo compartir cos nenos e nenas da sua clase. Noraboa a Nico e a todos os participantes de esta proba, na que estaban inscritos 2454 atletas.

Distribuir contido