Campo a través e Atletismo

XORNADA DE ATLETISMO EN PISTA

DEPORTE ESCOLAR.

Xornada de Atletismo en pista

 A Macoca ( Pazos de Reis)

Curso 16-17

Mércores día 15 de Marzo de 2017

 

O pasado mércores, día 15 de Marzo de 2017 tivo lugar nas instalación da A Macoca a xornada de Atletismo en pista para os alumnos de 5ºA,5ºB e 5ºC.  a.

As probas nas que participaron todos os nenos foron:

60 m. Lisos.

500 m. Lisos.                                    

Lanzamento de Vórtex.                                

Salto de lonxitude.

Lanzamento de peso (2 kg.).

Relevo 4x60 m.

Aquí vos deixamos boa proba do ben que o pasamos, e do moito que disfrutamos facendo atletismo, cos nenos e nenas do Cep Altamira de Salceda, Ceip Caldelas, Ceip Guillarei, Ceip Rebordáns, Ceip Pazos de Reis, Ceip Nº1 de Tui e Colexio Sta María Maristas.

Moitísimas gracias a todos por facer que disfrutásemos dunha mañán estupenda. Aquí vos deixamos os resultados.

  

 

XORNADA DE ATLETISMO

DEPORTE ESCOLAR.

Xornada de Atletismo en pista

 A Macoca ( Pazos de Reis)

Curso 16-17

Mércores día 15 de Marzo de 2017

 O vindeiro Mércores, día 15 de Marzo de 2017 terá lugar nas instalación da A Macoca a xornada de Atletismo en pista que se levara a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente e os cursos participantes serán 5ºA,5ºB e 5ºC. 

Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.

As probas nas que participaran todos os nenos serán:

60 m. Lisos.

500 m. Lisos.                                    

Lanzamento de Vórtex.                                

Salto de lonxitude.

Lanzamento de peso (2 kg.).

Relevo 4x60 m.

Se algunha familia se quere acercar a disfrutar da proba e compartir a mañá con nós, animámosvos a facelo.

 

CAMPO A TRAVÉS 2016-2017

 

Campo a Través Provincial 16-17.

Circuito Loureiro-Camiño da Verdella- San Miguel de Oia ( Vigo)

Domingo 12 de Febreiro 17

O Vpasado Domingo día 12 de Febreiro tivo lugar a proba de Campo a Través Provincial da presente campaña Deportiva, no Circuito de Loureiro- Camiño da Verdella en San Miguel de Oia en Vigo. Do noso colexio participou o equipo Alevín Feminino e Benxamín Masculino. Foi unha mañán fría e con moita choiva, con un circuito moi asequible e moi vistoso. Felicitar aos nosos participantes, que como veredes fixérono moi ben.

Podedes ver os resultados premendo aqui

HORARIO CAMPO A TRAVÉS PROVINCIAL

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS

San Miguel de Oia ( Vigo)

12/02/17

O vindeiro Domingo 12 de Febreiro de 2017, levarase a cabo o Campionato Provincial de Campo a Través da presente campaña escolar de Campo a Través.

A competición empezará ás 10:00h coa proba Cadete Feminino, ás 10:05h a proba Cadete Masculino, ás 10:30h a proba Infantil Feminino, ás 10:45h a proba Infantil Masculino, ás 11:00h a proba Alevín Feminino, ás 11:10h a proba Alevín Masculino, ás 11:20h a proba Benxamín Feminino e ás 11:30h a proba Benxamín Masculino.

Para chegar ao  circuito tedes que seguir a estrada Nacional N-325, adxuntamos plano para que vexades a localización

Tódolos nenos/as teñen que traer chánda (o do cole se o tiveran), a equipación do colexio ( camiseta e pantalón), e tenis. En caso de choiva que leven roupa seca para cambiarse.

¡¡¡IMPORTANTE!!! A roupa do colexio será devolta antes do Mércores día 15 de Febreiro.

Poden atopar máis información da proba na páx web www. agrudebam.es o una Web do cole: en Deporte no2

Para calquera dúbida podedes contactar con nós no Teléfono: 650602161

 

 

CAMPO A TRAVÉS PROVINCIAL

 Campo a Través Provincial 16-17.

Circuito Loureiro-Camiño da Verdella- San Miguel de Oia ( Vigo)

Domingo 12 de Febreiro 17

            O Vindeiro Domingo día 12 de Febreiro vai ter lugar a proba de Campo a Través Provincial da presente campaña Deportiva Circuito de Loureiro- Camiño da Verdella en San Miguel de Oia en Vigo. Dita xornada está destinada os/as nenos/as de 2º a 6º que se clasificaron no Cros zonal de a Guarda. Os/as nenos/as que queiran participar en dita xornada deberán traer esta notiña asinada antes do vindeiro Venres día 3 de Febreiro. Para os nenos/as de Bornetas e Areas se fose necesario o autobús pasaría polas paradas.

Para ver o circuito pincha aqui

Para ver como chegar ao circuito picha aqui

CAMPIONATO ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

CAMPIONATO ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR.

Camping Santa Tegra ( A Guarda)

26/11/16             

O pasado Sábado 26 de Novembro levouse a cabo o Cross Zonal da presente campaña escolar de Campo a Través, no Camping Santa Tegra de A Guarda.

A participación do Ceip Nº2 de Tui foi moi numerosa, e os resultados foron moi satisfactorios……..

Aquí tedes unha pequena mostra da participación dos rapaces e rapazas.

Podedes ver un video da proba e os resultados na páxina: www.agrudebam.es/campo-a-través

 

CAMPIONATO ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

CAMPIONATO ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR.

Camping Santa Tegra ( A Guarda)

26/11/16

                                                                                         

O vindeiro Sábado 26 de Novembro levarase a cabo o Cross Zonal da presente campaña escolar de Campo a Través, no Camping Santa Tegra de A Guarda.

A saída para tódolos nenos/as que participan nesta competición será ás 9:00h do C.E.I.P. Nº 2 de Tui, ás 9:10h nas paradas de Rafi e Rotonda e Areas. Prégase puntualidade porque a esta hora sairá o bus sen retraso.

A Chegada  será aproximadamente entre as 14:30 h.

A competición dará comezo ás 10:30h para a categoría Benxamín Feminina (2º,3º), ás 10:45h para a categoría Banxamín masculina (2º,3º), ás 11:00h para a categoría Alevín Feminino (4º,5º), ás 11:15h para a categoría Alevín Masculina(4º,5º),  ás 11:35h para a categoría Infantil Feminino ( 6º) e ás 11:55h para a categoría Infantil Masculino ( 6º).

            Tódolos nenos/as teñen que traer chándal( o do cole se o tiveran), e a equipación do colexio ( camiseta e pantalón), e tenis. En caso de choiva que leven roupa seca para cambiarse.

            ¡¡¡IMPORTANTE!!! A roupa do colexio será devolta antes do Mércores día 30 de Novembro.

            Podedes atopar máis información da proba na páxina web www. agrudebam.es. ou na sección Deporte no 2 da Web do Ceip Nº2 de Tui.

            Para calquera dúbida chamar o tlfno 650602161.

 

CAMPO A TRAVÉS ZONAL 2016-2017

 

 Campo a Través Zonal 16-17.

Camping Santa Tegra ( A Guarda)

26 Nov 2016

            O Vindeiro Sábado día 26 de Novembro vai ter lugar a proba de Campo a Través Zonal da presente campaña Deportiva no Camping Santa Tegra en Salcidos ( A Guarda). Dita xornada está destinada os/as nenos/as de 2º a 6º. Os/as nenos/as que queiran participar en dita xornada deberán traer esta notiña asinada antes do vindeiro Venres día 18 de Novembro. Atoparedes máis información na web: www.agrudebam.es

Aquí vos deixamos a nota de Inscripción por se vos animades a participar.

 

COMPETICIÓN DE ATLETISMO

Tedes aqui o calendario da competición de atletismo nas que participarán todos os nenos/as de 5º de primaria.

CARREIRA POPULAR DE SAN TELMO 2016

 

Carreira Popular de San Telmo 16.

Dom 3 de Abril 2016 (Tui )

O pasado, Domingo de San Telmo, día 3 de Abril pola mañá, tivo lugar a Carreira de San Telmo 2016, na Corredeira de Tui. Nesta carreira participaron moitos nen@s do noso colexio, con excelentes resultados e un gran número de participantes.

Aquí vos deixamos algunhas fotos de esta xornada na que como comprobaredes, o pasamos xenial.

Tamén podedes atopar máis información, cos tempos e fotos de chegada en: https://clubatletismotui.wordpress.com/carreira-san-telmo/

 

XI CARREIRA DE XÓVENES ATLETAS

XI Carreira Xóvenes Atletas.

O Porriño

28 de Febrero de 2015

 

O pasado Domingo  día 28 de  Febreiro, pola mañá, tivo lugar a “XI Carreira Xóvenes Atletas”, no centro de O Porriño, estivo destinada os/as nenos/as nados dende o ano 2001 ata o ano 2013.

Fomos o cole con maior número de participantes, entramos en meta 55 atletas do Ceip Nº2 de Tui. Todos os participantes acadamos unha medalla por participar, e moitos de nós tamén conseguimos trofeo, por entrar nos primeiros postos na meta.

Aquí vos deixamos algunhas fotos, que dan boa conta do ben que o pasamos.

XORNADA DE ATLETISMO

Xornada de Atletismo en Pista

A Macoca

19/02/16

O pasado Venres 19 de Febreiro de 2016, tivo lugar a Xornada de Atletismo en Pista, na A Macoca, para o alumnado de 5º de Primaria do noso cole. Nesta Xornada tamén participaron todos os alumnos de 5º do Cep Altamira de Salceda, do Ceip Caldelas de Tui, do Ceip Guillarei, do Ceip Rebordáns, do Ceip Nº1 de Tui, do Ceip Pazos de Reis e do Colexio Sta Mª Maristas.

Disfrutamos das probas de atletismo de 60m lisos, 500m lisos, Salto de Lonxitude, Lanzamento de Vórtex, Lanzamento de Peso e Carreira de Relevos. Como podedes ver nas fotos, pasámolo xenial.

Campionato Provincial de Campo a Través 2016

 CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS

Praia da Ladeira. Baiona

13/02/16

O pasado Sábado 13 de Febreiro de 2016, levouse a cabo o Campionato Provincial de Campo a Través da presente campaña escolar de Campo a Través, na Praia da Ladeira en Baiona

A competición  comezou ás 10:45h coa proba Cadete Feminino, ás 11:00h a proba Cadete Masculino, ás 11:15h a proba Infantil Feminino, ás 11:30h a proba Infantil Masculino, ás 11:45h a proba Alevín Feminino, ás 12:00h a proba Alevín Masculino, ás 12:15h a proba Benxamín Feminino e ás 12:30h a proba Benxamín Masculino.

Do noso colexio participaron Andrea, Eva, Elena e Iago...Os 4 fixeron unha gran carreira, sobre todo porque o terreo da carreira estaba impracticable debido a intensa chouva. A nosa noraboa para os 4.

PROMOCIÓN DO ATLETISMO EN PISTA NOS CENTRO EDUCATIVOS

PROMOCIÓN DO ATLETISMO EN PISTA NOS CENTROS EDUCATIVOS 19/02/2016

Amacoca Tui

 

O vindeiro Venres día 19 de Febreiro vai ter lugar unha proba de Promoción do Atletismo en pista para todo o alumnado de 5º do noso centro.

Tamén participarán canda nós os coles de Pazos, Rebordáns, nº1, Maristas, Guillarei, Salceda de Caselas e Caldelas

 

2. As Probas

O programa de probas estará composto por:                    

60 m. Lisos

500 m. Lisos

Lanzamento de Vórtex

Salto de lonxitude

Lanzamento de peso (2 kg.)

Relevo 4x60 m.

Podedes ver aqui a distribución do alumnado e as probas nas que van a participar cada un.

 

XI CARREIRA XÓVENES ATLETAS EN PORRIÑO

XI Carreira Xovenes Atletas en Porriño

 

O Vindeiro Domingo 28 de Febreiro, terá lugar en Porriño a XI Carreira Xovenes Atletas, que organiza o Club Atletismo Porriño, xunto ao Concello de Porriño..

Nesta proba poderán participar todos os nenos e nenas nados entre os anos 2001 e 2013…

A proba terá lugar nas rúas céntricas do Concello de Porriño, as distancias son bastante asequibles, e tódolos participantes recibirán unha medalla ao rematar a proba.

Por todo isto, animamos a tod@s @s nen@as a participar na mesma… Adxuntamosvos máis información aquí.

 

Distribuir contido