Proba de Campo a Través Zonal Benxamín 18-19.

Proba de Campo a Través  Zonal 

Benxamín 18-19.

Torreiro de Festas de Guillarei ( Tui)

Venres 16 Nov 2018

         O Vindeiro venres día 16 de Novembro, en horario de mañá, vai ter lugar a proba de Campo a Través da presente Campaña Deportiva,  nas Instalacións do Torreiro de Festas de Guillarei en Tui. O Ceip plurilingüe Nº2 de Tui participará cos/as nenos/as de 2º e 3º, que  asistirán á proba en autobús e cos mestres do centro. Tod@s @s alumn@s deberán levar merenda, a equipación do colexio e o chandal do mesmo se o tiveran. Os nenos e nenas asistirán a escola como calquera día normal de clase e sairán e voltarán ao colexio para levar a cabo a proba.

O alumnado de 3º sairá do colexio ás 10:00h e voltará ao mesmo ás 12:05 horas. A súa competición levarase a cabo entre as 10:30h e as 12:00h.

O alumnado de 2º sairá do colexio ás 11:00h e voltará ao mesmo ás 13:05 horas. A súa competición levarase a cabo entre as 11:30h e as 13:00h.

Todas as familias poderan asistir á proba para disfrutar da xornada.