Deporte en Tui

Deporte en Tui

XVIII Andaina Tudense Solidaria 2022

sábado 14 de maio o club Andatui celebrará a XIII Andainatudense Solidaria 2022, cita anual para subir e gozar do monte Aloia.

Sairemos ás 10:00 horas desde a praza da Inmaculada, para recorrer varias rúas de Tui, antes de tomar rumbo cara a senda do Lagartón e chegar á ponte das Febres, despois subiremos polos muiños de Paredes ata o alto do monte Aloia, onde xantaremos arredor da capela de San Xiao. Pola tarde pasaremos ao carón do castro Alto dos Cubos, visita que recomendamos, antes de chegar de novo á praza da Inmaculada onde finalizará a XVIII Andainatudense Solidaria.

En total percorreremos sobre 23 quilómetros, tendo avituallamentos intermedios. No remate da Andaina Tudense faremos o sorteo de agasallos de costume.

Un ano máis a acción solidaria irá destinada a SOS Tomiño Baixo Miño, polo que na recollida do dorsal solicitamos entregar 1 quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros.

Datos de interese:

  • Recollida de dorsais: entre as 09:00 e as 10:00 horas na praza da Inmaculada.
  • Xantar: a partir das 14:00 horas arredor da capela de san Xiao.
  • Remate da andaina: aproximadamente ás 18:00 horas.
  • Prezo: 12 euros (inclúe seguro, camiseta conmemorativa, xantar e avitullamentos)
  • As inscricións finalizarán o mércores 11 de maio ás 23:59 horas. Máximo 200 prazas.

Atoparedes máis información na web de Andatui. Pincha sobre o logo e atoparedes máis detalles da proba e da inscripción.

Deporte en Tui

Aloia Kids Trail 22.

Sábado 7-8 de maio de 2022.

O pasado sábado 7 de maio de 2022, as 16:30h tivo lugar a Aloia Kids Trail, unha proba de correr, gozando do entorno do Parque Natural do Monte Aloia en Tui.

Aquí vos deixamos mostra dos xoves atletas da nosa escola, que participaron. Noraboa a todos eles!. Grazas a todas as familias e especialmente á profe Eli, por ser a responsable do Equipo de Deporte Escolar nesta proba. Moitas grazas á organización tamén, por contar sempre con nós.

 

Deporte en Tui

Aloia Kids Trail 22.

Sábado 7-8 de maio de 2022.

O vindeiro sábado 7 de maio de 2022, as 16:30h terá lugar a Aloia Kids Trail, unha proba de correr, gozando do entorno do Parque Natural do 

Monte Aloia en Tui.

As Categorías serán:

Sábado 7 de maio ás 16:30h.

BABY POWER: de 5 a 8 años

BABY ROCKET: de 9 a 11 anos

BABY WARRIORS: de 12 a 14 anos

Tódolos participantes levarán un agasallo o rematar a proba.

Domingo 8 de maio ás 10:00h

ADULTOS: realizarán a súa proba o domingo 8 de maio, a saída ás 10:00 da mañá e reservado para corredores maiores de 18 anos. 21km e con un desnivel de mais de 600 metros.

Maiores de 15 anos. Será unha proba de 12k e a saída será as 11:00 horas.

A inscrición na proba poderá realizarse cubrindo o seguinte formulario:

https://www.deporticket.com/web-evento/6808-aloia-trail

Atoparedes toda a información en :

http://www.traildoaloia.com/

Dende o Equipo de Deporte no 2, animamos a todo o alumnado e familias a sumarse a esta iniciativa de vida sa e saudable, que temos a oportunidade de gozar en Tui.

Deporte en Tui

XII Enduro

Cidade de Tui

Trofeo Ibérico da Eurocidade

30 abril e 1 de maio de 2022

Para os apaixoados do mundo do motor, deixamosvos esta cita, para esta fin de semana, aquí en Tui, nos montes de Randufe e Malvas.

Deporte na Eurocidade

Raid TT Valença

26 de marzo: Motos

30 de abril: Jeeps.

Para os amantes do mundo do motor, esta fin de semana, o 26 de marzo terá lugar en Valença o Raid TT Valença cunha proba de motos e Quads, xa o vindeiro 30 de abril terá lugar a proba de jeeps. Animádevos a gozar de esta fantástica proba na eurocidade Tui-Valença.

Deporte en Tui

41 REGATA MIÑO INTERNACIONAL 

XVII COPA PRESIDENCIA

Sábado 19 de marzo de 2022.

O vindeiro sábado 19 de marzo de 2022, terá lugar en Tui a 41 Regata Miño Internacional de remo. A saída será dende Curras ( Tomiño) ás 11:50h e a chegada está prevista a partires das 12:15, ás inmediacións do centros de remo e piragüismo de Tui.

Deporte en Tui

IX edición do BTT EUROCIDADE VALENÇA – TUI – VALENÇA

O vindeiro 20 de marzo, terá lugar á IX edición do BTT EUROCIDADE VALENÇA – TUI – VALENÇA, este ano será unha das probas maís esperadas dos últimos anos. Haberá dúas distancias 43 e 70 Km, onde podedes gozar co percorrido e con todo o demáis: os avituamentos, o bo ambiente, o porco ó espeto, e co recontro e a copañía dunha chea de amigos. Animádevos a participar nas vosas bicicletas ou do ambiente de festa. Atoparedes máis información se pinchades na imaxe.

 

Deporte en Tui

Campionato Galego

Grupos Show grandes e pequenos.

Sábado 26  e Domingo 27 de Marzo

Pav. Municipal Gustavo Rodríguez.

Os vindeiros sábado 26 e domingo 27 de marzo, terá lugar no Pavillón Municipal Gustavo Rodríguez de Tui o Campionato Galego de Grupos Show grandes e pequenos de patinaxe, organizado polo CPA Ribex. Animámos a todo o alumnado a gozar de esta excelente actividade en Tui.

 

Deporte en Tui

       Roteiro  Ilustrado

“Camiñando con elas”.

Día da Muller.

             8 de marzo de 2022

O pasado martes 8 de marzo, celebrouse o día da Muller. Dende o Concello presentouse o roteiro ilustrado “Camiñando con elas”, enmarcado no proxecto “O Tui das Mulleres. A historia non contada”, cun percorrido teatralizado polo conxunto histórico da man de María Chamadoira.

Nesta ruta dase visibilidade a dez mulleres tudenses: Rosa Bahamonde, María Tydeska, Raíñas Dona Urraca, Clara Torres, Josefa Correa, Conchiña Concheiro, Mª Suaréz Sarmiento, Evangelina Jaso, Cándida Rodríguez e Antonia Saravia.

A ruta volverá realizarse o domingo 20 deste mes ás 12 h. Para asistir é preciso inscrición previa na Oficina de Turismo. Animádevos a participar. Pinchade sobre a foto para ter máis información.

Deporte en Tui

Carreira Castro San Miguel Oia

16 de febreiro de 2022.

O pasado domingo 16 de febreiro, tivo lugar a Carreira Castro San Miguel en Oia. Na mesma, participou o Club Atletismo Tui con moitos deportistas, entre os que se atopaban Vio e Elena de 3ºC. Elas quixeron compartir coa súa clase as súas medaias. Noraboa Campionas.

Campo a Través

Carreira Castro San Miguel Oia I Memorial Alejandro Gómez.

San Miguel de Oia Dec 2021

O pasado fin de semana celebrouse a Carreira de Campo a Través Castro San Miguel, este ano coa adicatoria ao atleta Alejandro Gómez.

Co Club Atletismo Tui participaron Elena e Violeta de 3ºC, alumnas da nosa escola, que quixeron compartir con nós os seus éxitos. Noraboa campionas e noraboa ao Club Atletismo Tui polo seu gran traballo.

 

Eurocidade Urban Trail Night. Sábado 27 de Novembro de 2021 Eurocidade Valença- Tui

Eurocidade Urban Trail Night.

Sábado 27 de Novembro de 2021

Eurocidade Valença- Tui

 O pasado sábado día 27 de Novembro de 2021, tivo lugar a proba Eurocidade Urban Trail Night, entre Valença e Tui, a partires das 20:00h.

Dende o equipo de Deporte Escolar do Ceip Nº2 de Tui, participamos na proba de apoio ao avituallamento, como voluntarios. Agradecemos a colaboración de Lucía, Aeneas, Alejandro, Xenxo e Julián alumnos do noso cole e as súas familias. Pero tamén a colaboración especial de Montse, Fernando, María, Juan e Bea Paniagua. A organización do Urban Trail Night felicitou a todo o equipo de voluntarios, grazas a eles a proba foi un éxito.

Moitas grazas equipo.

 

Tui contra a violencia de xénero

Marcha Ciclista en Tui

Contra a Violencia de Xénero.

Domingo, 28 de novembro de 2021.

Paseo da Corredeira, Tui.

O vindeiro domingo día 28 de novembro, ás 12:00h, o Concello de Tui, organiza unha marcha ciclista contra a Violencia de Xénero. Aquí vos deixamos o cartel con máis información, para que vos animedes a participar coas vosas familias.

Ademáis, o Concello de Tui organiza máis actividades para a conmemoración do 25N na prevención da violencia sexual e a formación en igualdade. Dixamosvos o enlace á páxina do Concello onde atoparedes máis información. Preme na imaxe que se atopa a continuación.

Eurocidade Urban Trail Night.

Eurocidade Urban Trail Night.

Sábado 27 de Novembro de 2021

Eurocidade Valença- Tui

 O vindeiro sábado día 27 de Novembro de 2021, terá lugar a proba Eurocidade Urban Trail Night, entre Valença e Tui, a partires das 20:00h.

Dende o equipo de Deporte Escolar do Ceip Nº2 de Tui, imos participar na proba de apoio ao avituallamento, como voluntarios. Convidamos a aqueles alumnos/as de 6º de primaria que queiran axudar e colaborar na proba como voluntarios que cubran a seguinte notiña. A colaboración consistirá en repartir o avituallamento aos corredores na zona do Centro Interfederado de Tui entre as 20:00 e as 21:20h, estando sempre acompañados de mestres do colexio e as familias se o consideran oportuno.

 Preme aquí para descargar a folla de inscripción.

Se eres adulto e queres participar, preme no cartel para acceder a web da proba.

 

Aloia Kids Trail 21.

Aloia Kids Trail 21.

Sábado 6 de Nov ás 16:00h.

O pasado sábado 6 de novembro de 2021, as 16:00h tivo lugar a Aloia Kids Trail, unha proba de correr gozando do entorno do Parque Natural do Monte Aloia en Tui. Da nosa escola animáronse a participar moitos alumnos e moitas familias. A nosa noraboa a tódolos/as participantes e tamén aos gañadores. Aquí queremos compartir os premios dalgúns dos gañadores.

Distribuir contido