Deporte en Tui

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui está a xogar a temporada 17/18. O pasado 5 de abril os nosos deportistas xogaron, esta fin de semana contra o equipo de A SAR de Redondela , na fase final clasificatoria da liga. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia e Lía.

Os parciais foron: C.B.Tui -SAR: 4-6/9-7/8-4/4-5.

Gran partido das guerreiras tudenses que ainda que perderon o encontro, xogaron un gran partido.

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias.

AUTORIZACIÓN MARATÓN SAN TELMO 18

Carreira Popular de San Telmo 18

Sábado 7 de Abril 2018 ( Tui )

O Vindeiro Sábado de San Telmo, día 7 de Abril de 2018, a partires das 10:30h, vai ter lugar a Carreira Popular de San Telmo 2018. Dita xornada está destinada os/as nenos/as e adultos e adultas que queiran participar. Esta proba está organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia en colaboración co Concello de Tui, e gustaríanos contar con un gran número de participantes, xa que é aquí en Tui. Recordade que todos os anos se realiza a "OPERACIÓN KILO", cambiarase o dorsal por un kilo de alimentos non perecedeiros.

Aquí vos deixamos a folla de inscripción para a proba.

Tamén vos deixamos os horarios da proba que podedes velos aquí

Podedes atopar información máis detallada na web do Club Atletismo Tui.

Andaina de San Telmo 18

Andaina de San Telmo 2018

Sábado 7 Abril 2018

Palco da Corredoira de Tui

Este sábado 7 de abril, a partir das 10.00 horas españolas, dende o Palco da Música, no Paseo da Corredoira de Tui, sairá a Andaina de San Telmo, que forma parte do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, organizado polo Club AndaTui Rego da Pedra, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença.

Esta andaina terá unha percorrido de 8 Km, de dificultade baixa cunha duración aproximada de dúas horas e media.

As inscricións están abertas, a través da páxina web do Club Andatui Rego da Pedra, en http://www.andatui.es/andainas-saudables-eurocidade/.

Nesta edición, a andaina será gratuíta ao entrar dentro da Campaña do mes da prevención de malos tratos na infancia, promovido pola CPCJ de Valença e o Concello de Tui, onde o obxectivo primordial desta campaña e concienciar á comunidade da importancia da prevención dos malos tratos na infancia e para a valorización dos nenos en canto suxeitos de pleno dereito. Por isto, se pide que os participantes acudan cunha prenda de cor azul.

Poden atopar máis información en Infomiño.

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui está a xogar a temporada 17/18. O pasado 25 de marzo os nosos deportistas xogaron, esta fin de semana contra o equipo de A SAR de Redondela , na fase final clasificatoria da liga. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia e Lía.

Os parciais foron: SAR- C.B.Tui: 8-6/9-7/8-7/6-9.

Gran partido das guerreiras tudenses que ainda que perderon o encontro, xogaron un gran partido.

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias.

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui está a xogar a temporada 17/18. O pasado 18 de marzo os nosos deportistas xogaron, esta fin de semana contra o equipo de A Cañiza, na fase final clasificatoria da liga. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia e Lía.

Os parciais foron: C.B.Tui-Cañiza: 1-6/7-6/3-11/9-13.

Gran partido das guerreiras tudenses que ainda que perderon o encontro, xogaron un gran partido.

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias.

CALENDARIO DEPORTIVO EUROCIDADE

A Eurocidade Tui-Valença oferta unha trintena de actividades deportivas no seu calendario conxunto para 2018

 Aquí atoparedes o calendario detallado de todas as actividades.

O Tyde defenderá en xuño o título de campión do Torneo Internacional de Fútbol 7 de Versmold (Alemaña)

 

O Tyde defenderá en xuño o título de campión do Torneo Internacional de Fútbol 7 de Versmold (Alemaña)

 

O Tyde F.C. acudirá no mes de xuño novamente, por quinto ano consecutivo, ao Torneo Internacional de Fútbol 7 en Versmol, onde defenderá o título de campións logrado o ano pasado fronte a outros 21 equipos de distintos países europeos. Neste equipo participan alumnos do Ceip Nº2 de Tui, que xeración a xeración viaxan con gañas e ilusión para disfrutar neste gran campionato. Dende o noso cole desexamoslles moita sorte.

 

 

 

 

O judoca tudense Lino Martínez proclámase Campeón de Europa en M6 - 81kg. Sábado 10-03-18 Coppet Ginebra Suiza

O judoca tudense Lino Martínez proclámase

 Campeón de Europa en M6 - 81kg.

Sábado 10-03-18

 Coppet Ginebra Suiza

O pasado sábado día 10 de Marzo de 2018, o tudense Lino Martínez participou en Coppet, Ginebra ( Suiza) no Campionato de Europa WIBK, representando a Eurocidade Tui-Valença e repetindo o éxito do ano pasado, proclamándose Campión de Europa na categoría M6-81kg. Lino conseguiu gañar todos os seus combates, gañando o ouro despois de vencer ao representante francés. Lino foi galardonado como mellor deportista veterano na Gala do Deporte tudense do ano 2017. Noraboa Lino!!

Podedes atopar máis información en Infomiño Tui  pinchando aquí

 

 

As antigas alumnas do Ceip Nº2 de Tui Nuria e Gemma Martínez Fortuny na élite do balonmán Feminino. Club Godoy Maceira Balonmán Porriño Temporada 18-19

 

As antigas alumnas do Ceip Nº2 de Tui Nuria e Gemma Martínez Fortuny

na élite do balonmán Feminino.

Club Godoy Maceira Balonmán Porriño

Temporada 18-19

As antiguas alumnas do Ceip Nº2 de Tui, Nuria e Gemma Martínez Fortuny, que comezaron a xogar a balonmán no C.B. Tui, xunto a porteira Begoña Otero de Caldelas, xogan na temporada actual 18-19, na máxima categoría do balonmán español, da man do Club Godoy Maceira Balonmán Porriño.

Na actualidade o Godoy Maceira Balonmán Porriño xoga na máxima liga española de Balonmán Feminina a División de Honra feminina. Neste, equipo xogan as 3 tudenses que cada fin de semana tratan de sumar o maior número de puntos posibles para o equipo.

Os vindeiros días 20,21 e 22 de Abril de 2018 o equipo viaxará a Málaga para disputar a copa da raíña. Desexamoslles o mellor a todo o equipo. Un orgullo que tres tudenses sigan cumplindo os seus soños no máis alto do balonmán español .

Aquí vos deixamos o enlace a varias entrevistas  que a prensa lles fixo a Gemma e Nuria para que vos animedes a xogar a balonmán e disfrutar de este deporte como levan facendo elas dende fai tantos anos. Noticia 1, noticia 2, noticia 3.

 

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui está a xogar a temporada 17/18. O pasado 11 de Marzo os nosos deportistas xogaron, esta fin de semana contra o equipo de O Novás, na fase clasificatoria da liga. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia e Lía.

Os parciais foron: Novás-C.B.Tui: 7-2/4-3/3-4/10-5.

Moi bo partido, ao noso equipo segue a resistirselle a victoria co equipo do Rosal. Ainda así foi un partido moi ben xogado.

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias.

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui está a xogar a temporada 17/18. O pasado 4 de marzo os nosos deportistas xogaron, esta fin de semana contra o equipo de A Cañiza, na segunda volta da liga. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia e Lía.

Os parciais foron: Cañiza-C.B.Tui: 5-4/8-6/5-3/5-2

Gran partido das guerreiras tudenses que ainda que perderon o encontro, xogaron un gran partido.

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias.

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui está a xogar a temporada 17/18. O pasado 24 de Febreiro os nosos deportistas xogaron, esta fin de semana contra o equipo de O Novás, na segunda volta da liga. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia e Lía

 Os parciais foron: C.B.Tui- Novás: 11-11/3-10/7-12/2-3.

Moi bo partido, ao noso equipo segue a resistirselle a victoria co equipo do Rosal. Ainda así foi un partido moi ben xogado.

 Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias.

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui está a xogar a temporada 17/18. O pasado 17 de Febreiro os nosos deportistas xogaron, esta fin de semana contra o equipo de Porriño , na segunda volta da liga. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia e Lía

 Os parciais foron: Porriño-C.B.Tui: 3-12/1-9/4-4/2-10

Gran partido das guerreiras tudenses que colleitaron unha gran victoria.

 Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias.

O C.P.A. RIBEX CAMPIÓN GALEGO DE GRUPOS SHOW GRANDES

O C.P.A. RIBEX CAMPIÓN GALEGO DE GRUPOS SHOW GRANDES

 Este vindeiro fin de semana celebrouse en Santiago de Compostela o Campionato Galego de Patinaxe Artística, modalidade de grupos show, no que o clube tudense C.P.A. Ribex proclamouse por primeira vez campión autonómico o seu espectacular programa “Mal augurio”.

Dende o CEIP Nº 2 queremos enviar os nosos parabéns a tódolos integrantes do grupo e aos seus adestradores pola vitoria.

Seis medalla para o Club Remo do Miño de Tui-Seta nos Campionatos de España de Remoergometro e fondo

Seis medalla para o Club Remo do Miño de Tui-Seta nos Campionatos de España de Remoergometro e fondo

 

A pasada fin de semana do 27-28 de xaneiro tivo lugar en Castrelo de Miño ( Ourense) o Campionato de España de Remo Ergometro e de Fondo. O Club Remo acadou 6 medallas con moito mérito para os seus deportistas:

En Remoergómetro.

JESUS GONZALEZ, RODRIGO CONDE  participaron en peso lixeiro e acadaron prata e bronce respectivamente.

 

DAVID PRADA participou en categoría absoluta e acadou a medalla de bronce.

 

Na Regata de fondo:

En categoría absoluta Skiff: a prata sería para RODRIGO CONDE e o bronce sería para JESÚS GONZÁLEZ.

En categoría cadete Masculino a medalla de bronce sería para BRUNO MISA.
Noraboa a todos os participantes e tamén aos medallistas.

Podedes atopar máis información en Infomiño.

Distribuir contido