Deporte en Tui

O equipo Alevín do Tyde F.C xoga o seu segundo encontro da Liga 14-15.

O pasado Domingo día 18 de Outubro de 2014, tivo lugar o segundo encontro de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Itzam de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Este  encontro foiTyde F.C.- A Guia da Guarda e os nosos xogadores fixeron un gran partido gañando contundentemente:  5-0.

Os nosos parabéns e desexarlles que sigan tendo resultados favorables durante a liga.

 

 

O equipo Alevín do Tyde F.C comeza a Liga 14-15.

O pasado Sábado día 11 de Outubro de 2014, tivo lugar o comezo de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago e  Itzam de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Este primeiro encontro foi Ponteareas- Tyde F.C. e os nosos xogadores fixeron un gran partido gañando contundentemente:  0-5.

Os nosos parabéns e desexarlles que sigan tendo resultados favorables durante a liga.

 

 

O Equipo Cadete do Club Baloncesto Tui Subcampeón Galego da Copa de Galicia de Baloncesto

O pasado sábado día 4 de Outubro levábase a cabo no Pav. Vello de Tui a Copa de Galicia de Baloncesto de categoría Cadete Masculino. O C.B. Tui foi quen de gañar o seu primeiro partido na xornada de mañá que lle deu paso a final de dito campeonato.

No partido da final xogou un partido espectacular, co apoio do multitudinario público tudense que os animou de principio a fin.

O resultado final subcampeóns galego para o equipo tudense.

O Cesp Nº2 de Tui quere felicitar a estes grandes deportistas aos que lles espera unha meirande proxección no mundo do baloncesto. Parabéns!!

Campeonato Galego de Escalada en Tui

Campeonato Galego de Escalada

Tui 11 Octubre 14

Tui acolle este fin de semana o Campeonato Galego de Escala, que terá lugar mañá sábado no Pav da A Macoca en Pazos de Reis, de 10:00h a 20:00h. Daranse cita os mellores escaladores galegos e portugueses, e será unha oportunidade excepcional para disfrutar deste deporte na nosa cidade. Despois da Xornada de Promoción de Escalada que levamos a cabo na escola a pasada semana, convidamos a todas as familias do centro a vivir este evento deportivo.

 http://fgmontanismo.es/

Gustavo Rodríguez acada o sexto posto no Campionato do Mundo de Triatlón de Longa Distancia

O triatleta tudense, e antigo alumno do Ceip Nº2 de Tui, Gustavo Rodríguez acadou a pasada fin de semana o sexto posto no Campionato do Mundo de Triatlón de longa distancia, disputado na localidade china de Weihai.

Gustavo Rodríguez, que participaba neste campionato por primeira vez, tivo que percorrer catro quilómetros nadando, cento vinte quilómetros en bicicleta e vinte quilómetros de carreira a pé, demostrando que está a un altísimo nivel e rematando entre os mellores da élite mundial. O seu tempo final foi de cinco horas, vinte e un minutos e cincuenta e tres segundos.

Noraboa Tavo!!

Ivan Alonso Subcampeon del mundo de piragüísmo

IVÁN ALONSO SUBCAMPEÓN DEL MUNDO DE MARATÓN K1

IVÁN ALONSO SUBCAMPEÓN DEL MUNDO DE MARATÓN K1

 

O gallego do Kayak Tudense Iván Alonso proclamouse Subcampeón do Mundo de Maratón na modalidad de K1 nos Campeonatos do Mundo de Maratón que se levaron a cabo na localidade americana de Oklahoma City. Alonso con un crono de 2:12:12,181  quedouse a 5 segundos da medalla de ouro que se adxudicou o sudafricano Hank Mc Gregor (2:12:07,157). A segunda medalla de Bronce en K2 acadouna xunto ao seu compañeiro Emilio Merchán. Tamén foron medalla de bronce os seus compañeiros de clube Oscar Graña e Ramón Ferro. Unha gran actuación do Club kayak Tudense.

A nosa Noraboa para estes Grandes Campeóns!!!

Distribuir contido