Articles

PROTOCOLO RESUMIDO E OUTROS DOCUMENTOS DE INTERESE

A continuación tedes información resumida sobre o protocolo, a sintomatoloxía a ter en conta, así como cartelaría interesante para repasar na casa cos vosos fillos/as as normas nas que lles estamos incidindo estes primeiros días no centro.

Protocolo resumido     Sintomatoloxía     Cartelaría protocolo covid     Actuación ante unha sospeita

Benvidos ao noso cole

Entrada principal

CEIP Nosa Señora dos Remedios

1969-2019 50 anos formando para o futuro

Rúa Azorín, s/n. 36860. PONTEAREAS

Telf.: 886 110 532

Fax: 886 110 538

Correo:  ceip.nosasenora.remedios@edu.xunta.gal

REVITALIZA - ACTIVIDADES SOBRE COMPOSTAXE

Nestas semanas estamos levando a cabo actividades de respecto pola natureza, organizadas pola Deputación de Pontevedra dende o programa REVITALIZA; e a axuda con Concello de Ponteareas.

Instalamos un composteiro, déronnos unha charla sobra a súa montaxe, charlas de microcompostaxe, xogo da miñoca... aquí unha pequena mostra dalgunhas actividades.

 https://revitaliza.depo.gal/

GAÑADORES CONCURSO SAMAÍN

Xa temos gañadores/as do concurso SAMAÍN 2020, organizado polo Equipo de Biblioteca do cole.

Noraboa e grazas a todo/as por participar!

 

O MAGOSTÍN

VELAQUÍ ESTÁ!
XA CHEGOU O SAN MAGOSTÍN!
Que non sabedes que é?!?!
Este curso no noso cole fixemos unha mestura de todas as festas de outono.
O/As neno/as fixeron uns traballos de Plástica preciosos pero no medio coáronse fotos que nada teñen que ver co noso Magostín
Seredes quen de atopar os intrusos?
Comezamos con Ed. Infantil:
 
Quenda agora de 1º e 2º:
 
Agora 3º e 4º:
 
Por último, 5º e 6º:
 

n/d

SAIAMOS DISTO CON #SENTIDIÑO

Esta entrada enlaza con unha serie de recursos interesantes que están a elaborar as Consellerías de Sanidade e Educación.

Guía volta segura ás aulas

Enquisa autoavaliación diaria (renovada)

Principais medidas / Preguntas frecuentes (atoparedes o enlace no menú superior azul)

PROTOCOLOS DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID

Aquí tedes os documentos de adaptación á situación covid, que como xa vos informamos, trátase de PROTOCOLOS VIVOS, que serán sometidos a continuas revisións e/ou actualizacións segundo indiquen as autoridades sanitarias e/ou educativas.

Plan de adaptación ao contexto covid (versión 2) / Plan de Continxencia (versión 2) / Plan de Acollida (versión 1)

HORARIOS DE ENTRADA/SAÍDA ESCALONADAS E MATERIAL

Tal e como se vos comincou nas reunións de onte, os horarios de entrada e saída serán escalonados do seguinte modo:

E.INFANTIL  E.PRIMARIA 
 4 e 5 anos   9:20 / 14:25 

 1º e 2º    9:25 / 14:15

 3 anos   9:25 / 14:20  3º e 4º    9:20 / 14:20
   5º e 6º    9:15 / 14:25

O éxito da medida radica na puntualidade e cumprimento dos mesmos, así como das normas que comentamos.

 

"MATERIAL COVID"  OBRIGATORIO POR ALUMNO/A: Infantil traerá dúas caixas de panos desbotables. Primaria traerá dúas caixas de panos desbotables, frasco pequeno con xel hidroalcohólico, máscara de reposto con funda para a mesma, e rotulador para pizarra blanca.

 

* O resumo do protocolo que se vos explicou onte publicarase nos próximos días.

REUNIÓN PREVIA INICIO DE CURSO COAS FAMILIAS

Ante o comezo de curso tan diferente que nos acomete, é preciso realizar unha reunión inicial PREVIA coas familias para dar a coñecer o PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO COVID-19 no noso centro, así como algunhas normas xerais, adaptacións das entradas e saídas, e por suposto resolver as dúbidas que teñades.

A asistencia é completamente necesaria!!

 

NORMAS PARA ASISTIR Á REUNIÓN:

  • Soamente poderá asistir unha persoa por familia, sen nenos/as.

  • Respetarase en todo momento a distancia de 1,5m e empregarase a máscara.

  • Entrarase tanto pola porta de infantil (rotonda Mikado) como pola principal do cole (Correos), para evitar aglomeracións.

  • Cada persoa situarase unicamente nos lugares indicados

A reunión de Infantil será no hall da planta baixa, O LUNS 7 DE SETEMBRO nas seguintes quendas:

- 3 anos ás 10:30h

- 4 anos ás 12:00h

- 5 anos ás 13:00h

A reunión de Primaria será no patio cuberto, O LUNS7 DE SETEMBRO nas seguintes quendas:

- 1º e 2º EP ás 16:00h

- 3º e 4º EP ás 17:15h

- 5º e 6º EP ás 18:30h

 

* É realmente importante a asistencia, pero se non podedes asistir, pedide a información a outra familia que asistiu.

* O protocolo (tanto resumido como en versión completa) estará colgado na web do centro para a súa consulta tan pronto sexa posible.

* Despois das reunións, crearemos unha sección na web coas preguntas frecuentes.

 

Moitas grazas pola vosa comprensión, apoio e implicación nesta situación tan atípica que nos tocou compartir. ÁNIMO E TRANQUILIDADE, TODO VAI SAIR BEN!!!

Un saúdo,

O Equipo Directivo