TICs

GALICIENCIA 2023

Así foi a visita do noso club de ciencia NATURIÑA a #galiciencia2023 o pasado venres en Ourense.
Acompañad@s polos mestr@s Susana, Marga e Borja, os nenos e nenas pasaron unha xornada xenial aprendendo con outros escolares sobre ciencia e amosando os XOGOS TRADICIONAIS ROBOTIZADOS ao resto dos participantes. 
#poloscreativos #galiciencia #mbot

POLOS CREATIVOS

Neste último mes probamos 2 novos xogos: Magsmarters e os Mbots
Co Magsmarters podemos explorar e experimentar creando diferentes figuras xeométricas coa axuda de triángulos e cuadriláteros. Séntese a forza do magnetismo e favorece á creatividade. 
Mbot Bluetooth é un kit STEAM de robótica ideal para que os nen@s se inicien na robótica, programación e Scratch. Neste xogamos ao 3 en raia con eles.
Canto nos divertimos aprendendo!

SEMANA DAS CIENCIAS 2023

CLUB DE CIENCIAS "NATURIÑA" 

Como remate da VII Semana das Ciencias de Ponteareas, o venres pasado tivo lugar a Feira das Ciencias que, por mor da chuvia, tivemos a honra de albergar nas nosas instalacións.
O noso club de Ciencias "Naturiña" presentou as actividades nas que estivemos a traballar este curso que foron os xogos tradicionais robotizados, nas que os alumnos e alumnas aprenderon a linguaxe de programación e a manexar os Mbots, entre outras cousas.
Foi moi divertido poder compartir todos estas aprendizaxes cos demais centros de Ponteareas!

Proxecto "Xogos tradicionais robotizados" para Galiciencia

Bibiana e Roi preséntannos o vídeo elaborado para o proxecto "Xogos tradicionais robotizados" a GALICIENCIA, a maior feira tecnolóxica de Galicia.
Se nos convidan a ir, no mes de maio o alumnado do Club de ciencia Naturiña poderá gozar da fantástica experiencia de pasar un día mergullados entre experimentos de diferentes centros escolares de Galicia.
Sorte!!!

POLOS CREATIVOS

Xa levamos un mes dende que estreamos a aula e puidemos facer dúas actividades moi divertidas: Kapla e microbit.
Kapla é un xogo de creación natural e sostible que desenrola a creatividade, o inxenio, a lóxica e a perseverancia.
microbit é unha placa que foi creada para achegar os nen@s á programación. Neste caso as programaron para xogar a cara ou cruz e a pedra-papel-tesoira.
#poloscreativos #kapla #microbit

ROBÓTICA EN PRIMARIA NO COLEXIO

Dende hai varios cursos, dende o Equipo de Novas Tecnoloxías do Centro, estamos impartindo robótica na Etapa de Educación infantil.

 

Neste curso, comezamos a dar un obradoiro de Robótica cooperativa para toda a Primaria.

 

 

Contamos con dous tipos de robots para este obradoiro.

 

1. Robot para 1º e 2º de Educación Primaria.

 

APOIO Á INFORMATICA

Estes días comezamos coas clases de apoio a informática por parte do Equipo TIC do colexio.

En Primaria, o obxectivo é fornecer ao alumnado das ferramentas necesarias para que se poidan desenvolver con soltura no uso das Novas Tecnoloxías aplicadas á educación: partes dun ordenador,  Linux, LibreOffice, ler e escribir, debuxar, crear presentacións…

 

 En Infantil, traballamos coas tablets. Como tarefa, imos crear monstruíños. A través de diversas aplicacións, xogaremos coas figuras xeométricas, aumentando a dificultade sesión a sesión,  ata que ao final sexan capaces de crear eles mesmos os seus propios personaxes.

 

No ficheiro adxunto completamos esta información.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NOVA BITÁCORA DE TICS DO COLEXIO

O Equipo de Novas Tecnoloxías do colexio acaba de poñer en marcha a súa bitácora, co obxectivo de facilitar o traballo coas TICs ao profesorado do Colexio.


Este é un novo paso dado no noso centro dentro da decidida aposta por estas tecnoloxías. Podedes acceder a esta bitácora dende o enlace que hai nesta web ou indo directamente a: http://remedios-tic.blogspot.com.es

O NOSO COLEXIO NA REDE TIC

O C.E.I.P. "Nosa Señora dos Remedios" xa aparece na web da rede TIC como centro piloto da mesma. Podedes entrar nesta web en http://www.edu.xunta.es, indo a temáticos e pinchando en rede TICS.

O C.E.I.P. NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS SELECCIONADO PARA APLICAR UN PROXECTO DE NOVAS TECNOLOXÍAS

O C.E.I.P. Nosa Señora dos Remedios ven de ser seleccionado como un dos dez centros educativos de Galicia de ensino non universitario nos que se vai aplicar un Proxecto para o uso educativo das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, elaborado e presentado polo noso Colexio diante da convocatoria da Consellería de Educación e O.U.

A selección deste proxecto fai que o noso colexio dea un paso de xigante no uso das novas tecnoloxías situándose na vangarda do ensino galego.

Pouco a pouco iremos falando deste importantísimo proxecto. 

No ficheiro adxunto está o proxecto seleccionado. 

 

Distribuir contido