Dependencias

LOCAIS QUE FORMAN O COLEXIO

O C.E.I.P. "Nosa Señora dos Remedios" conta neste intre cun Edificio de E. Infantil no que hai sete aulas, todas elas con aseo e bañeira incluídas. Este edificio é moi recente aínda. Ademáis tamén contamos co edificio de E. Primaria, no que hai 15 aulas desta etapa. Neste vetusto edificio temos tamén a Biblioteca, o Comedor, Aula de Inglés, Aula de Música, Aula de Audiovisuais, Aula de Apoio, Aula de Audición e Linguaxe, local para o Departamento de Orientación, dous locais de acción titorial, a Sala de mestres/as e os despachos do equipo directivo.

Nun edificio aparte hai un local para Ximnasio e outro para Psicomotricidade. O patio deste Colexio é moi amplo e a súa situación privilexiada no casco urbano da cidade fan do C.E.I.P. "Nosa Señora dos Remedios" un centro educativo público cun gran futuro por diante.

A súa historia de case 40 anos dá para contar moitas anécdotas, e algunhas nalgún recuncho desta web iremos narrando.

Distribuir contido