Novas do Colexio
Benvida
Benvidos á web do C.E.I.P. "NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS" de Ponteareas.
Ensino Público de Calidade
Visitade tamén as bitácores enlazadas a esta web.
Telf.: 886 110 532
Fax: 886 110 538
Correo e-: ceip.nosasenora.remedios@edu.xunta.es
PREMIO A PITIÑOS: UN PROXECTO DO OVO Á GALIÑA, REALIZADO NO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria concedeulle un premio ao CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas, por Pitiños: un proxecto do ovo á galiña.
Este proxecto foi premiado na categoría de ciencias no IV CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS, convocado ao abeiro do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, información e aprendizaxe).
O concurso fomenta os traballos de aula que empregan a biblioteca do Centro como un espazo non só de búsqueda de información senón tamén, de realización de diversas actividades, como a de seguir pistas con robótica, empregando unha metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos (ABP).
