ALUMNADO ANOTADO AOS SERVIZOS DE COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2023/24
Publícanse no taboleiro interior de anuncios do centro as LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO ANOTADO aos servizos de comedor e transporte escolar para o próximo curso 2023/24. SOAMENTE É UNHA RESERVA.
A primeiros de setembro, publicaremos as listaxes DEFINITIVAS.
O NOVO ALUMNADO, solicitará estes servizos no prazo de matrícula, xunto cos impresos do centro (20 ao 30 de xuño).
Os formularios de reserva xa están pechados, se alguén quedou sen solicitar praza dentro do prazo, deberá facelo por teléfono na secretaría do centro (886110532).
FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO - AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (Código do centro 36007497)
Orde de 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2023/24 (código de procedemento ED330B)
Explicámosvos todo o proceso nos dous ficheiros adxuntos: a propia Orde, e un resumo que vos fixemos para unha interpretación máis doada da mesma. Adxúntanse os ANEXO I e II para traer cubertos.
Poderanse presentar as solicitudes no centro ou telemáticamente ata o martes 22 de xuño. A devolución dos libros que tendes deste curso levarase a cabo o venres 16 de xuño.
As solicitudes enviaranse polo alumnado, que as entregará á súa titora ou titor, para que estas posteriormente as entreguen en secretaría.
As solicitudes terán que vir totalmente cubertas, e con fotocopias de toda a documentación a presentar.
Podedes aclarar dúbidas no teléfono 886110532 e no mail ceip.nosasenora.remedios@edu.xunta.gal
PRAZO LÍMITE DE SOLICITUDES: MÉRCORES 21 DE XUÑO DE 2023
CONCURSO DE IDEAS CAMBIO DE DENOMINACIÓN DO CENTRO
Nun intento de seguir innovando e mellorando o centro, propoñemos facer unha renovación do nome do cole, e queremos que toda a Comunidade Educativa participe (nenos/as, pais, nais, mestres, persoal do centro, Concello...)
Gustaríanos un nome curto, orixinal, relacionado coa vila ou máis concretamente coa zona que ocupa o centro; e libre de ideoloxías, xéneros, culturas... Aínda que tamén podedes enviarnos outros nomes que vos parezan interesantes.
Agardamos as vosas propostas ata o 1 de xuño, cubrindo este formulario.
LISTAXES DEFINITIVAS ADMISIÓN CURSO 2023/24
Hoxe, 25 de abril, publícanse as listaxes definitivas de admisión do alumnado que solicitou praza para o curso 2023/24. Todo o alumnado que solicitou praza está admitido posto que non houbo que baremar. Poden consultalas no taboleiro interior do centro ou chamando ao teléfono 886110532.
Así mesmo, os solicitantes que teñan chave365, certificado electrónico ou DNI electrónico, poden consultalas no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
O prazo para a formalización da matrícula vai dende o 20 ao 30 de xuño;
Todas as familias recibirán a información e documentación por correo electrónico.
Benvidos ao noso cole
CEIP Plurilingüe Nosa Señora dos Remedios
1969-2019 50 anos formando para o futuro
Rúa Azorín, s/n. 36860. PONTEAREAS
Telf.: 886 110 532
Fax: 886 110 538
Correo: ceip.nosasenora.remedios@edu.xunta.gal
Impresos para AUTORIZACIÓNS
Nesta entrada podedes descargar os impresos para diferentes AUTORIZACIÓNS:
Períodos durante os que se poderán presentar as novas autorizacións ou modificación das existentes:
- mes de setembro
- 15 últimos días de xaneiro
- 15 últimos días de marzo
CAMIÑO DE SANTIAGO
ULTREIA!
O venres 2 de xuño, mentres no cole Infantil e 1º curso se divertían na Convivencia inspirada no Camiño de Santiago, os nenos e nenas de 2º tiveron o privilexio de poñer o broche final ao proxecto de centro deste curso cun reto moi difícil: facer o último tramo do camiño dende o Monte do Gozo ata a Praza do Obradoiro.
Foron recibirnos uns peregrinos mois especiais que coas súas cancións nos sinalaron o comezo do tramo dende onde percibíamos, cunha vista fermosísima e moi de lonxe, a Catedral.
Durante o tramo coincidíamos con peregrinos e peregrinas de todas as idades e nacionalidades cos que nos desexabamos mutuamente "bo camiño!", moitos deles saían a aplaudirnos e ata os vehículos nos pitaban! Isto nos daba pulo e ledicia nos nosos pasos. Non o esqueceremos endexamais!
Como tampouco esqueceremos o intre no que chegamos por fin á Praza do Obradoiro e alí sentados puidemos admirar a inmensidade e fermosura da Catedral de Santiago.
ULTREIA!
@vexoveoxacobeo #vexoveoxacobeo #camiñodesantiago #ultreia #bocamiño
CONVIVENCIA EDUCACIÓN INFANTIL
Tras tres anos interrompida pola pandemia, podemos dicir ben alto: VOLVEMOS A TER CONVIVENCIA DE INFANTIL!!
Este curso dedicada ao tema do proxecto de centro: o Camiño de Santiago.
Foi todo un éxito!!! Papás, mamás, nenos e nenas pasárono como pícaros. Xa tiñamos ganas de festa, xa tiñamos ganas de convivencia!
Noraboa a todos os pais e nais que puxeron o seu esforzo e traballo para sacala adiante.
Agradecementos a Policía Local, Bombeiros e Protección Civil de Ponteareas, así como a Garda Civil de Pontevedra.
Agradecemento tamén aos colaboradores: Frutas Santy, Cash Record, Panadería Areas, Carnicería Braña, Conxelados ElMar e CocaCola.
Ata o ano que vén!!
#camiñodesantiago #xacobeo2122 #vexoveoxacobeo
OBRADOIRO ALFOMBRISTA
XA ARRECENDE A CORPUS!
Chegou ese intre do ano no que todo Ponteareas se pon mans á obra, e os nosos alumnos e alumnas de 5° e 6° tamén cun obradoiro no que aprenderon a técnica coa que se fan as nosas famosas alfombras.
#corpusponteareas2023 #arteefímera #alfombrasfloraisponteareas
CONCERTOS NO RECREO
