NOVOS NÚMEROS DE TELÉFONO E DE FAX DO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

09/02/2016 21:15
Atlantic/Bermuda

O CEIP Nosa Señora dos Remedios ten novos números de teléfono e de fax. Estes son:

teléfono: 886110532

fax: 886110538

FESTIVAL DE PANXOLIÑAS

25/12/2015 21:53
Atlantic/Bermuda

O pasado xoves 17 de decembro de 2015 celebrouse un festival de panxoliñas no Auditorio Municipal Reveriano Soutullo de Ponteareas, no que actuaron todos os alumnos e alumnas do CEIP Nosa Señora dos Remedios, baixo a dirección e coordinación da mestra de Música do colexio Lucía Groba.

Puxeron remate así a unha actividade para que tiveron que prepararse durante este primeiro trimestre.

 

FANTÁSTICO CONCERTO DE NADAL DO CORO DO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

25/12/2015 21:21
Atlantic/Bermuda

O luns 21 de decembro o Coro do CEIP Nosa Señora dos Remedios ofreceu o seu concerto de Nadal no Auditorio Municipal Reveriano Soutullo de Ponteareas.

Baixo a dirección da mestra Ruth Barros e acompañados ao piano pola mestra Cecilia López, os alumnos e alumnas que forman o coro (de 1º a 6º de E. Primaria) obsequiaron a todos os asistentes cun marabilloso concerto de Nadal.

Primeiro foron os coristas de 1º e 2º os que actuaron e despois os de 3º a 6º. O auditorio fíxose pequeno para acoller ao público asistente que non deixou de aplaudir ao coro.

Distribuir contido