ALMANAQUE 2015 DO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

26/12/2014 00:54
Atlantic/Bermuda

ACTUACIÓN MUSICAL DE FAMILIARES DOS ALUMNOS/AS DO COLEXIO

23/12/2014 00:01
Atlantic/Bermuda

O xoves 18 de decembro un grupo de familiares do noso alumnado, baixo a coordinación da mestra Lucía Groba, obsequiaron a todo o alumnado do colexio cuns cantos de Nadal que tiveron grande aceptación entre o público asistente.

Foron dous pases nos que cantaron e interpretaron con instrumentos varias panxoliñas; no primeiro pase o público estivo formado polo alumnado de E. Infantil e 1º e 2º de Primaria. No segundo pase estiveron como púlico os alumnos/as de 3º a 6º de Primaria.

Agradecemos a este grupo de familiares (nais, pais, primos, avós,...) do noso alumnado a súa participación nesta actividade e a profe Lucía polo seu traballo.

O MAGOSTO NO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

09/11/2014 21:02
Atlantic/Bermuda

Este venres 7 de novembro celebramos o Magosto no noso colexio, coa participación do alumnado e profesores/as.

 

Distribuir contido