Secretaría

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/25

Instrucións para a admisión do alumnado para o curso 2024-25

O proceso de matrícula para NOVO ALUMNADO comeza coa FASE DE ADMISIÓN. Prazo: do mércores 1 ao luns 20 de marzo.

Para SOLICITAR A  ADMISIÓN, hai tres opcións:

A) Cubrir a solicitude informáticamente, asinala manualmente e presentala no centro. (enlace de descarga aquí)

B) Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica. (proceso aquí)

C) Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada no centro. (o impreso tamén se pode recoller na secretaría do centro)

Unha vez finalice o prazo de admisión, publicaranse as listas provisionais, abrirase un prazo para posibles reclamacións e acto seguido publicaranse as listas definitivas; iniciando así a segunda parte do proceso: o PROCESO MATRÍCULA.

Nos arquivos adxuntos tedes toda a información sobre os prazos, a relación de vacantes ofertadas, a zona de influencia e os servizos complementarios.

Se solicitades máis dun centro educativo, a solicitude de admisión debe ser entregada no centro que solicitades en primeiro lugar.

Importante: Están admitidas todas as solicitudes de reserva dos centros adscritos, con praza adxudicada.

  

Para calquera consulta ou dúbida, poñédevos en contacto co centro no 886110532; ou a través do mail ceip.nosasenora.remedios@edu.xunta.gal

Impresos para AUTORIZACIÓNS

Nesta entrada podedes descargar os impresos para diferentes AUTORIZACIÓNS:

Autorización recollida alumnado      Autorización sair sós    Autorización sair sós CON IRMÁNS

Períodos durante os que se poderán presentar as novas autorizacións ou modificación das existentes:

- mes de setembro

- 15 últimos días de xaneiro

- 15 últimos días de marzo

Outros impresos útiles para familias

Recollida alumnado horario lectivo

Impreso recollida alumnado durante horario lectivo  

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/25

Alumnado procedente do CRA A Picaraña: Están admitidas todas as solicitudes de reserva  do centro adscrito, con praza adxudicada.

A listaxe estará publicada no taboleiro do centro.

 

Tamén pode consultarse a través de admisionalumnado coa chave 365 ou co certificado dixital.

  

O prazo de renuncia da praza reservada remata o 28 de febreiro.

 

Nos vindeiros días colgarase toda a información sobre o proceso de admisión para o resto de alumnado.

SOLICITUDE DE COLABORACIÓN NO COMEDOR ESCOLAR

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2023-2024.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2023-2024, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Secretaría. O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2023, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2023. Durante o curso escolar 2022-2023 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas. 

 

No arquivo adxunto podedes descargar o modelo de solicitude para traer cuberto ao centro OU enviar por correo electrónico.

LISTAXES FONDOLIBROS E VALES MATERIAL ESCOLAR 2023/24

Hoxe publícanse as listaxes PROVISIONAIS, que segundo marca a convocatoria, soamente se poden expoñer no taboleiro do centro OU consultar na aplicación fondolibros co certificado electrónico ou chave365. (Centro, horario 9 a 14h)

 

PRAZO RECLAMACIÓNS: luns 3 e martes 4 de xullo na secretaría do centro.
 
PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS: 5 de xullo de 2023.
 
Os vales entregaranse os días 5, 6 e 7 de xullo.
Os libros de texto deste fondo entregaranse ás familias os días 5, 6 e 7 de setembro de 2023.
NOTAS: 
* Poden autorizar POR ESCRITO a outras persoas para vir a recoller os vales.
* Os vales non recollidos en xullo, poden ser recollidos en setembro xunto cos libros de texto.
*Teñan en conta que en 1º, 2º, 5º e 6º de E.Primaria non hai libros, polo que non sae vale para os mesmos nin adxudicación de lote algún.
Ponteareas, a 30 de xuño de 2023

ALUMNADO ANOTADO AOS SERVIZOS DE COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2023/24

Publícanse no taboleiro interior de anuncios do centro as LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO ANOTADO aos servizos de comedor e transporte escolar para o próximo curso 2023/24. SOAMENTE É UNHA RESERVA.

A primeiros de setembro, publicaremos as listaxes DEFINITIVAS.

O NOVO ALUMNADO, solicitará estes servizos no prazo de matrícula, xunto cos impresos do centro (20 ao 30 de xuño).

Os formularios de reserva xa están pechados, se alguén quedou sen solicitar praza dentro do prazo, deberá facelo por teléfono na secretaría do centro (886110532).

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO - AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (Código do centro 36007497)

Orde de 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2023/24 (código de procedemento ED330B) 

Explicámosvos todo o proceso nos dous ficheiros adxuntos: a propia Orde, e un resumo que vos fixemos para unha interpretación máis doada da mesma. Adxúntanse os ANEXO I e II para traer cubertos.

Poderanse presentar as solicitudes no centro ou telemáticamente ata o martes 22 de xuño. A devolución dos libros que tendes deste curso levarase a cabo o venres 16 de xuño.

As solicitudes enviaranse polo alumnado, que as entregará á súa titora ou titor, para que estas posteriormente as entreguen en secretaría.

As solicitudes terán que vir totalmente cubertas, e con fotocopias de toda a documentación a presentar. 

Podedes aclarar dúbidas no teléfono 886110532 e no mail ceip.nosasenora.remedios@edu.xunta.gal

 

PRAZO LÍMITE DE SOLICITUDES: MÉRCORES 21 DE XUÑO DE 2023

SOLICITUDE DE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023/24

Ábrese o prazo para solicitar o comedor escolar para o curso escolar 2023/24 dende o seguinte formulario web. O prazo para cubrir este formulario será dende o 5 ao 25 de maio. Soamente é para o alumnado actualmente matriculado no centro. O novo alumnado deberá solicitalo durante o período de matriculación, do 20 ao 30 de xuño.

 

O formulario web non envía correo de confirmación, soamente pon a mensaxe "Grazas, o seu envío foi recibido". O día 31 de maio publicarase unha resolución provisional de todo o alumnado que solicitou este servizo e, se fose necesario, abrirase un prazo (31 de maio a 9 de xuño) para volver a anotarse.

SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2023/24

Ábrese o prazo para solicitar o transporte escolar para o curso escolar 2023/24 dende o seguinte formulario web. O prazo para cubrir este formulario será dende o 5 ao 25 de maioSoamente é para o alumnado actualmente matriculado no centro. O novo alumnado deberá solicitalo durante o período de matriculación, do 20 ao 30 de xuño.

 

O formulario web non envía correo de confirmación, soamente pon a mensaxe "Grazas, o seu envío foi recibido". O día 31 de maio publicarase unha resolución provisional de todo o alumnado que solicitou este servizo e, se fose necesario, abrirase un prazo (31 de maio a 9 de xuño) para volver a anotarse.

Distribuir contido