ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/25
Alumnado procedente do CRA A Picaraña: Están admitidas todas as solicitudes de reserva do centro adscrito, con praza adxudicada.
A listaxe estará publicada no taboleiro do centro.
Tamén pode consultarse a través de admisionalumnado coa chave 365 ou co certificado dixital.
O prazo de renuncia da praza reservada remata o 28 de febreiro.
Nos vindeiros días colgarase toda a información sobre o proceso de admisión para o resto de alumnado.