Calidade

ÉXITO DA POÑENCIA SOBRE CALIDADE DO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS NA II XORNADA DE CONTRATOS-PROGRAMA

07/04/2014 21:16
Atlantic/Bermuda

O pasado venres 4 de abril José Ángel Penas e Regino Garrido, mestres do CEIP Nosa Señora dos Remedios, fixeron un relatorio sobre xestión de Calidade no transcurso das II Xonadas de Contratos-programa, organizadas pola Consellería de Educación no Pazo de Congresos de Santiago.

O relatorio rexistrou unha asistencia moi superior á esperada e tratou sobre documentos de calidade, centrándose especialmente no Caderno do mestre/a e na axenda escolar do alumnado. Por parte dos asistentes houbo mostras de moito interese sobre o traballo feito en calidade no noso Colexio.

NOVO PLAN DE MELLORA DA CALIDADE PARA O CURSO 2011-12 NO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

00/00/
Array

Seguindo na liña de cursos anteriores, para o 2011-12 vaise desenvolver no CEIP Nosa Señora dos Remedios un novo Plan de Autoavaliación e Mellora da Calidade para traballar a mellora da competencia matemática coa axuda das TICS. Trátase do sexto ano que contamos cun Plan de Mellora da Calidade seleccionado pola Consellería de Educación e nel van participar todos os mestres e mestras do Colexio.

O C.E.I.P. "NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS" NOS II ENCONTROS DE CENTROS CON PLANS DE MELLORA"

00/00/
Array

Os días 17 e 18 de outubro celebráronse en Sanxenxo os "II Encontros de Centros con Plans de Autoavaliación e Mellora da Calidade". Alí estiveron representantes dos 43 centros de ensino non universitario galegos dos que foron seleccionados os seus proxectos e entre eles o noso Colexio.

O C.E.I.P. "Nosa Señora dos Remedios" é un dos centros xa experimentados neste apartado, pois este vai ser o terceiro curso no que contemos cun Plan de Mellora da Calidade. O tema elixido é a atención á diversidade e constitúe unha nova acción de innovación educativa que se leva a cabo no noso colexio.

Distribuir contido