Convivencia e Igualdade. Imaxe

8M - DÍA DA MULLER

HOXE CONMEMORAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 

el Diluvi con SÉS - E ti, só ti

8M -AS MULLERES DO NOSO COLE

Aquí temos as mulleres do noso cole, con bonitas mensaxes de admiración co gallo do 8M.

DÍA DA PAZ

"...Dende o noso colexio queremos achegar ao mundo unha mensaxe de que sabemos manter, protexer e esixir a paz entre nós. Agardamos que o mundo no que imos vivir estea formado por xente que quere e coide a paz. No noso colexio todos os días son o DÍA DA PAZ..."
Este é un cachiño do manifesto a favor da paz e en contra da violencia que leron 3 alumn@s de 3º de Ed. Primaria.
Moitas grazas a Anxo, Lethi e Daniela que deron voz ao sentir de toda a nosa comunidade.
 
E aquí podedes ver como quixemos que se vexa o noso berro pola PAZ e que chegue o máis lonxe e alto posible.
 
 
Logo bailamos tod@s xunt@s "Amigos para siempre" canción dos Xogos Olímpicos de Barcelona`92, un himno a amizade entre todos os continentes do mundo representados cos aros olímpicos e que enlaza co tema central deste curso.
Esta actividade estivo organizada polos equipos de Convivencia e Imaxe e Biblioteca.

25N: "TI ES UNHA PEZA IMPORTANTE"

Onte tivemos o acto contra a Violencia de Xénero despois de tratar o tema nas aulas durante a semana pasada.

Lourdes, a xefa de estudos, foi a encargada de presentar o acto no que dedicou unhas palabras sobre a violencia exercida contra as mulleres, non só física senón tamén psicolóxica.
Despois alumn@s de 6º de Ed. Primaria leron un manifesto sobre esta data, e por último tod@s xunt@s gardamos uns minutos de silencio en lembranza ás vítimas, mentres a mestra Amanda nos acompañaba co seu violonchelo. 
Esta actividade estivo organizada polos equipos de Convivencia e Imaxe e Actividades Complementarias e Extraescolares.

DÍA DA INFANCIA

Así celebramos o Día da Infancia e reinvindicamos que tod@s @s nen@s teñen dereito a medrar nunha familia con cariño e protección.

Grazas ás familias pola vosa colaboración.
Esta actividade estivo organizada polo equipo de Convivencia e Imaxe.

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Así celebramos o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Os nenos e nenas de 3ºA e máis o seu mestre Borja gravaron un vídeo sobre o "bullying", ou acoso escolar, que estivemos a ver e comentar nas clases estes días co gallo do día escolar da non violencia e a paz.
Un aplauso para elas e eles porque fixeron un bo traballo! 
Hoxe temos o acto onde alumnos e alumnas de 6º, dirixidos polas súas titoras Olga e Elena, lerán un manifesto e presentarán as actividades que cada aula do cole estivo a preparar para aprender e concienciar sobre o tema.
Tamén o equipo de Plástica Plurilingüe se encargou de crear coas nenas e nenos de Ed. Primaria a pancarta que lucirá no acto de hoxe. A que quedou ben bonita?
Esta actividade estivo organizada polo Equipo de Convivencia e Imaxe.
 

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA 2022

Festexamos o venres 28 este día tan especial elaborando un colgante que decoramos e no que escribimos frases a prol da Paz e dos Hábitos Saudables que será o tema central das actividades deste curso. Tamén bailamos e cantamos coa voz e co LSE a canción "De festa" todos á vez, nenos e nenas, mestres e mestras, antes de ir ao recreo. No recreo puxemos música variada sobre a Paz. Aínda que as actividades comúns tiveron que ser anuladas por precaución debido á situación Covid, traballamos durante a semana cos titores na aula este tema de varias maneiras!!!

Porque non queremos guerras nin violencia!
E como di a canción: "berramos coma toliños" que QUEREMOS A PAZ!
Esta actividade estivo organizada polo equipo de Convivencia e Imaxe.

DÍA DA PAZ

O pasado día 30 de xaneiro foi o Día da Paz. No cole celebramos durante toda a semana xogos cooperativos cos diferentes cursos dende o luns ata o xoves; e o venres, como acto final, celebramos o Día da Paz como se merece. Así foi como o festexamos!

 

Distribuir contido