1º ciclo E.P.

GAÑADORES CONCURSO OS BOLECHAS

Estamos moi felices de contarvos que gañamos un premio no concurso dos Bolechas do Día das Letras Galegas!

PROXECTO CIENCIAS SOCIAIS E CIENCIAS DA NATUREZA

Queredes ver como resultou o proxecto de Ciencias Sociais e Ciencias da Natureza do 2º trimestre?

 

Podemos dicirvos que estamos moi contentos/as porque aos nenos/as lles encantou e ademais de aprenderen moitísimo o pasaron fenomenal!

Comezamos á volta das vacacións de Nadal apadriñando un pingüín na Antártida, un xesto simbólico pero que lles fixo entender que todos os seres vivos de calquera punto do noso planeta dependen do bo comportamento de todos e cada un de nós. Por iso investigamos sobre o 3 Rs: Reciclar, reducir e reutilizar.
Logo pasamos a investigar sobre o Big-bang e a orixe do universo, o sistema solar e as constelacións. Esta parte quedou moi ben reforzada coa visita do planetario ao noso centro.
Centrámonos despois no noso planeta e aprendemos sobre as súas partes: atmosfera, hidrosfera e xeosfera.
Achegámonos á investigación científica con experimentos sobre a auga, o aire, materiais como o azucre...e aprendemos sobre aparatos e instrumentos como o reloxo de sol, a rosa dos ventos, a estación metereolóxica, a solarigrafía e a cámara estenopeica.
Como podedes ver foi unha vez máis unha aprendizaxe globalizada xa que as linguas estiveron presentes traballando as biografías de astronautas, inventando planetas e as súas características, lendo sobre as historias das constelacións, escribindo definicións cun pasapalabra...
expresión oral tamén a traballamos elaborando vídeos onde os alumno/as explicaban os movementos da Terra, as fases da Lúa...
En matemáticas calculamos o noso peso nos diferentes planetas, medidas de capacidade, volume, masa...
En informática tivemos que investigar e redactar.
En música aprendemos moitas cancións e coa plástica puidemos construír todo o que vedes nas imaxes.
Aprendemos moito uns dos outros e pasámolo xenial xogando coas actividades expostas nos corredores de cada nivel.
Que nos traerá o 3º trimestre...?
Seremos EXPLORADORES DE VIDA!

ALBERTO RODRÍGUEZ BOENTE, DE 2º B GAÑADOR DO 1º CICLO NO CONCURSO DE RECEITAS DO CEIP FRAGA DO REI

O gañador de 1º ciclo do XIII Certame Literario CEIP Santiago de Oliveira foi Alberto Rodríguez Boente de 2ºB. Este ano o xénero literario elixido foi a receita non convencional. O título da receita gañadora foi: " Receita para namorar".

 

Queremos felicitar a este alumno polo seu premio.

 

ENTREGA DO 1º PREMIO DO CONCURSO "SOMOS DIFERENTES, SOMOS IGUAIS"

Este venres 29 de febreiro faise entrega no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas dos premios do concurso "Somos diferentes, somos iguais" que organizou o Servizo de Información ao Inmigrante e ao Emigrante do Concello.

A clase de 1º A de E. Primaria acadou o primeiro premio neste concurso cun debuxo feito por todo o alumnado, baixo a coordinación da súa mestra titora.

 

Unha vez máis, ¡¡¡¡¡¡FELICITACIÓNS!!!!

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º A PRIMEIRO PREMIO NUN CONCURSO

O alumnado de 1º A, coordinado pola súa titora Mª Victoria, acadou o Primeiro Premio no Concurso de debuxo "Somos diferentes, somos iguais", convocado polo Servizo de Información ao Emigrante e Inmigrante do Concello de Ponteareas.

O traballo presentado é todo un exemplo do tratamento que recibe a atención á diversidade no C.E.I.P. "Nosa Señora dos Remedios".

Felicitamos aos premiados/as.

Distribuir contido