ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/25

Instrucións para a admisión do alumnado para o curso 2024-25

O proceso de matrícula para NOVO ALUMNADO comeza coa FASE DE ADMISIÓN. Prazo: do mércores 1 ao luns 20 de marzo.

Para SOLICITAR A  ADMISIÓN, hai tres opcións:

A) Cubrir a solicitude informáticamente, asinala manualmente e presentala no centro. (enlace de descarga aquí)

B) Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica. (proceso aquí)

C) Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada no centro. (o impreso tamén se pode recoller na secretaría do centro)

Unha vez finalice o prazo de admisión, publicaranse as listas provisionais, abrirase un prazo para posibles reclamacións e acto seguido publicaranse as listas definitivas; iniciando así a segunda parte do proceso: o PROCESO MATRÍCULA.

Nos arquivos adxuntos tedes toda a información sobre os prazos, a relación de vacantes ofertadas, a zona de influencia e os servizos complementarios.

Se solicitades máis dun centro educativo, a solicitude de admisión debe ser entregada no centro que solicitades en primeiro lugar.

Importante: Están admitidas todas as solicitudes de reserva dos centros adscritos, con praza adxudicada.

  

Para calquera consulta ou dúbida, poñédevos en contacto co centro no 886110532; ou a través do mail ceip.nosasenora.remedios@edu.xunta.gal

AdxuntoTamaño
Calendario do proceso de admisión.pdf161.15 KB
Vacantes 2024-25 CEIP Plurilingüe Nosa Sra Dos Remedios_v2.pdf357.72 KB
Plano zona do colexio.jpg35.13 KB
Centros adscritos e áreas de influencia.pdf140.82 KB
normativa de referencia.pdf106.2 KB
Información a consultar polas familias.pdf131.71 KB
Nota informativa segundo Orde 21 de outubro 2022.pdf146.55 KB
Servizos complementarios.pdf136.48 KB