Articles

Senticolor, un proxecto para introducir as tablets nas aulas

24/02/2014 20:00
Etc/GMT+1

¿Gustaríache…

debuxar

escribir frases

crear palabras

ler códigos QR

que os tus libros falen

conseguir que os teus debuxos cobren vida

… con só mover un dedo?

 

Así é como están aprendendo os nenos e nenas do noso colexio, grazas a que contamos con 14 tablets para poñer en práctica o proxecto Senticolor.

Este  proxecto estámolo levando a cabo un grupo de mestres e mestras co que pretendemos conseguir dous obxectivos básicos:

·              

Coñecer, experimentar e analizar as posibilidades dos dispositivos móbiles como instrumentos de creación de contidos, de comunicación e de colaboración entre o alumando e profesorado.

·              

Empregar as App e os dispositivos móbiles como ferramenta para a aprendizaxe da lectoescritura.

 

Todo isto, provocando un cambio metodolóxico na aula, introducindo as tics como unha ferramenta máis de traballo, favorecendo a aprendizaxe colaborativa…  sen esquecer o fomento da creatividade, da curiosidade e da posibilidade de aprender creando do noso alumnado. 

 

 

 

No blog http://senticolor.blogspot.com.es/ podedes seguir o traballo que estamos a realizar e descargar as App que clasificamos.

 

Estes son algún exemplos das actividades que xa realizamos.

                                   

 

 

ACTIVIDADE DE SOGAMA SOBRE A RECICLAXE

26/01/2014 20:31
Etc/GMT+1

O xoves 23 de xaneiro dous equipos de SOGAMA estiveron no noso colexio para facer unhas charlas sobre Ecoloxía e Reciclaxe. A estas charlas de case unha hora de duración asistiron os alumnos e alumnas dende 3º a 6º de E. Primaria. As charlas fixéronse para cada grupo nas súas aulas.

Esta actividade éunha mostra máis do interese do noso colexio pola ecoloxía en xeral e a reciclaxe en particular onde practicamos e separación de residuos continuadamente.

CHARLAS DA UNIDADE DA POLICÍA AUTONÓMICA DE VIGO SOBRE PREVENCIÓN DE INCENDIOS E ACOSO INFANTIL

09/01/2014 20:43
Etc/GMT+1

Os pasados 17 e 18 de decembro de 2013, compoñentes da Unidade da Policía Autonómica de Vigo impartiron unhas charlas para o alumnado do segundo e terceiro ciclos de E. Primaria sobre dous temas de moito interese. O 17 de decembro as charlas trataron o tema da Investigación e prevención dos incendios forestais. O 18 de decembro as charlas trataron sobre o tema do acoso escolar e infantil, incluído o ciberacoso, tema de moita actualidade.

O obxectivo destas charlas é conseguir que o noso alumnado se conciencie dos mesmos e entra de cheo na programación do Colexio.

O noso agradecemento aos poñentes.

O NADAL NO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

19/12/2013 21:40
Etc/GMT+1

Dende aquí podes ver imaxes da decoración de Nadal no noso colexio.


EXPERIENCIA CON LIBROS ELECTRÓNICOS NO CLUB DE LECTURA OS COMELIBROS

12/12/2013 23:39
Etc/GMT+1

Neste curso 2013/14 no Club de lectura Os comelibros no que participa alumnado de 6º de E. Primaria do CEIP Nosa Señora dos Remedios, baixo a coordinación do Equipo de Biblioteca do Colexio, estamos a iniciar a experiencia con lectores de libros electrónicos por parte do noso alumnado.

Estamos seguros de que vai ser unha experiencia moi agradable para eles/as.

Esta é unha nova aposta polas TICs no noso centro.

TODA A INFORMACIÓN DA BIBLIOTECA ESTÁ EN VIAXA CON POPI

21/10/2013 17:28
Etc/GMT+1

Para informarte sobre as actividades da Biblioteca do CEIP Nosa Señora dos Remedios pincha aqui

NOVOS VIDEOS EN REMEDIOSTV

09/10/2013 19:53
Etc/GMT+1

Acabamos de subir a Remediostv, a nosa canle de youtube, varios videos con coplas do Entroido 2013. Dende esta web hai un acceso a Remediostv.